Saltar ao contido principal

A Xunta vai reter as contas do concello de Carnota por impagos

Dos concellos integrados na Mancomunidade Serra do Barbanza, que xestiona a planta de Servia (Lousame) na que se trata o lixo de numerosos concellos da nosa zona, Carnota vai ser un nos que, xa de xeito oficial, vai intervir a Xunta de Galiza para garantir os pagamentos á entidade.

O anuncio chegou hoxe mesmo de man do seu presidente, Santiago Freire, que anunciou que as inxentes cantidades adebedadas por varios concellos -entre os que cita a Carnota en lugar destacado- o obrigaron a pedir a mediación do goberno galego, pois de seguir nesta dinámica «a mancomunidade acabará asfixiada» e mesmo estaría en perigo a súa viabilidade.

Esta drástica medida, que se aplicará desde este mesmo momento, implicará que cada trimestre a Xunta reterá directamente do erario do concello de Carnota determinadas contías, para ir asi facendo fronte á débeda acumulada, que se situaba a mediados de xaneiro en arredor de medio millón de euros.

O BNG de Carnota quere amosar a súa total preocupación pola inercia que tomou o concello de Carnota, que segue afanado exclusivamente en inflar os soldos dos políticos e sicarios do PP, xusto nun momento económico e social crítico que esixe desesperadamente adoptar medidas de contención, comezando por recobrar a cordura e retornar a retribucións salariais similares ás que o goberno de Carnota percibía no ano 2007, coas pertinentes actualizacións anuais. Do contrario, unha medida tan drástica coma a anunciada hoxe soará a broma con respecto do que pode vir a continuación.

O PP debe tomar dunha vez a determinación de comezar a gobernar, pois o único ao que se limitou en case tres anos de mandato foi pedir créditos, executar algúns dos proxectos que o BNG deixara xestionados e, por suposto, apañar inxentes cantidades de euros -e medrando- para eles e para o pago de favores aos seus sicarios políticos. E se ben isto xa é reprobábel nunha situación normalizada, na situación crítica que vivimos tórnase suicida.


Comentarios

  1. Máis por Carnota, desían. A saber a cantos non engañaron, por sorte o tempo pón a cada un no seu sitio, e o sitio que lle corresponde a estes corruptos que nin politicos merecen chamarse é MARCHAR PRA AS SUAS CASAS.

    ResponderEliminar
  2. SON UNS ASKEROSOS
    AS MANS FORA DA CAIXA, TREPPAS!!!!!

    ResponderEliminar
  3. Si o pouco cidadán carnotán tivese traballo, pois os impostos chegarían para encher as arcas. o carallo e que a oportunidade de crear emprego xa pasou, e sobre todo neste axuntamento, e o traballo irá a menos. Agora haberá que poñer patacas e promocionalas en caldeirada. Ou mellor que o ano que lle queda de mandato o governo actual ou ó que veña, e esprimir os sesos, e así igual cosechamos arroz, para logo enlatalo con cigalas.

    ResponderEliminar
  4. Triste pero certo, xa o vin na Voz de galicia hoxe, menudo escándalo. E aínda terán semejante morro de botarlle tamén a culpa ó BNG oh, senon xa veredes.
    Pallajeiros!

    ResponderEliminar
  5. Pois eu as facturas págoas todas.... Quen se quedará cos meus cartos? Oreiro? Marisol? Alfredo? Á filla de Daniel? Teño curiosidad por sabelo máis que nada, non se pode averiguar? Saludos

    ResponderEliminar
  6. que verjonsa...eu non sei como saen todos os días da casa...e con esa cabeza tan alta...PATÉTICO!!!!!!
    Pero estanos moi ben...por seremos uns fachas de mierda toda a puta vida...porke ninguen os votou pero ahí están...
    RIDICULO...
    Askeame ser de Carnota ahora mismo...

    ResponderEliminar
  7. A estes cuatreros Carnota é o que menos lle importa do mundo.
    Resulta que eu pensaba que pagaba o lixo, e o que estou pagando son os soldos de esa basura humana.

    ResponderEliminar
  8. deixei de dar o meu voto fai tempo,porke pa min os k se dedican a politica son todos ijuales.nin estes o fan ben ajora nin os k tiveron antes tampouco ehh.ke o bng e o psoe non estiveron ai por amor o arte.carnota esta arruinada de ai muitos anos non de ajora

    ResponderEliminar
  9. Pois eu vou votar ó bloque, porque entre o cuatrero de Oreiro e os seus barrigas-agradecidas, ou o vendedor de postos de traballo invisibles de Campitos, prefiero ó bloque.
    ¡¡¡¡ADIANTE BNG!!!!

    ResponderEliminar
  10. Sin duda este é o PEOR governo da historia de Carnota con MUITA DIFERENCIA.
    Oreiro vai ter o "honor" de ser o primeiro Alcalde de Carnota que levou o Concello á Bancarrota.

