Saltar ao contido principal

Publicacións

O galego é un dereito básico!

Somos galegos e o noso idioma propio e orixinal é o galego. Igual que calquera pobo do mundo, nós tamén temos o dereito inalienábel a que a nosa lingua sexa de uso normal en Galiza. Por razóns históricas, e mediante diferentes mecanismos de imposición, o castelán é un idioma introducido desde hai séculos na sociedade galega, mais non debemos esquecer que o galego é o idioma natural de Galiza e que non estaría nun proceso de retroceso e de perda de falantes se non fose pola situación de anormalidade, dependencia e subordinación a respecto do castelán que é o idioma do poder dominante. Por iso, non só é lexítimo, senón tamén necesario, que o pobo galego aspire a que a súa lingua volva a unha situación normal para ser usada por todos os galegos e galegas sen dificultades nin discriminacións, igual que calquera idioma normal do resto do mundo. Hoxe a situación dista moito diso. É xustamente o idioma propio e natural de Galiza, o galego, o que atopa serios atrancos para o seu uso en diferen...

O que están facendo co noso concello

Oreiro renuncia á súa dedicación exclusiva

Tan só un día antes de que anunciara na prensa que renunciaba á dedicación exclusiva como alcalde, houbo un Pleno Ordinario no que José Oreiro non tivo sequera a deferencia de comunicarlle aos membros da Corporación a súa decisión; e iso que parece ser que xa levaba varios días incorporado ao seu posto de traballo na docencia; aínda así, elixiu un medio de comunicación para facelo público. Fainos pensar que o titular lle interesa bastante máis que facer as cousas ben , ou cando menos que facelas nas cauces que democraticamente marcou a veciñanza. Ademais, xa sabemos que as formas nunca foron o seu forte, non o ían ser tampouco agora. En primeiro lugar queremos resaltar a falta de previsión en cuestións fundamentais: No Pleno do 4 de abril o goberno municipal inclúe nos Orzamentos para o ano 2008 a dedicación exclusiva do alcalde. 3 semanas despois, renuncia á dedicación exclusiva, aducindo que «tivo que renunciar pola situación económica do concello». Temos que entender que o día 4 ...

Axuda a domicilio: Menos servizo, máis custe para o veciño

No Pleno Ordinario do 25 de abril o PP presenta unha Ordenanza para a regulación da Axuda a Domicilio, consistente na implantación dunha nova taxa que as persoas atendidas deberán aboar en función da súa renda, e na necesidade de presentar todo un rosario de formularios e certificados que xustifiquen a intervención dos Servizos Sociais do Municipio. O argumento para promover esta Ordenanza é que «se pretende convertelo nun servizo mais xusto», pois segundo eles algúns usuarios do servizo teñen recursos máis que sobrados, e outros veciños non teñen acceso ao mesmo servizo aínda tendo rendas inferiores. E o argumento parece lóxico, de non ser que para que os veciños foran beneficiarios deste servizo requerían dun informe dos servizos sociais municipais que o aconsellase. Esta atención domiciliaria non se outorgaba «ao chou», como o goberno municipal quixo dar a entender, senón que para iso se valoraban os informes da Asistencia Social, ordeando atender sempre os casos de desatención má...

O goberno de Carnota pide outro crédito

O concello de Carnota acaba de aprobar no Pleno Ordinario do 25 de abril un crédito a menos dun ano por 168.000 euros. Xa a principio de lexislatura solicitara outro de 130.000 euros. Nos presupostos figurou outro crédito de 100.000 euros. Ademais, cando entraron a gobernar atoparon na caixa 170.000 euros... evidentemente son falsas as afirmacións que o sr. alcalde facía dicindo que o concello de Carnota estaba arruinado. Nin moito menos. Os feitos así o din e o Consello de Contas así o fixo constar no seu informe do ano 2006. Esta operación crediticia de 168.000 euros non sería tan grave se ao vencemento do mesmo se fora a resarcir, e así llo fixo saber o BNG. O realmente grave é que debido á alegría con que están a realizar determinadas contratacións, e á inconsciencia que se veu culminada cos soldos dos alcaldes, teñen un gasto excesivo, e os ingresos (subvencións) víronse reducidos pola propia renuncia expresa ou simplemente porque non se solicitaron. En calquera caso desde o Gru...

Convocatoria de pleno ordinario

Hoxe, día 25 de abril, terá lugar un pleno ordinario da corporación municipal de Carnota, no Salón de Plenos da Casa do Concello ás 20:30 horas. A Orde do día é a seguinte: Aprobación da acta da sesión ordinaria do 4 de abril de 2008. Dar conta das Resolucións de Alcaldía. Aprobación inicial da Ordenanza municipal reguladora do Servizo de axuda no fogar. Aprobación de “Plan de igualdade de oportunidades municipal”. Ratificación da Resolución de Alcaldía do 21 de abril de 2008, sobre solicitude de prórroga á prestación de servizos sociais á Vicepresidencia de Igualdade e do Benestar. Adhesión ao Pacto territorial de emprego da Costa da Morte. Adxudicación dunha operación de tesourería. Rogos e preguntas. Coma sempre, desde o BNG de Carnota chamamos a toda a veciñanza a participar na vida política do seu municipio mediante a asistencia a estes plenos, que son a máxima expresión da democracia participativa e da representatividade política que os veciños de Carnota decidiron nas pasadas e...