Saltar ao contido principal

O BNG de Carnota inaugura esta fin de semana o seu local

A Asemblea local de Carnota do BNG vai inaugurar este sábado 22 ás 18:30 da tarde as súas novas instalacións, sitas no nº 8 das Breas (a carón da ferretería e en fronte do estanco), en pleno centro de Carnota. Contan co valor engadido de ser o primeiro local do frentismo carnotán na súa historia.

O novo local non só aspira a mellorar o funcionamento e coordinación do BNG, senón que pretende converterse axiña nun punto de encontro de toda a poboación, que poderán obter aquí máis información sobre o proxecto nacionalista pero sobre todo poderán transmitirlle á primeira forza da oposición carnotá todas as súas inquedanzas, asi como as súas ideas para ir facendo entre todos que o noso municipio sexa un pouco mellor cada día.

Para acadalo, o local xestionarase dun xeito dinámico, como se dun servizo público se tratase, e estará tamén a disposición do puxante tecido asociativo do noso concello, que desgrazadamente case en ningún caso conta cun lugar en condicións no que reunirse para preparar as súas actividades.

Toda a veciñanza está convidada a coñecer e usar o novo local desde este sábado a partir das 18:30, cando ofreceremos uns petiscos.

Comentarios

  1. Susa Trillo20/01/11, 22:08

    Parabéns compañeiras e compañeiros de Carnota por ese novo local tan xeitoso, e agora a traballar, moita forza¡¡

    ResponderEliminar
  2. Vente Susa! Hai fouliada! E moita forza en Corcubión tamén.
    Bicos.

    ResponderEliminar
  3. Mi madre! hay que fumijar as breas.

    ResponderEliminar
  4. Fumijar habíanlle de fumijar a aljún as neuronas, que parese que teñen bicho ou aljo.
    Vémonos mañán!

    ResponderEliminar
  5. ¿de onde saen os cartos pra pagar o local? ¿tamen e financiado pola UPG?
    ¿Ou ides dar clases de pandeireta pra costear gastos?

    ResponderEliminar
  6. Póla UGT! A UPG financiou a Domingos o alcalde en Muros e así lle saiu. Vaia por deus oh!

    ResponderEliminar
  7. Os que han estar contentos son os que subvensionaron ao outro,e mirade por onde lle saiu

    ResponderEliminar
  8. O local pagámolo entre todos nº 5.
    Por certo, escoitei esas mesmas palabras como 10 veces na miña vida, todas elas na boca da mesma persona. deixao xa homiño, que vas enfermar ainda

    ResponderEliminar
  9. Ó número 5 van ter que poñerlle unha "indición", como decía el.

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Publicacións populares deste blog

O novo alcalde de Carnota cobrará a metade que o anterior; en conxunto, os soldos políticos descenden un 82%

Evolución dos salarios de carácter político en Carnota entre os anos 2007 e 2011 Só unha semana despois de acceder ao goberno municipal de Carnota o BNG puido cumprir cunha das propostas clave  do seu programa e tamén dar cumprimento a unha das súas principais reivindicacións durante catro anos liderando a oposición carnotá: a redución drástica dos gastos de carácter político, que co PP só no 2010 ascenderon a case 190.000 euros  incluíndo retribucións, dietas e seguridade social de dous concelleiros con dedicación exclusiva e unha liberada política. Xa na presentación da candidatura asi como no seu programa electoral o BNG de Carnota anunciou que, no caso de obter o suficiente respaldo veciñal o 22 de maio, outorgaría unha única dedicación exclusiva, a do alcalde, nunca superior aos 2.000 euros brutos . Dito e feito: No pleno desta fin de semana, no que se trataron as dedicacións e o reparto das áreas de traballo, a corporación municipal aprobou (coa abstención do PP)...

Carnota -e Galiza- existe no Congreso grazas ao BNG

O BNG de Carnota pon en valor que Carnota apareza no Congreso dos Deputados grazas ao traballo institucional do Bloque Nacionalista Galego. A publicación parte dunha análise de Newtral sobre as preguntas rexistradas no Congreso , na que se recollen máis de 40.000 preguntas ao Goberno durante a lexislatura. Nese mapa de actividade parlamentar, Carnota aparece como un dos concellos polos que houbo iniciativa institucional, e de feito, as 5 veces que se mencionou no Congreso foi por boca de  Néstor Rego , único deputado do BNG. Lembramos que Galiza conta, cando menos na teoría, con 23 representantes na cámara baixa do estado español. Para o BNG de Carnota, isto demostra unha cuestión clara: se está o BNG Galiza está, e cando Galiza conta con voz propia nas institucións do Estado, tamén os concellos pequenos podemos aparecer na axenda política. Carnota non pode depender de que outros falen por nós nin de que as grandes forzas estatais lembren os problemas do noso pobo só cando lles c...

A Moa nº 38: Eleccións Municipais 2023

O BNG de Carnota lanza o seu mítico voceiro local A Moa , revista decana da comunicación política en Carnota que suma a 38ª edición en máis de 27 anos de traxectoria. Este número evidentemente céntrase na próxima cita coas Eleccións Municipais, cuxa campaña electoral comeza esta noite. Contidos: A experiencia ao servizo da veciñanza A nosa candidatura Lembras cando en Carnota...? O noso programa Sabías que... 40 anos da chegada do BNG á alcaldía de Carnota Entrevista ao candidato 4 anos na oposición Entrevista a Ana Pontón