    ResponderEliminar
  11. Oreiro muito criticaba cando estaba na oposision, ela mais Marisol, agora xa esta ben todo. Prometian austeridade, e estamos empeñados. Onde esta o resultado de tanto carto invertido? medio quilo non fui o que gastaron en por tuberias dunha empresa privada no pindo? a crisis non existe, é o pp, eles mailo seu enchufismo e prepotensia

    ResponderEliminar
  12. Vanse enterar estes ladróns. Pénsome encargar personalmente de que de toda a miña familia non se escape nin un solo voto para estes crápulas. Que hai moito despistado que ainda vai picar de novo. NUNCA MAIS PP. NUNCA MAIS OREIRO!!!!!

    ResponderEliminar
  13. Pois eu si Campitos da postos de traballo vouno a votar porque en vez de estar comendo como os de oreiro e facendo demagoxia barata como neste momento estades facendo, penso que é a medida mais eficiente e interesante para o Concello de Carnota. Aqui temos que actuar nun conxunto polos bens de Carnota e actuar e sair nos periódicos...non a facerse o cultureta nun foro..

    ResponderEliminar
  14. O que faltaba por oir. Pois como jane Campitos si que imos amañados, o único que vai poder quedar en Carnota será o que venda as maletas para marchar o resto.

    ResponderEliminar
  15. Por serto, para vir aqui desir que o que fai o bloque é ''demagoxia barata'' mentras que alaba o que fai Campos, vendedor profesional de motos ou de fume mellor dito, xa hai que ter collóns.

    ResponderEliminar
  16. A ver se gana o BNG! Animosss!

    ResponderEliminar
  17. Deixádeo en paz, Oreiro é un as das finanzas... lembrade que "Quien roba poco es ratero, y quien mucho, financiero".

    ResponderEliminar
  18. ... foron elexidos directamente e democraticamente polo pobo, ademais pola segunda vez!!! Ou a xente è masoquista, ou non vos queren a vos, ou non hay mais donde escoller ... que tristeza! Creo que todos vos tendes que preguntar que pasa, dentro e fora da propia casa!

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Publicacións populares deste blog

Toma a palabra!

Esta páxina está pechada por cuestións técnicas e alleas á vontade do BNG, e consérvase para a súa consulta. O BNG de Carnota habilita este espazo para que poidas expresarnos libremente as túas queixas, dúbidas, suxerencias... Para facilitar a resolución da cuestión que nos plantexes será de moita utilidade que a redacción sexa clara e concisa. Se a túa mensaxe se dirixe a algún membro do noso grupo municipal síntete libre de plantexalo dese xeito no teu texto e faráselle chegar coa maior brevidade posíbel. Tamén dispós da opción de escribirnos un correo electrónico a carnota(arroba)bng-galiza.org. Agradeceríamos o ton constructivo das mensaxes, e que os debates, de estabelecérense, se desenvolvan co debido respecto mutuo a todas as posicións. Por outra parte lembrar que, como vén sendo habitual no espazo para comentar os artigos desta páxina, eliminaremos os comentarios inxuriosos dedicados a atacar a vida personal das persoas que participan na vida política de Carnota. Desex...

Acordo da Asemblea local do BNG de Carnota de 28/05/11

Dando cumprimento ao acordado polo conxunto da Asemblea Local do BNG de Carnota o pasado sábado 28 de maio, difundimos para o coñecemento de toda a veciñanza o documento que recolle a postura do BNG de Carnota a respecto do actual panorama político post-electoral no noso concello, despois de telo posto en coñecemento dos responsábeis do PSOE no día de onte. ACORDO DA ASEMBLEA LOCAL DO BNG DE CARNOTA Reunido o conxunto da militancia do BNG de Carnota en Asemblea Local, organismo convocado en tempo e forma e plenamente lexitimado para adoptar o seguinte acordo, pola unanimidade dos asistentes acordamos: Nas Eleccións Municipais do 22 de maio de 2011 o pobo de Carnota decantouse clara e maioritariamente por un cambio de goberno no Concello de Carnota. Os candidatos á alcaldía do BNG e do PSOE manifestaron en público e en privado o compromiso de, no caso de non se producir unha maioría absoluta, outorgar o seu voto na sesión de investidura aos candidatos da lista que, entre elas, obti...

O novo alcalde de Carnota cobrará a metade que o anterior; en conxunto, os soldos políticos descenden un 82%

Evolución dos salarios de carácter político en Carnota entre os anos 2007 e 2011 Só unha semana despois de acceder ao goberno municipal de Carnota o BNG puido cumprir cunha das propostas clave  do seu programa e tamén dar cumprimento a unha das súas principais reivindicacións durante catro anos liderando a oposición carnotá: a redución drástica dos gastos de carácter político, que co PP só no 2010 ascenderon a case 190.000 euros  incluíndo retribucións, dietas e seguridade social de dous concelleiros con dedicación exclusiva e unha liberada política. Xa na presentación da candidatura asi como no seu programa electoral o BNG de Carnota anunciou que, no caso de obter o suficiente respaldo veciñal o 22 de maio, outorgaría unha única dedicación exclusiva, a do alcalde, nunca superior aos 2.000 euros brutos . Dito e feito: No pleno desta fin de semana, no que se trataron as dedicacións e o reparto das áreas de traballo, a corporación municipal aprobou (coa abstención do PP)...