Saltar ao contido principal

Publicacións

O pleno aproba a moción do BNG por unha vida digna na Costa da Morte

O pleno do Concello de Carnota aprobou por unanimidade unha moción presentada polo BNG para reclamar medidas que garantan unha vida digna e sen desigualdades na Costa da Morte. A iniciativa recolle demandas fundamentais para o futuro da comarca. Entre elas, o remate da autovía da Costa da Morte e a súa conexión co Porto de Brens e co Polígono Industrial de Vimianzo, tal e como estaba previsto inicialmente. Para o BNG, mellorar as comunicacións é imprescindíbel para favorecer a actividade económica, facilitar os desprazamentos diarios e rematar co illamento que padecen moitos concellos da comarca. A moción tamén reclama a eliminación das peaxes da autovía Carballo-A Coruña. A veciñanza da Costa da Morte non pode seguir pagando unha penalización económica por desprazarse a traballar, estudar, recibir atención sanitaria ou acceder a servizos básicos. Outro dos puntos aprobados demanda un verdadeiro plan de transporte público para a comarca, cunha nova planificación das conexións, mellores...

Moción por unha vida digna e sen desigualdades na Costa da Morte

No pleno do Concello de Carnota de onte aprobouse por unanimidade da corporación a moción presentada polo BNG: 1. Demandar á Xunta de Galiza o remate da autovía da Costa da Morte e a conexión da mesma ao Porto de Brens, tal e como se proxectou inicialmente e ao Polígono Industrial de Vimianzo. 2. Demandar á Xunta de Galiza a eliminación das peaxes existentes na Autovía Carballo-A Coruña en todos seus tramos. 3. Demandar á Xunta de Galiza un plan de transporte público real, cunha nova planificación das conexións de transporte público para a Costa da Morte, que mellore rutas e tempos e amplíe as paradas aos núcleos rurais da comarca. 4. Instar á Xunta de Galiza a iniciar xa os estudos de viabilidade dun servizo ferroviario de proximidade para a Costa da Morte. 5. Demandar á Xunta de Galiza o impulso e execución dun plan de mellora das telecomunicacións e de dixitalización na comarca, acelerando a finalización dunha rede de fibra óptica que chegue a todo o rural. 6. Dar conta deste acordo...

20 anos do Prestige: Nin esquecemos nin perdoamos

  Hoxe cúmprense 20 anos dunha data fatídica, o Prestige chegaba a Costa galega ferido de morte no medio dun forte temporal, provocando a mais grande catástrofe ambiental que nunca se dera en Galiza, propiciada principalmente pola incompetencia dos gobernos estatais e da Xunta, que ignoraron as recomendacións dos técnicos. Diante da nefasta xestión gubernativa xurdeu a sociedade civil que foi quen de autoorganizarse e poñerse a traballar a reo para salvar unha costa totalmente petroleada. Para eles e soio para eles vai a nosa lembranza nunha data de infausto recordo para tódolos galegos e galegas e o noso rexeitamento aos responsables políticos dos gobernos do PP, que sairon indemnes, e mesmo premiados por semellante desfeita. NUNCA MAIS!!!!      

A militancia do BNG elixe a Moncho Noceda coma candidato á Alcaldía de Carnota

Moncho Noceda afronta de novo o reto, coa experiencia de saber sortear situacións difíciles como as que estamos a vivir e coa firme convicción de acadar a alcaldía nunha etapa que se albisca de cambio tanto en Carnota como en Galiza.  

Retomamos o contacto coa veciñanza

Logo dun parón obrigado por motivos sanitarios, retomamos o contacto coa veciñanza, comezando pola Montaña.

Logo de 3 anos seguimos a pagar o saneamento do Ézaro

  O Concello de Carnota solidarízase co veciño Concello de Dumbría, logo de 3 anos de goberno socialista, a veciñanza carnotá, continua a pagar o saneamento do núcleo do Ézaro, cunhas últimas facturas só en avarías no bombeo de máis de 16.000 €. O grupo municipal do BNG fai unha pregunta nese senso no último Pleno, e a resposta do Alcalde é que o Concello de Dumbría ten vontade de pagar pero non atopa a fórmula. E mentres tanto suma e sigue.    

4 anos do premio a Carnota en Berlín

Hoxe fai 4 anos que o vídeo turístico promocional de Carnota "O Legado" era galardonado nos The Golden City Awards , os premios audiovisuais de turismo máis prestixiosos a nivel mundial no marco da ITB (Feira Internacional de Berlín). Pois ben, recentemente publicouse nun portal especializado clubrural.com que Carnota resultara como pobo favorito da provincia da Coruña.  Estamos encantados de que o traballo realizado de promoción polo goberno de BNG Carnota , poidese contribuir en certa medida a este recoñecemento popular