Saltar ao contido principal

O goberno de Carnota pide outro crédito

O concello de Carnota acaba de aprobar no Pleno Ordinario do 25 de abril un crédito a menos dun ano por 168.000 euros. Xa a principio de lexislatura solicitara outro de 130.000 euros. Nos presupostos figurou outro crédito de 100.000 euros. Ademais, cando entraron a gobernar atoparon na caixa 170.000 euros... evidentemente son falsas as afirmacións que o sr. alcalde facía dicindo que o concello de Carnota estaba arruinado. Nin moito menos. Os feitos así o din e o Consello de Contas así o fixo constar no seu informe do ano 2006.

Esta operación crediticia de 168.000 euros non sería tan grave se ao vencemento do mesmo se fora a resarcir, e así llo fixo saber o BNG. O realmente grave é que debido á alegría con que están a realizar determinadas contratacións, e á inconsciencia que se veu culminada cos soldos dos alcaldes, teñen un gasto excesivo, e os ingresos (subvencións) víronse reducidos pola propia renuncia expresa ou simplemente porque non se solicitaron. En calquera caso desde o Grupo Municipal do BNG díxolle ao alcalde que de seguir así ían baleirar as arcas municipais de contado e o seguinte será comezar a andar de fiado. Moito nos tememos que antes dos dous anos co PP no goberno o Concello vai estar nunha situación similar á de hai oito anos. Por iso non fan máis que sacar ordenanzas cun claro ánimo recadatorio: que pague a veciñanza. Non aprenden dunha para outra, e outra...

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Toma a palabra!

Esta páxina está pechada por cuestións técnicas e alleas á vontade do BNG, e consérvase para a súa consulta. O BNG de Carnota habilita este espazo para que poidas expresarnos libremente as túas queixas, dúbidas, suxerencias... Para facilitar a resolución da cuestión que nos plantexes será de moita utilidade que a redacción sexa clara e concisa. Se a túa mensaxe se dirixe a algún membro do noso grupo municipal síntete libre de plantexalo dese xeito no teu texto e faráselle chegar coa maior brevidade posíbel. Tamén dispós da opción de escribirnos un correo electrónico a carnota(arroba)bng-galiza.org. Agradeceríamos o ton constructivo das mensaxes, e que os debates, de estabelecérense, se desenvolvan co debido respecto mutuo a todas as posicións. Por outra parte lembrar que, como vén sendo habitual no espazo para comentar os artigos desta páxina, eliminaremos os comentarios inxuriosos dedicados a atacar a vida personal das persoas que participan na vida política de Carnota. Desex...

Acordo da Asemblea local do BNG de Carnota de 28/05/11

Dando cumprimento ao acordado polo conxunto da Asemblea Local do BNG de Carnota o pasado sábado 28 de maio, difundimos para o coñecemento de toda a veciñanza o documento que recolle a postura do BNG de Carnota a respecto do actual panorama político post-electoral no noso concello, despois de telo posto en coñecemento dos responsábeis do PSOE no día de onte. ACORDO DA ASEMBLEA LOCAL DO BNG DE CARNOTA Reunido o conxunto da militancia do BNG de Carnota en Asemblea Local, organismo convocado en tempo e forma e plenamente lexitimado para adoptar o seguinte acordo, pola unanimidade dos asistentes acordamos: Nas Eleccións Municipais do 22 de maio de 2011 o pobo de Carnota decantouse clara e maioritariamente por un cambio de goberno no Concello de Carnota. Os candidatos á alcaldía do BNG e do PSOE manifestaron en público e en privado o compromiso de, no caso de non se producir unha maioría absoluta, outorgar o seu voto na sesión de investidura aos candidatos da lista que, entre elas, obti...

O novo alcalde de Carnota cobrará a metade que o anterior; en conxunto, os soldos políticos descenden un 82%

Evolución dos salarios de carácter político en Carnota entre os anos 2007 e 2011 Só unha semana despois de acceder ao goberno municipal de Carnota o BNG puido cumprir cunha das propostas clave  do seu programa e tamén dar cumprimento a unha das súas principais reivindicacións durante catro anos liderando a oposición carnotá: a redución drástica dos gastos de carácter político, que co PP só no 2010 ascenderon a case 190.000 euros  incluíndo retribucións, dietas e seguridade social de dous concelleiros con dedicación exclusiva e unha liberada política. Xa na presentación da candidatura asi como no seu programa electoral o BNG de Carnota anunciou que, no caso de obter o suficiente respaldo veciñal o 22 de maio, outorgaría unha única dedicación exclusiva, a do alcalde, nunca superior aos 2.000 euros brutos . Dito e feito: No pleno desta fin de semana, no que se trataron as dedicacións e o reparto das áreas de traballo, a corporación municipal aprobou (coa abstención do PP)...