Non hai dúbida algunha de que nestes momentos estamos a atravesar unha crise económica a nivel internacional, nacional e por suposto que ten que ter os seus efectos a nivel local. Os efectos da crise son múltiples, pero onde principalmente se deixa sentir é a nivel de emprego. En Carnota ten unha incidencia especial o efecto que a caída da construcción ten tanto a nivel local como nacional, e polo tanto é un factor que fai que Carnota fora especialmente afectada e vulnerable pola presente crise económica, ao igual que todos os concellos da Galiza costeira. Sen embargo, hai un factor fundamental que tamén está a afectar a nivel local no afondamento da crise en Carnota: A ineficacia da administración pública local, e é neste apartado onde nos imos centrar para clarificar as responsabilidades que neste senso ten o actual goberno municipal do PP en Carnota. En primeiro lugar o goberno do PP de Carnota impediu que se executara a Galescola de Carnota , que xa estaba contratada. Por un lado i...