Saltar ao contido principal

Triste adeus á caseta de Miché, no entorno do Faro de Lariño

No día de onte os veciños de Lariño puideron asistir con asombro como a “Caseta de Miché” era derrubada por Costas coincidindo coas melloras da pasarela de acceso á praia, dentro do plan que a Demarcación de Costas de Galicia está facendo ao longo da Costa galega de reparación das pasarelas existentes.

Varios veciños e veciñas contactaron connosco para solicitar información ao respecto, e en base á información que puidemos recabar, temos a ben trasladala a toda a veciñanza por esta vía para o seu coñecemento:

Xa fai anos era intención de Costas proceder ao derrubo da caseta e así llo ten trasladado a Moncho Noceda durante a última etapa de goberno do BNG, xa que pedían que o Concello iniciara o pertinente expediente de expropiación, mais o anterior alcalde negouse rotundamente.

Con motivo do Pleno celebrado onte, xoves 27 de maio, o grupo municipal do BNG formulou unha pregunta ao Sr. Alcalde Juan Manuel Saborido sobre se era coñecedor desta actuación por parte de Costas, ao que a resposta foi un taxante "non", e manifestou estar moi sorprendido xa que as cousas non deberían de facerse así, pero que entendía que é un asunto que ten que resolverse entre Costas e a propietaria da caseta. Acto seguido a Tenente Alcalde e veciña de Lariño, Merche Noceda, reafirmouse no dito polo alcalde e tamén manifestou que vista a situación de abandono da caseta que non aportaba nada, estaba chea de lixo e que era un claro exemplo de feismo.

Dúas horas despois do pleno, no Facebook do PSOE Carnota saen ao paso do malestar xerado entre a veciñanza para reiterar a súa sorpresa e que non tiñan constancia das intencións de Costas pero ao ser coñecedores da triste nova contactan coa Demarcación e infórmanlles de que hai un expediente aberto. No transcurso do pleno esa información non se lle trasladou aos membros da oposición, diante da pregunta formulada polo grupo municipal do BNG, polo tanto MINTEN.

Xa no día de hoxe, nunha entrevista en Radio Nordés, o Sr Alcalde manifestou que a principio da lexislatura, hai un par de anos, que “esa ruina” estaba afectada por un expediente de demolición pero non lle mostraron máis interese porque entendía que era un asunto que tiña que resolverse entre a Demarcación de Costas e a propietaria. Ou sexa, volve a recoñecer que si tiña información pero que nada fixeron por arranxalo, polo tanto MINTE diante de todos os membros da corporación asistentes ao pleno.

Non deixa de sorprendernos que a obra de mellora da pasarela de acceso á praia sexa vendida como unha “xestión” do goberno municipal e así o plasman nas redes sociais “a bombo e platillo” desde o PSOE Carnota e compartido por Merche Noceda con amplia documentación fotográfica das obras de arranxo da pasarela, pero o que si se bota en falta é a triste foto dos cascotes do que foi a Caseta de Miché, derrubada polos mesmos operarios e pola mesma pala.

O que si temos claro é a intención de Costas, trasladada por Rafael Eimil, Xefe da Demarcación, ao anterior alcalde Moncho Noceda, de iniciar proceso de expropiación para o derrubo, ao cal este se opuxo frontalmente. A vista do acontecido semella que agora si se atoparon coas circunstancias propicias e o “momento oportuno” para facelo, mentras tanto un expediente aberto no mesmo entorno do faro e neste caso claramente identificado tamén desde fai anos, está pendiente de executarse. Semella que aínda hai diferencia entre ricos e pobres.

Agardamos que esta sexa a última afronta ao noso patrimonio pesqueiro coa pasividade e permisividade do actual goberno municipal, xa que na mesma situación atópanse unha longa lista de casetas de mariñeiros ao longo de todo concello.

