Saltar ao contido principal

Publicacións

45 veciños desempregados traballarán e formaranse profesionalmente nun obradoiro de emprego

O goberno nacionalista en funcións do concello de Carnota acaba de aprobar o proxecto de obradoiro de emprego municipal que suporá a contratación de case medio cento veciños desempregados e arredor de media ducia de persoas máis para actividades formativas. Precisamente, o programa non só procura contratar durante un ano a 45 persoas en situación de desemprego nunhas condicións dignas -sobre mil euros de salario con todas as garantías sociais e laborais-, senón o que é máis importante, aproveitar ese tempo para formalas en competencias con alta demanda laboral na nosa zona, como poden ser os profesionais da xardinería, canteiría, carpintería... e mesmo en novas profesións puxantes con saída laboral garantida no futuro como instaladores de enerxía solar fotovoltaica e térmica. Por outra parte, non podemos omitir a enorme incidencia que esta iniciativa vai ter para a mellora da calidade de vida de toda a veciñanza de Carnota, pois a actividade deste obradoiro de emprego desempregarase en...

A praia de Mar de Lira obtén a bandeira azul

Por primeira vez na historia, a praia de Mar de Lira obtén o prestixioso distintivo que a sitúa entre as praias máis recomendábeis de Europa . Á parte de supoñer un pulo ao desenvolvemento turístico do noso concello, a bandeira azul vén a recompensar os esforzos do goberno municipal saínte para facer da nosa costa un espazo apto para todos os cidadáns, dotando ás principais praias de rampas de acceso para minusválidos, zonas apartadas do tránsito rodado e de acceso exclusivo aos usuarios das praias, aparcadoiros retirábeis logo da época estival, espazos de lecer e práctica deportiva para cativos e maiores, numerosos roteiros de sendeirismo complementando o propio atractivo das praias, zonas arboradas, asadores e merendoiros, e por suposto servizos básicos como fontes e duchas en todas elas. De feito, precisamente o distintivo bandeira azul fai balanzo tanto dos valores naturais (salubridade do areeiro, calidade das augas, enclave paisaxístico e natural...) coma a gama de servizos públi...

Teatro Oreiro: 1º acto

Poucas horas logo de saberse os resultados das eleicións xa estaba en boca de todos os veciños o rumor de que Oreiro non chegará a ocupar a alcaldía de Carnota debido ao seu cargo no Congreso dos Deputados, delegando así as súas responsabilidades nalgún dos seus segundóns. Xa sabíamos que a seriedade non é precisamente unha das virtudes que caracterizan ao futuro rexedor de Carnota, pero que a estas alturas queira simular que se está cuestionando quen vai ocupala alcaldía é unha absoluta irracionalidade, que somentes pode respostar ás demandas da prensa rosa. O Sr. Oreiro, totalmente ninguneado incluso polos seus no Congreso de Deputados, quere facernos crer que ten "tanto protagonismo" en Madrid que dubida se volver para Carnota. Entendemos que non lle guste pasar á historia como o simple levantamáns que foi durante estes anos, con escasísimas intervencións de aínda máis escasa relevancia, e rara vez sequera vencelladas a Galiza, xa non dicimos a Carnota. Pero todo o mundo ...

A exposición "Nazón de Breogán" xa pode visitarse en Carnota

A exposición " Nazón de Breogán, un xeito de soñar Galiza " xa pode visitarse na Casa do Concello de Carnota. Esta mostra, organizada por Vicepresidencia , pretende mergullar ao espectador na historia do noso País desde o ano 1936. A exposición ten carácter itinerante e xa percorreu outros dezanove concellos galegos recibindo arredor de nove mil visitas. [ Ler nova na Voz ]

Graciñas, Carnota

Logo duns días de necesario descanso polo duro traballo realizado durante a campaña, o BNG de Carnota xa está a traballar para organizármonos na oposición tras a perda da alcaldía que tivo lugar tras a xornada eleitoral do pasado 27 de maio, quedando o goberno do noso concello en mans do popular José Oreiro, como sen dúbida xa sabedes. Foi esta unha campaña durante a que o BNG de Carnota fixo un esforzo humano e material sen precedentes, pero sempre centrados nunha actitude construtiva, didáctica, dialogante e tentando fuxir da acritude que desde certos sectores da vida política local se tratou de impoñer mesmo agresivamente. De feito, se algo percibiron os veciños que acudiron aos nosos mitins ou leron o noso material editado, foi a nosa idea de seguir avanzando no desenvolvemento dun municipio próximo á cidadanía e atento ás súas problemáticas, próspero economicamente, xerador de emprego e substentábel medioambiental e urbanisticamente. Presentamos un programa de proxectos consi...

Gran festa de fin de campaña do BNG de Carnota

Logo do mitin de peche de campaña do BNG que se celebrará hoxe ás 20:00h. na Casa do Mar de Lira, a cita para todos os nosos veciños será na Festa de fin de campaña que o BNG de Carnota organiza na lonxa do porto do Pindo. Sardiñada, queimada, teatro, música folk e rock, agasallos... e todo de balde para os veciños do noso concello que acudan a disfrutar da festa e apoiar ao noso candidato Tomás Freire nestas derradeiras horas dunha campaña eleitoral que o BNG centrou en falar das súas propostas e presentar ao noso novo candidato. Quedades todos convidados! E para que Carnota siga avanzando, vota Tomás, vota BNG!

Tomás vence claramente no debate radiofónico da SER

Hoxe, entre as 11:30 e as 14:00 horas, tivo lugar na emisora comarcal Radio Nordés (Cadena SER) o debate político entre os tres novos candidatos á alcaldía de Carnota. A orde de intervencións estaba distribuída do seguinte xeito: primeiro o candidato do PSOE, Manuel Noceda, logo o candidato do Partido Popular, José Domingo Cipriano Oreiro, e por último o candidato do BNG á alcaldía de Carnota, Tomás Freire. Sen embargo esa orde viuse alterada en numerosas ocasións por mor dos turnos de réplica por alusións subscitados polo xefe da oposición carnotana José Oreiro polas súas intervencións centradas unicamente na crítica constante a labor efectuada pola coalición de goberno BNG-PSOE nestes últimos 8 anos. De feito, se algo deixou claro José Oreiro durante o debate foi que non contaba en absoluto cun programa de propostas para Carnota, o que tamén explica a súa descarada estratexia de tentar ancorar o debate en todo momento na crítica desaforada aos proxectos e programas dos que si dispoñe...