Saltar ao contido principal

Publicacións

Prestige 18 anos despois

    Fai hoxe 18 anos a Costa de Carnota amanecía cuberta por un gran manto de chapapote procedente do Prestige. Mentras tanto ese mesmo día as rúas de Compostela ateigabanse de milleiros de galegxs que berraban NUNCA MAIS. Non esquecemos a incompetencia dos gobernos do PP que daquela gobernaban o estado e a Xunta, pero sobre todo AGRADECEMOS o gran traballo da marea solidaria que si estivo a altura e que acudeu ao rescate do mar e das xentes que del viven. (Foto sacada de ABC, autor Jaime García)

Preguntas presentadas o día 25 para resposta no pleno do día 26 de novembro. (Parte 2)

Hoxe empezamos coas preguntas que fixemos por escrito presentado o día 25 para resposta no pleno do día 26 de novembro: •         Despois da súa visita a augas de Galiza, cal é o compromiso deste organismo co saneamento de Lariño? Resposta: Reunironse ca directora xeral de Augas de Galicia que xa sabe do proxecto. É a Consellería de infraestructuras quen ten que valorar. Pediron xa unha cita con Ethel Vázquez. Conclusión: Menos mal que en augas de Galiza coñecen o proxecto que fixeron eles! O certo é que despois da tan anunciada reunión segue sen haber compromiso algún por parte de Augas de Galiza co saneamento de Lariño , como xa vimos no publicado na Voz de Galicia do día 24 de novembro.     •         Por que non se publican os contratos menores no perfil do contratante do Concello conforme ao artigo 63.4 da LCSP? Resposta: Foi un problema técnico e xa fixeron hoxe (26/11/20) as publicacións...

INFORMACIÓN ÚLTIMO PLENO 26/11/2020

INFORMACIÓN ÚLTIMO PLENO 26/11/2020 Tal e como nos comprometemos no seu momento, nos vindeiros días imos dar conta do tratado no último pleno ordinario celebrado o pasado xoves 26/11/2020. •         Aprobación por unanimidade da Conta Xeral do exercicio 2019. •         Aprobación por unanimidade do PLAN DE ACCIÓN POLO CLIMA E A ENERXIA SOSTIBLE ao que o Concello adheriuse o 12 de marzo de 2019, co pacto de Alcaldes polo Clíma e a Enerxía. •         Aprobación do Plan Financieiro Económico (PEF) coa abstención do BNG por non contar ca oposición para a súa elaboración nin coñecer a situación económica real do Concello, a pesares de que fai un mes pedimos información neste sentido e non tivemos contestación. Ao suspenderse polo goberno do Estado a regra de gasto este plan xa non é preciso. O plan é para dous anos 2020 e 2021, o 2020 xa está a rematar. Polo que precisamos que o...

VALORACION ACORDO PLENARIO DO PROXECTO MODIFICADO DE MELLORA AMBIENTAL DO CAMPO DE FUTBOL DE LARIÑO

  Despois da aprobación do Proxecto Modificado de Mellora Ambiental do Campo de Fútbol de Lariño adoptado no Pleno Extraordinario celebrado o 5 de novembro queremos compartir con todos o noso posicionamento ao respeito: -           Dende o Grupo Municipal do BNG, valoramos positivamente o cambio da proposta inicial por parte do Goberno Municipal e que se teña en conta o proxecto orixinal impulsado polo anterior  Goberno Municipal do BNG, e aprobado xa en pleno en dúas ocasión, aínda que teña que realizarse en dúas fases. -           Lamentamos enormemente que non se buscase un consenso e non se contase có BNG para sinatura do acordo que firmaron entre o PSOE e o PP, xa que, nesta ocasión, SI estamos dacordo coa proposta de executar o PROXECTO COMPLETO, algo que tanto temos defendido, para non faltar ao respecto á veciñanza de Lariño e darle una resposta o que se ten decidido en ...