Saltar ao contido principal

Publicacións

Macroeólicos en Carnota, ASI NON!

Nos últimos días fomos coñecedores do proxecto eólico que se pretende levar a cabo no Cabazo e que afectaría ao noso Concello. Polo que percibimos hai unha total falta de transparencia por parte do Goberno da Xunta e do Goberno Central en todo o que rodea a este tipo de proxectos especulativos. Pola información de que dispoñemos e recabada pola nosa parte nos últimos días sabemos que a empresa Green Capital Power, con domicilio social en Pozuelo de Alarcón (Madrid), presentou xa o ano pasado (en plena pandemia) o proxecto ou plan previo “Parque Eólico do Cabazo” e que desde o 8 de marzo deste ano o proxecto está para avaliación ambiental ante a Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental do Ministerio para a Transición Ecolóxica. Descoñecemos se a empresa ten presentada a solicitude para a súa instalación. No día de hoxe, a petición nosa, mantivemos unha reunión co alcalde que nos di que no Concello non teñen ningunha comunicación oficial deste proxecto, durante a mesma desde o ...

Triste adeus á caseta de Miché, no entorno do Faro de Lariño

No día de onte os veciños de Lariño puideron asistir con asombro como a “Caseta de Miché” era derrubada por Costas coincidindo coas melloras da pasarela de acceso á praia, dentro do plan que a Demarcación de Costas de Galicia está facendo ao longo da Costa galega de reparación das pasarelas existentes. Varios veciños e veciñas contactaron connosco para solicitar información ao respecto, e en base á información que puidemos recabar, temos a ben trasladala a toda a veciñanza por esta vía para o seu coñecemento: Xa fai anos era intención de Costas proceder ao derrubo da caseta e así llo ten trasladado a Moncho Noceda durante a última etapa de goberno do BNG, xa que pedían que o Concello iniciara o pertinente expediente de expropiación, mais o anterior alcalde negouse rotundamente. Con motivo do Pleno celebrado onte, xoves 27 de maio, o grupo municipal do BNG formulou unha pregunta ao Sr. Alcalde Juan Manuel Saborido sobre se era coñecedor desta actuación por parte de Costas,...

Outro premio para o centro social de Cornido

O centro social de Cornido acada unha mención máis nos galardóns de arquitectura . Si na primeira ocasión foi a nivel estatal, nesta ocasión trátase dos premios de Arquitectura e Rehabilitación de Galicia 2020. Parabéns aos arquitectos Juan Creus e Covadonga Carrasco, e por suposto a veciñanza de Cornido, representada polo seu presidente Eduardo Vázquez no acto de entrega de premios ao que tamen foi convidado polos arquitectos o exalcalde do Concello de Carnota Moncho Noceda, impulsor do proxecto. Xa van dous anos desde o remate da obra polo que esperamos que non se demore máis a súa entrega aos veciños e veciñas para o seu disfrute.

Beirarrúas do Concello sen arranxar

O máis escancaloso en Lariño e xa vai para tres meses! O Alcalde e a Tenente de Alcalde din no anterior pleno que non se arranxa porque é de carreteras e non van a gastar cartos do Concello. Parece ser que para o goberno local a beirarrúa en Pedrafigueira non é de carreteras e pese a estar en bo estado recórtana máis de 4 metros perxudicando a veciñanza. Cal é o motivo e a urxencia para que aquí si se gasten os cartos do Concello?                       

O BNG de Carnota apoia as concentracións de SOS Sanidade e presenta unha reclamación no Centro de Saúde

  Hoxe mércores están convocadas concentracións en defensa da sanidade pública en todo o país, e o BNG apoia e participará na concentración convocada en Cee para as oito da tarde. Ademais diso, as 13.30 horas, as nosas concelleiras Belén Campos e Pilar Tubío presentaron unha reclamación ante o Sergas na que se pide que volvan as consultas presenciais, co seguinte texto: Como usuario/a do Servizo Galego de Saúde, considero que non hai xustificación algunha para que un ano despois de iniciada a pandemia continúen as restricións para as consultas presenciais, as demoras de ata semanas para acadar unha cita telefónica ou as colas ás portas dos centros de saúde. A Covid 19 non pode servir de excusa para seguir sen atender presencialmente, sobre todo porque supón unha atención moi limitada, especialmente para as persoas maiores, inmigrantes ou para as que teñen dificultade de expresar ou entender. Ademais, non podemos esquecer que a consulta presencial supón proximidade, confianza e seg...

Parabéns á veciñanza da Montaña de Carnota! O seu local social xa é unha realidade

Os veciños da Montaña de Carnota ven cumplido un dos seus desexos, axiña poderán disfrutar do seu novo Centro Social construído no Valadiño. Dita actuación levouse a cabo grazas ao financiamento con cargo ao Plan Único da Deputación da Coruña do ano 2018, aprobado polo anterior goberno do BNG e co apoio unánime de toda a Corporación Municipal, atendendo así as reiteradas demandas veciñais recollidas nas diversas asembleas que tiñan lugar con carácter periódico dando verdadeiro protagonismo ao pobo, mediante unha efectiva participación veciñal. Parabéns a veciñanza da Montaña e agardamos poidan disfrutar dun espazo tan necesario para a dinamización socio-cultural da zona.          

Propostas do BNG no pleno do pasado 5 de abril

No pleno do día 5 de abril pasado dende o BNG fixemos as seguintes propostas: Controlar e selar os distintos vertedoiros incontrolados existentes ao longo do Concello. Algún deles xa foron selados no seu día polo anterior goberno municipal do BNG.   · Arranxo da beirarrua de Lariño , afundida o pasado 11 de febreiro, como consecuencia do último temporal. Vai xa para dous meses e séguese sen reparar co consecuente trastorno para os viandantes que non poden transitar por este punto, véndose na obriga de ir pola estrada xeral, co perigo que iso conleva, e máxime cando, é unha zona moi transitada polas nenas e nenos que van cara a pista polideportiva e o parque infantil da Lomba da Granda.   · Gravación dos plenos . Existe un gran interese por parte da veciñanza de Carnota en coñecer as posturas e puntos de vista dos distintos grupos municipais do Concello nos temas abordados nos plenos, mais aló do que cada grupo publica polas súas vías, para elo, e como xa prantexamos no seu dí...