Despois dun proceso longo e tortuoso, o concello de Carnota está a piques de ver cumprida unha reivindicación histórica dos veciños do Pindo: o seu paseo marítimo no borde urbano da praia de San Pedro e recuperación do entorno do areal, actualmente moi degradado. A empresa Hispania OC Galaica foi finalmente a adxudicataria do proxecto orzamentado en 1,3 millóns de euros e consistente en, ademais do propio paseo peatonal, no saneamento de franxa litoral urbana, río e canles, e complementarase tamén cunha senda peatonal ata Os Mouchos e un mirador na Cruciña, dentro do plan de rutas de sendeirismo promovido polo Concello para poñer en valor o noso patrimonio tradicional e paisaxístico. Outro dato moi salientábel é que o proxecto respectará o histórico edificio do Pósito dos Mariñeiros do Pindo, cuxo derribo era condición innegociábel no proxecto de paseo marítimo contemplado polo anterior alcalde de Carnota Xosé Oreiro (PP). Precisamente boa culpa da tardanza no proxecto se debeu aos esf...