Saltar ao contido principal

Publicacións

O Parlamento Galego pide por unanimidade o indulto de Manuel de Talelo

Unha representación de familiares e veciños estivo presente hoxe no debate Xa é unha realidade: o Parlamento Galego posicionouse unanimemente a favor do indulto a Manuel A. Martínez Lustres, tras un debate no que quedou claro que todas as forzas do arco parlamentario comparten unha mesma idea: Manuel non debe pasar nin un só día na cadea . A petición de indulto debatiuse esta mañá ao fío das 12:00 horas, debate seguido por unha representación de familiares e amizades de Manuel e tamén o candidato á alcaldía de Carnota, Milucho Louro. Tamén puido verse en internet desde a páxina do Parlamento. Agora só queda agardar ao que o goberno galego obre en consecuencia e transmita a petición coa máxima urxencia ao goberno do Estado, e a este que comunique xa o indulto a Manuel.

A loita polo indulto de Manuel de Talelo chega ao Parlamento Galego

A proposta do BNG mañá o Parlamento debatirá a partir das 12h a petición de indulto ao goberno, en presenza da familia e as amizades de Manuel Este martes 30 de abril, a partir das 12:00 horas, a Xunta de Portavoces do Parlamento Galego debata a petición de indulto de Manuel A. Martínez Lustres , veciño de Lira condeado á cadea a consecuencia dun enfrontamento con furtivos que faneaban ilegalmente na Reserva Mariña de Lira, debate ao que está convidada unha representación da familia e as amizades do noso veciño. En 2013 producise en Lira un enfrontamento entre un nutrido grupo grupo de furtivos que operan ilegalmente na bisbarra, e que acumulan un rosario de incidentes e denuncias polas súas actividades ilícitas e episodios de violencia, con integrantes do colectivo percebeiro, que acabou con parte dos mariscadores ilegais aporreando a altas horas a porta do fogar familiar de Manuel. Como non o lograron confrontar nese intre, voltaron días máis tarde a Lira para localizalo na súa...

O BNG duplica resultados en Carnota e Galiza mais é insuficiente para devolver a voz galega ao Congreso

A nosa mensaxe de campaña era clara: votar ao BNG para frear a extrema dereita de Vox (con quen todo apuntaba que se desputaba o último escano da Coruña) e devolver a voz do pobo galego a Madrid, ausente dos grandes debates desde que o BNG perdeu a súa representación, ao contrario das forzas nacionais bascas e catalás que si reivindicaron e obtiveron o seu espazo. Parte do pobo galego entendeu a mensaxe e optou por ter voz propia, e o BNG duplicou os seus votos polo que o obxectivo conseguiuse parcialmente, e o BNG impúxose a Vox deixándoos sen ningún escano en Galiza. Porén foi a dereita españolista de Ciudadanos quen se faría finalmente cos últimos escanos en xogo na Coruña e Pontevedra pola fragmentación do nacionalismo, que finalmente imposibilitou que o BNG obteña representación en Madrid, quedándose ás portas malia duplicar os votos obtidos no anterior proceso. O BNG duplica en Carnota En Carnota os resultados do nacionalismo foron positivos, pois recuperou un pulso nas Ele...

Presentamos a candidatura que aspira a converter a Milucho no novo alcalde de Carnota

O BNG presenta á veciñanza de Carnota unha candidatura renovada que aspira a refrendar a súa confianza maioritaria e converter a Milucho Louro no novo alcalde de Carnota, continuando co gran traballo de recuperación municipal iniciado por Moncho Noceda mais insuflándolle ao novo proxecto toda a súa experiencia, imaxinativa e bo facer. Candidatura do BNG de Carnota Candidatura Emilio Louro Lamela, “Milucho” Belén Campos Díaz Manolo Souto Barreiro Pilar Tubío Lariño Iván Franco Caamaño Susana Riveiro Siaba Nicola Lurie Mitchell Jorge Fiuza Barreiro Cecilia Caamaño García Jesús Manuel Caamaño Caamaño, "Chuchú" Ramón Noceda Caamaño Suplentes Marupe Armendáriz Villar Cándido Caamaño Lado, “Marcelino” Fátima Dosil Caamaño Marisa Agulleiro Malvarez Marcelino Saborido Lago, “Marcelo” Agustín Lamela Caamaño, “Curral” María Socorro González Otero María Manuela Núñez Garcia Iago Maceiras Dosil Cea-Presentación da candidatura Convidamos á veciñanza de Carnota a a...

Moncho Noceda, nº 11 do BNG de Carnota

Foto: La Voz de Galicia Pechando o tramo titular da candidatura do BNG de Carnota, no nº 11, concurre Ramón Noceda Caamaño , Moncho O Roxo, histórico militante nacionalista e alcalde durante un total de catro mandatos, quen agora decidiu poñer punto e final á súa traxectoria á fronte do goberno municipal, ao atoparse xa próximo á idade legal de xubilación. Pouco queda sen dicir aínda deste veciño de Lira, natural de Lariño, que o foi todo dentro e fóra do Concello. Operario de profesión, e moi querido entre veciñanza e camaradas pola súa humildade, sempre fixo gala dun inmenso compromiso por Galiza que o levou desde rapaz a militar no nacionalismo na clandestinidade, nuns tempos onde iso implicaba o enfrontamento directo coas autoridades policiais dun réxime franquista que se negaba a desaparecer. Moncho (2º pola der.) de sentada na Praza de Galiza en 1983 Moncho viviu de pleno aqueles convulsos e á vez ilusionantes anos nos que o nacionalismo saía da clandestinidade para c...

Jesús Caamaño, Chuchú, nº 10 do BNG de Carnota

Unha das novidades da nosa candidatura é a entrada na lista, por primeira vez, de Jesús Manuel Caamaño Caamaño, "Chuchú" , veciño de Portocubelo (Lira) e membro dunha familia moi querida da parroquia ao igual que o seu pai, de quen herdou o apodo polo que toda a veciñanza o coñece. Chuchú é ante todo un mariñeiro, que na actualidade presta os seus servizos na lancha de Salvamento Marítimo con base no porto da Coruña. Porén aproveita a máis mínima ocasión para voltar ao seu lugar, onde está a rehabilitar a casa que foi do seu avó na mesma beira do Océano Atlántico. Por todo o que representa este sector no noso Concello e como non podía ser doutro xeito, tamén no proxecto do BNG de Carnota, Chuchú incorporase nun posto simbólico da candidatura, lonxe dos postos de saída, pois os seus compromisos profesionais impídenlle facelo máis arriba. Porén, faino co entusiasmo e implicación de quen o fai nos postos de saída, convencido non só do positivo que o proxecto do BNG ten par...

Cecilia Caamaño, nº 9 do BNG de Carnota

Cecilia Caamaño García é a persoa que ocupará o 9º posto do novo equipo do BNG de Carnota liderado por Milucho Louro; é veciña de Mallou e traballa nun hipermercado. Xa é a segunda vez que Cecilia participa na nosa lista e malia ser independente asiste, sempre que pode, ás Asembleas locais do BNG, onde sempre mantén unha actitude moi positiva e constructiva. Ademais leva 4 anos realizando un bo traballo de transmisión das propostas e problemáticas do seu lugar e da súa asociación veciñal ao goberno municipal, o que permitiu resolver varios problemas detectados no lugar. Confiamos plenamente nela para seguir facendo ese traballo no futuro e representando tan ben como ata agora á súa veciñanza.