Saltar ao contido principal

A Moa, o voceiro local do BNG de Carnota, a piques de cumprir 35 edicións e 22 anos de historia

O BNG de Carnota logrou reunir e publicar, grazas á colaboración veciñal, todos os exemplares antigos

Portada do nº 8, lanzado en 1997
Se hai algo tradicional na política local de Carnota son os tránsfugas, e a revista A Moa, voceiro local do BNG e Galiza Nova de Carnota. Non casualmente chámase coma a atalaia do Olimpo Celta, desde a que se vixían desde millóns de anos os devires das terras bañadas pola fouce de Carnota, e desde a que levamos case un cuarto de século informando a toda a veciñanza de Carnota diseminada polo mundo adiante da actualidade do seu Concello desde a óptica do nacionalismo local, e tamén denunciando, sempre cun punto de vista retranqueiro e incisivo, as numerosas trapalladas que por desgraza se teñen cometido nestes confíns.

Os cadriños da Moa, sempre cheos de humor e reivindicación
A piques de cumprir os seus 22 anos e 35 edicións, A Moa fixo sitio nos nosos fogares para todo tipo de contidos: novas de actualidade, resultados electorais, sisudas análises de aspectos políticos, económicos e técnicos que se lle poden escapar ao común da veciñanza, cadriños e debuxos de artistas locais ou alleos (O Tupa, Pepe Carreiro, O Carrabouxo...), a desternillante crónica medieval das aventuras do Mariscal Nonarrasca, pasando por artigos de opinión e cartas abertas de veciños e veciñas que tamén quixeron facer da Moa a súa voz para denunciar inxustizas. Todo isto, cun único punto en común: levar a cada casa a voz do BNG e que xamáis se vetou ou censurou a ninguén que tivera algo que dicir.

Narrando a actualidade en clave medieval
Grazas á inestimábel colaboración veciñal logramos compilar a totalidade das edicións publicadas da Moa ata a data desde o seu primeiro número en febreiro de 1996, que tras seren dixitalizadas foron postos a disposición da veciñanza na rede; no futuro estudaremos a posibilidade de editar unha edición especial compilatoria en papel.

Catálogo de exemplares do Voceiro local A Moa

Comentarios

Publicar un comentario

Publicacións populares deste blog

Toma a palabra!

Esta páxina está pechada por cuestións técnicas e alleas á vontade do BNG, e consérvase para a súa consulta. O BNG de Carnota habilita este espazo para que poidas expresarnos libremente as túas queixas, dúbidas, suxerencias... Para facilitar a resolución da cuestión que nos plantexes será de moita utilidade que a redacción sexa clara e concisa. Se a túa mensaxe se dirixe a algún membro do noso grupo municipal síntete libre de plantexalo dese xeito no teu texto e faráselle chegar coa maior brevidade posíbel. Tamén dispós da opción de escribirnos un correo electrónico a carnota(arroba)bng-galiza.org. Agradeceríamos o ton constructivo das mensaxes, e que os debates, de estabelecérense, se desenvolvan co debido respecto mutuo a todas as posicións. Por outra parte lembrar que, como vén sendo habitual no espazo para comentar os artigos desta páxina, eliminaremos os comentarios inxuriosos dedicados a atacar a vida personal das persoas que participan na vida política de Carnota. Desex...

Acordo da Asemblea local do BNG de Carnota de 28/05/11

Dando cumprimento ao acordado polo conxunto da Asemblea Local do BNG de Carnota o pasado sábado 28 de maio, difundimos para o coñecemento de toda a veciñanza o documento que recolle a postura do BNG de Carnota a respecto do actual panorama político post-electoral no noso concello, despois de telo posto en coñecemento dos responsábeis do PSOE no día de onte. ACORDO DA ASEMBLEA LOCAL DO BNG DE CARNOTA Reunido o conxunto da militancia do BNG de Carnota en Asemblea Local, organismo convocado en tempo e forma e plenamente lexitimado para adoptar o seguinte acordo, pola unanimidade dos asistentes acordamos: Nas Eleccións Municipais do 22 de maio de 2011 o pobo de Carnota decantouse clara e maioritariamente por un cambio de goberno no Concello de Carnota. Os candidatos á alcaldía do BNG e do PSOE manifestaron en público e en privado o compromiso de, no caso de non se producir unha maioría absoluta, outorgar o seu voto na sesión de investidura aos candidatos da lista que, entre elas, obti...

O novo alcalde de Carnota cobrará a metade que o anterior; en conxunto, os soldos políticos descenden un 82%

Evolución dos salarios de carácter político en Carnota entre os anos 2007 e 2011 Só unha semana despois de acceder ao goberno municipal de Carnota o BNG puido cumprir cunha das propostas clave  do seu programa e tamén dar cumprimento a unha das súas principais reivindicacións durante catro anos liderando a oposición carnotá: a redución drástica dos gastos de carácter político, que co PP só no 2010 ascenderon a case 190.000 euros  incluíndo retribucións, dietas e seguridade social de dous concelleiros con dedicación exclusiva e unha liberada política. Xa na presentación da candidatura asi como no seu programa electoral o BNG de Carnota anunciou que, no caso de obter o suficiente respaldo veciñal o 22 de maio, outorgaría unha única dedicación exclusiva, a do alcalde, nunca superior aos 2.000 euros brutos . Dito e feito: No pleno desta fin de semana, no que se trataron as dedicacións e o reparto das áreas de traballo, a corporación municipal aprobou (coa abstención do PP)...