Recentemente 8 alcaldes do PP (Antas do Ulla, Lousame, Vilamartín de Valdeorras, As Neves, Muíños, O Pino, O Rosal e Riós) participaran nunha rolda de prensa en que a cúpula do seu partido acusaba ao Consorcio de Servizos de Igualdade e Benestar de "chantaxe" e á Vicepresidencia, con Anxo Quintana á fronte, de "mafia siciliana". Poucos días despois, o propio Quintana remitiulles cadansúa misiva lamentando que se sentiran coaccionados á hora de asinar o convenio co Consorcio, dando por cancelado dito acordo e garantíndolles que os seus concellos voltarían de inmediato aos niveis actualizados de investimento en servizos sociais e educación infantil que os seus concellos percibían no ano 2005, co último goberno do Partido Popular. Pois ben, ao longo das semanas seguintes o vicepresidente foi recibindo sucesivas cartas de ata 5 deses alcaldes, que no desexo de continuar co convenio se foron desmarcando das graves acusacións formuladas polo seu propio partido, chegando ...