Saltar ao contido principal

Publicacións

A crise económica acentúase en Carnota por mor da ineficacia do seu goberno

Non hai dúbida algunha de que nestes momentos estamos a atravesar unha crise económica a nivel internacional, nacional e por suposto que ten que ter os seus efectos a nivel local. Os efectos da crise son múltiples, pero onde principalmente se deixa sentir é a nivel de emprego. En Carnota ten unha incidencia especial o efecto que a caída da construcción ten tanto a nivel local como nacional, e polo tanto é un factor que fai que Carnota fora especialmente afectada e vulnerable pola presente crise económica, ao igual que todos os concellos da Galiza costeira. Sen embargo, hai un factor fundamental que tamén está a afectar a nivel local no afondamento da crise en Carnota: A ineficacia da administración pública local, e é neste apartado onde nos imos centrar para clarificar as responsabilidades que neste senso ten o actual goberno municipal do PP en Carnota. En primeiro lugar o goberno do PP de Carnota impediu que se executara a Galescola de Carnota , que xa estaba contratada. Por un lado i...

9 de cada 10 pais están satisfeitos coas Galescolas

Un estudo realizado por Vicepresidencia e baseado en enquisas telefónicas a máis de 700 pais de nenas e nenos usuarios das Galescolas desvelou que o 90% se amosa satisfeito con esta iniciativa desenvolvida polo BNG e que xa conta con 210 centros en toda Galiza (92 deles construídos só nesta lexislatura), prestando cobertura actualmente a arredor dun millón de cidadáns da nosa nación, como concluíu outro estudo publicado recentemente. Os aspectos máis valorados polos familiares son os equipamentos, atencións e servizos prestados por estes centros, e a súa calidade en xeral. De feito, instalacións, confort e material son os factores que xeran un maior grao de satisfacción, e moi especialmente o lugar onde se ubican estes centros , que o 95,1% dos entrevistados cualifica de bo ou moi bo . Unha porcentaxe que supera o 90% avaliou tamén o bo funcionamento referido a información e matrícula, período de adaptación, funcionamento diario, resolución de problemas, atención personalizada e c...

Quin.TV, o primeiro videoblog dun candidato galego

Anxo Quintana vén de estrear o seu videoblog , un espazo no que comparte audiovisualmente momentos tanto da súa actividade institucional e política como da súa vida personal. Esta iniciativa é a primeira a nivel nacional e das primeiras no estado español (xunto co de Artur Mas de CIU). Máis que tratarse dunha web política ao uso, a iniciativa dá verdadeira relevancia ás opinións e críticas dos usuarios, seguindo os criterios de participación social que están a transformar a rede de redes a nivel mundial. De feito os visitantes xa poden comentar, compartir e descargar en alta calidade cada un dos clips e axiña enviar as súas propias reflexións en video.

O carballo añón do Monte Pindo xa é especie protexida

O carballo añón ( Quercus Lusitanica , tamén coñecido como carballo anano ) conta cunha única poboación en Galiza radicada en apenas un quilómetro cadrado de Monte Pindo, dentro do triángulo que forman o Chan das Lamas, a Braña dos Aguillóns e o lugariño de San Cibrán. E agora vén de ser declarada especie protexida polo Observatorio da Biodiversidade, grazas aos esforzos da asociación ecoloxista ADEGA , que propuxo a catalogación desta especie en perigo e realizou tamén o seu inventariado. O Observatorio, presidido polo director xeral de Conservación da Natureza e integrado por expertos, universidades galegas, asociacións ecoloxistas e técnicos da Consellería, acordou por unanimidade a incorporación do carballo añón do Monte Pindo ao catálogo, para o que se tivo moi conta a súa singularidade. Acadado este importantísimo primeiro paso de cara á súa protección, agora ADEGA solicitará a declaración da área de distribución desta especie e do propio Monte Pindo como Monumento Natural, Pais...

Primeiro cabodano do falecemento da Galescola de Carnota

Onte mesmo a Vicepresidencia da Igualdade e o Benestar (xestionada polo BNG) publicou un informe da situación dos nenos de 0-3 anos. Ata o 2005, logo de 16 anos de PP na Xunta, só un de cada dez nenos tiñan acceso a unha praza nunha gardería pública. Hoxe, só 3 anos despois, un de cada tres nenos galegos teñen acceso a esa praza. As prazas públicas pasaron de 6.595 a 10.909, nada menos que un 65,4% de incremento. En toda Galiza creáronse, nos mesmos anos, un total de 92 novas escolas infantís públicas, pasando de 118 en 2005 ás 210 existentes hoxe en día. De feito, a Rede Galega de Escolas Infantís deseñada polo BNG xa ten presencia en 35 comarcas, o que supón unha cobertura próxima ao millón de habitantes. Só no noso entorno Zas , Ponteceso e Boiro xa teñen a súa. E a previsión para o ano 2012 fálanos xa de 12.497 prazas. O PP non podía permitir que unha formación política sen ningunha experiencia de goberno na Xunta deixara en evidencia as súas miserias de 16 longos anos. Por is...

O PP asegura que a residencia de maiores de Carnota «non é prioritaria»

O goberno municipal de Carnota asegurou nun artigo publicado hoxe mesmo na prensa que a residencia de maiores prevista para Carnota polo anterior goberno municipal «non está entre as súas prioridades». No artigo recoñécese que a proposta chegara de man do candidato nacionalista no contexto das pasadas eleccións municipais, e coa que o propio vicepresidente da Xunta Anxo Quintana amosara o seu firme compromiso, mais que tras os comicios e co cambio de goberno municipal o proceso quedou «estancado» pois o actual executivo decidiu que non entraba nos seus plans (que logo de 17 meses aínda estamos por saber cales son). Aínda nos choca escoitar iso poucos meses despois de que o goberno municipal botara abaixo a Galescola contratada e puxera en tea de xuizo o Centro de Día xa en funcionamento co pretexto de que pretendía promover un «centro interxeneracional» (do que nunca máis soubemos) no que se agruparan os servizos sociais de Carnota, e nomeadamente gardería infantil, centro de dí...

Carnota queda sen polígono empresarial... o PP "resta e segue"

A estas alturas xa nada nos sorprende. Todo é parte do mesmo. Somentes é cuestión de ter un pouco de memoria. No comenzo da nova lexislatura os médicos de Carnota deixaron de ser substituídos durante as súas vacacións . A excusa do PP é que non teñen competencias . En consecuencia, a pasividade do novo goberno municipal significou o peche durante semanas dos centros médicos de Lira e o Pindo e o saturamento do único servizo que quedou en funcionamento, o de Carnota. Co goberno anterior nunca se producira esta situación... casualidade . Pouco despois suprímense uns servizos pioneiros na comarca e que eran un privilexio para un concello das dimensións de Carnota: a Escola de Idiomas, as escolas deportivas e a Escola de Informática, polas que pasaron moitos centos de veciños de todas as idades. A excusa, que non eran escolas senón cursillos . A consecuencia, a perda duns servizos públicos de calidade , gratuitos para o veciño e case gratuitos para o Concello... casualidade . Logo o gob...