Unha delegación composta por 12 persoas do noso concello vai devolver desde hoxe ata o vindeiro domingo a visita que outra delegación do concello situado na illa canaria de Fuerteventura nos fixera o ano pasado e despois de consumarse o seu irmanamento institucional. Ás dúas desta tarde está prevista a chegada do grupo de 12 representantes do concello e tecido social e empresarial carnotán e mesmo un intérprete de música tradicional galega, encabezados polo alcalde Xosé Manuel García. A corporación municipal de Puerto del Rosario ten preparado un abraiante programa de actos, co que demostra unha vez máis que este irmanamento lonxe de supoñer un acordo puramente simbólico subscita un intenso motivo de satisfacción para os habitantes da localidade, e tamén da unanimidade dos grupos políticos da corporación. Xoves 08 de febreiro 13:30 h. Chegada ao Aeroporto de Fuerteventura. 13:45 h. Chegada da delegación carnotá ao Hotel Palace-Puerto del Rosario. 14:30 h. Almorzo-recepción no Restaura...