Comentarios

  1. Collese antes a un mentireiro que a un coxo. Como pode ser que no pleno non saíban nada de ningún expediente e por obra e gracia ás once da noite dese mesmo día aparece un expediente? Acaso a Demarcación de costas está aberta pola noite? E si hai un expediente como din, que o demostren, e por que non se lle comunicou a propietaria, será que non o hai? Ou mentiron no pleno ou nos están mentindo aos veciños (e non é a primeira vez).
    Feísmo disque. Feismo é insultar a nosa intelixencia.

    ResponderEliminar
  2. Experiencia en mentiras teñen bastante, chegaron ao poder mentindo e seguen nas mismas. Ijual tiñan que ter en conta aquelo de que as mentiras teñen as patas moi cortas

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Publicacións populares deste blog

Toma a palabra!

Esta páxina está pechada por cuestións técnicas e alleas á vontade do BNG, e consérvase para a súa consulta. O BNG de Carnota habilita este espazo para que poidas expresarnos libremente as túas queixas, dúbidas, suxerencias... Para facilitar a resolución da cuestión que nos plantexes será de moita utilidade que a redacción sexa clara e concisa. Se a túa mensaxe se dirixe a algún membro do noso grupo municipal síntete libre de plantexalo dese xeito no teu texto e faráselle chegar coa maior brevidade posíbel. Tamén dispós da opción de escribirnos un correo electrónico a carnota(arroba)bng-galiza.org. Agradeceríamos o ton constructivo das mensaxes, e que os debates, de estabelecérense, se desenvolvan co debido respecto mutuo a todas as posicións. Por outra parte lembrar que, como vén sendo habitual no espazo para comentar os artigos desta páxina, eliminaremos os comentarios inxuriosos dedicados a atacar a vida personal das persoas que participan na vida política de Carnota. Desex...

Acordo da Asemblea local do BNG de Carnota de 28/05/11

Dando cumprimento ao acordado polo conxunto da Asemblea Local do BNG de Carnota o pasado sábado 28 de maio, difundimos para o coñecemento de toda a veciñanza o documento que recolle a postura do BNG de Carnota a respecto do actual panorama político post-electoral no noso concello, despois de telo posto en coñecemento dos responsábeis do PSOE no día de onte. ACORDO DA ASEMBLEA LOCAL DO BNG DE CARNOTA Reunido o conxunto da militancia do BNG de Carnota en Asemblea Local, organismo convocado en tempo e forma e plenamente lexitimado para adoptar o seguinte acordo, pola unanimidade dos asistentes acordamos: Nas Eleccións Municipais do 22 de maio de 2011 o pobo de Carnota decantouse clara e maioritariamente por un cambio de goberno no Concello de Carnota. Os candidatos á alcaldía do BNG e do PSOE manifestaron en público e en privado o compromiso de, no caso de non se producir unha maioría absoluta, outorgar o seu voto na sesión de investidura aos candidatos da lista que, entre elas, obti...

O novo alcalde de Carnota cobrará a metade que o anterior; en conxunto, os soldos políticos descenden un 82%

Evolución dos salarios de carácter político en Carnota entre os anos 2007 e 2011 Só unha semana despois de acceder ao goberno municipal de Carnota o BNG puido cumprir cunha das propostas clave  do seu programa e tamén dar cumprimento a unha das súas principais reivindicacións durante catro anos liderando a oposición carnotá: a redución drástica dos gastos de carácter político, que co PP só no 2010 ascenderon a case 190.000 euros  incluíndo retribucións, dietas e seguridade social de dous concelleiros con dedicación exclusiva e unha liberada política. Xa na presentación da candidatura asi como no seu programa electoral o BNG de Carnota anunciou que, no caso de obter o suficiente respaldo veciñal o 22 de maio, outorgaría unha única dedicación exclusiva, a do alcalde, nunca superior aos 2.000 euros brutos . Dito e feito: No pleno desta fin de semana, no que se trataron as dedicacións e o reparto das áreas de traballo, a corporación municipal aprobou (coa abstención do PP)...