O pasado venres, a partir das 20:00h, tivo lugar no Salón de Actos do Concello de Carnota o segundo pleno desta lexislatura. Para sorpresa dos membros do BNG na corporación municipal e de moitos dos asistentes, ningún dos puntos da orde do día tratou a controvertida cuestión das gardas médicas, que mesmo fora motivo do primeiro bando municipal do novo goberno popular, e que dera lugar ao apoio do grupo do PP á concentración organizada por varios veciños ás portas do Centro Médico de Carnota, tan só un día antes do pleno. Porén, o pleno centrouse en cuestións orgánicas (como a aprobación das taxas do Saneamento) que non supoñían a priori demasiadas tensións entre o goberno e unha oposición sosegada que mesmo apoiou algúns puntos como a axuda pola natalidade. Sen embargo, isto non impediu que volvera a producirse a lamentábel actitude autoritaria do novo alcalde José Oreiro da que xa tivéramos varias mostras tanto no primeiro pleno como na toma de posesión, á que nese momento non déramos...