Saltar ao contido principal

Carta aberta do alcalde a todos os veciños e as veciñas de Carnota

Publicamos a carta aberta enviada recentemente aos fogares de todos os veciños e as veciñas de Carnota polo seu alcalde Ramón Noceda.

Con este xesto o BNG quer cumprir o compromiso de transparencia adquirido ante a cidadanía, informando con clareza da situación interna real do concello. Foi precisamente a falta de transparencia un dos defectos da acción do anterior executivo do PP que máis incomodara ao conxunto da veciñanza.



A misiva divídese en catro apartados prologados polos datos económicos a día da redacción do escrito, que arroxan un importante déficit que dificultan e mesmo impide desenvolver as iniciativas que no BNG procuramos e que a cidadanía demanda. Asi, esta lexislatura iniciouse cunha débeda total de 4.896.314 euros, dos que case catro millóns se desglosan entre débedas acumuladas coas entidades bancarias, o servizo de auga e saneamento e sobre todo as débedas con diversos proveedores, que acumulan un total de 1.300.000 euros.

Merche Díaz e Ramón Noceda durante a recente
sinatura dun convenio con COGAMI
Esta astronómica débeda conxúgase cuns orzamentos de partida inflados polo anterior executivo en case 3 millóns e medio de euros e tamén coincide cunha extremada redución dos ingresos. Por iso o executivo municipal do BNG adoptou xa unha serie de medidas de aforro, comezando por cumprir a promesa de reducir os soldos políticos, o que supuxo un aforro de dez millóns das antigas pesetas ao ano. Ademais desenvolviu un reaxuste dos gastos en diversos servizos sen que iso repercutira no descenso aprezábel da calidade e a cantidade na prestación deles. Outro cambio a destacar foi o dos criterios do acceso dos cidadáns aos servizos públicos, que agora se axustan ás necesidades das familias e non como antes, por orde de chegada.

Por último, a carta ocúpase de informar coa maior transparencia posíbel das contratacións que se produciron, a creación do imprescindíbel Rexistro Municipal de Asociacións, os avanzos do programa posto en marcha para a revitalización do agro e a pesca no municipio, e por suposto o chamamento á participación da cidadanía en temas que axiña estarán enriba da mesa, como é a elaboración dos Orzamentos Municipais e o PXOM. Cabe lembrar que a implicación da sociedade na vida municipal constituiuse no principal piar da campaña do BNG de Carnota nas pasadas eleccións.

Agardamos que esta información sirva para aclarar á cidadanía boa parte dos interrogantes que hoxe se poidan ter sobre a acción municipal neste primeiro ano de mandato que está a piques de cumprirse. De non ser asi, lembrámoslle a toda a veciñanza que se algo quedou no tinteiro poden consultalo libremente póndose en contacto co BNG de Carnota ou directamente con Moncho.

Comentarios

  1. Resucitoooooo, resucitoooooo, aleluyaaaaaaa!!!!!
    Ainda que sexa cunha noticia resesa, benvida sexa. Algúns agardábamos que nos publicásedes tamén a carta do secretario...

    ResponderEliminar
  2. Canto resentido solto!!!

    ResponderEliminar
  3. E logo fai falta que o BNG nos conte como é o secretario? Pensei que hai cousas que caian de caixon...

    ResponderEliminar
  4. Por fín temos un alcalde que lle fai fronte ao inepto do secretario.

    ResponderEliminar
  5. Ben Moncho ben.

    ResponderEliminar
  6. Non vou decir o que penso do Señor Secretario que igual me denuncia e xa se sabe que neste país a Xusticia asiste ós inxustos...

    ResponderEliminar
  7. igual lle mandou traballar e o probe non está acostumbrado.

    ResponderEliminar
  8. jajajaja
    xa tardaba quen metera en bereda a ese artista
    ahora chora nos periodicos.ai q joderse

    ResponderEliminar
  9. Ben feito Moncho, non esperábamos menos de ti. Ajora solo queda choiar e sejir adiante, xa o dos soldos me parece un paso de xijante para este concello...Vexo que non foi un erro decantarnos pola tua candidatura, ojala sijas traballando para poñer a Carnota onde queremos todos que esté. Haber se sejides contandonos por carta ou pola paxina web boas novas, que estabamos aljo desinformados heeee....e do secretario non vou comentar nada, quedoume bastante claro todo o dia da investidura con ese baño de masas que se pejou...! xa lle pudo aprobeitar...un biquiño a todos/as!

    ResponderEliminar
  10. Que lle prejunten ós traballadores do Concello de Carnota,que estan fartos de faser o traballo que lle corresponde a él,quen e o secretario.

    ResponderEliminar
  11. Deste tipo xa nada me sorprende. Pero que se entere dunha vez que o alcalde é Moncho non el.

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Publicacións populares deste blog

O novo alcalde de Carnota cobrará a metade que o anterior; en conxunto, os soldos políticos descenden un 82%

Evolución dos salarios de carácter político en Carnota entre os anos 2007 e 2011 Só unha semana despois de acceder ao goberno municipal de Carnota o BNG puido cumprir cunha das propostas clave  do seu programa e tamén dar cumprimento a unha das súas principais reivindicacións durante catro anos liderando a oposición carnotá: a redución drástica dos gastos de carácter político, que co PP só no 2010 ascenderon a case 190.000 euros  incluíndo retribucións, dietas e seguridade social de dous concelleiros con dedicación exclusiva e unha liberada política. Xa na presentación da candidatura asi como no seu programa electoral o BNG de Carnota anunciou que, no caso de obter o suficiente respaldo veciñal o 22 de maio, outorgaría unha única dedicación exclusiva, a do alcalde, nunca superior aos 2.000 euros brutos . Dito e feito: No pleno desta fin de semana, no que se trataron as dedicacións e o reparto das áreas de traballo, a corporación municipal aprobou (coa abstención do PP)...

Carnota -e Galiza- existe no Congreso grazas ao BNG

O BNG de Carnota pon en valor que Carnota apareza no Congreso dos Deputados grazas ao traballo institucional do Bloque Nacionalista Galego. A publicación parte dunha análise de Newtral sobre as preguntas rexistradas no Congreso , na que se recollen máis de 40.000 preguntas ao Goberno durante a lexislatura. Nese mapa de actividade parlamentar, Carnota aparece como un dos concellos polos que houbo iniciativa institucional, e de feito, as 5 veces que se mencionou no Congreso foi por boca de  Néstor Rego , único deputado do BNG. Lembramos que Galiza conta, cando menos na teoría, con 23 representantes na cámara baixa do estado español. Para o BNG de Carnota, isto demostra unha cuestión clara: se está o BNG Galiza está, e cando Galiza conta con voz propia nas institucións do Estado, tamén os concellos pequenos podemos aparecer na axenda política. Carnota non pode depender de que outros falen por nós nin de que as grandes forzas estatais lembren os problemas do noso pobo só cando lles c...

A Moa nº 38: Eleccións Municipais 2023

O BNG de Carnota lanza o seu mítico voceiro local A Moa , revista decana da comunicación política en Carnota que suma a 38ª edición en máis de 27 anos de traxectoria. Este número evidentemente céntrase na próxima cita coas Eleccións Municipais, cuxa campaña electoral comeza esta noite. Contidos: A experiencia ao servizo da veciñanza A nosa candidatura Lembras cando en Carnota...? O noso programa Sabías que... 40 anos da chegada do BNG á alcaldía de Carnota Entrevista ao candidato 4 anos na oposición Entrevista a Ana Pontón