Dos concellos integrados na Mancomunidade Serra do Barbanza, que xestiona a planta de Servia (Lousame) na que se trata o lixo de numerosos concellos da nosa zona, Carnota vai ser un nos que, xa de xeito oficial, vai intervir a Xunta de Galiza para garantir os pagamentos á entidade. O anuncio chegou hoxe mesmo de man do seu presidente, Santiago Freire, que anunciou que as inxentes cantidades adebedadas por varios concellos -entre os que cita a Carnota en lugar destacado- o obrigaron a pedir a mediación do goberno galego, pois de seguir nesta dinámica «a mancomunidade acabará asfixiada» e mesmo estaría en perigo a súa viabilidade. Esta drástica medida, que se aplicará desde este mesmo momento, implicará que cada trimestre a Xunta reterá directamente do erario do concello de Carnota determinadas contías, para ir asi facendo fronte á débeda acumulada, que se situaba a mediados de xaneiro en arredor de medio millón de euros . O BNG de Carnota quere amosar a súa total preocupación pola iner...