Saltar ao contido principal

Publicacións

Resumo do acto de presentación de Milucho Louro como candidato do BNG á alcaldía de Carnota

Para que a nosa veciñanza que está fóra tamén poida coñecer o noso novo proxecto para Carnota, colgamos un video-resumo duns 13 minutos do acto de presentación do noso novo candidato á alcaldía do Concello de Carnota. Podedes ver as intervencións nesta orde: 0:00: Moncho Noceda , alcalde de Carnota 3:53: Ana Pontón , portavoz nacional do BNG 7:08: Milucho Louro , novo candidato do BNG á alcaldía de Carnota Axiña colgaremos as intervencións completas.

A veciñanza arroupa a Milucho Louro no inicio da súa andaina cara a alcaldía de Carnota

O salón de actos do Concello ateigouse esta fin de semana para acoller a posta en escea da nova aposta do BNG de Carnota para renovar a confianza da veciñanza e asi aspirar a revalidar a alcaldía: Emilio Louro Lamela, Milucho, un vello coñecido de todo o pobo de Carnota pola súa intensa vida profesional e social, dedicada ao mar e ao tecido veciñal. O acto iniciouse coa intervención do alcalde de Carnota, Ramón Noceda , na antesala dunha xubilación que porá o broche a unha exitosa carreira política na que acadou a alcaldía de Carnota ata en catro ocasións, de feito todas as veces que se presentou. A veciñanza agradeciu a súa traxectoria cun extensisimo aplauso que emocionou profundamente a Moncho e tamén ao seu equipo. O aínda alcalde de Carnota pasou a repasar o enorme esforzo para recuperar un Concello que recolleron en 2011 completamente arruinado, coas contas intervidas e con risco grave de interrupción dos servizos básicos, penosa realidade que en só 8 anos traduciu nun escen...

O BNG rexeita a celebración dunha matanza de raposo en Carnota

O BNG de Carnota tivo coñecemento por canles extraoficiais das intencións de organizar un "campionato" consistente na matanza indiscriminada de raposos nos montes do noso Concello o vindeiro sábado 26 de xaneiro. Desde este medio queremos aclarar que a actividade non conta coa autorización do Concello de Carnota, e no caso de que esta sexa solicitada será rexeitada, pois o executivo local, conformado integramente por membros do BNG, rexeita calquera forma de crueldade contra os animais e moito máis este tipo de eventos que baixo o disfraz de actividade deportiva veñen a promover a matanza indiscriminada de animais. O evento que pretendería organizarse nin sequera ten que ver coa caza tradicional, pois o raposo carece de interese cinexético; tanto é asi que en eventos similares os exemplares abatidos van directamente para o contedor de lixo. Por outra parte no BNG de Carnota non nos consta que exista informe técnico ou científico algún que ilustre algún problema coa poboa...

Presentamos ao noso candidato Milucho Louro

Comprácenos convidarte a acompañarnos na presentación de Emilio Louro como candidato do BNG á alcaldía de Carnota. Será o vindeiro sábado 26 de xaneiro ás 20:00 horas no Salón de Actos do Concello.  Tamén participarán no acto Moncho Noceda e a nosa portavoz nacional Ana Pontón.  Ao remate ofreceremos uns pinchos no Comba. Agardamos contar contigo!

Pecha a última cooperativa téxtil de Carnota deixando na rúa 25 veciñas

O goberno municipal solidarízase coas vítimas dun peche motivado polo dumping de INDITEX, e apoiará a continuidade da iniciativa O drama do desmantelamento do sector da confección téxtil galega cóbrase unha nova vítima no noso territorio: a cooperativa de Lamas de Castelo acaba de pechar as súas portas deixando na rúa as súas 5 socias e 20 empregadas. Esta era xa a última iniciativa destas características que seguía operando no noso Concello, polo que se consuma o desmantelamento total dun sector que empregou durante anos a ducias de mulleres e que agora en boa parte se ven excluídas do mundo do traballo. O peche obedece ao cambio de criterios de INDITEX, empresa para a que subministraban a forza do seu traballo, en canto á diminución do prezo que o xigante téxtil lles aboa por cada prenda confeccionada. A merma é tal que pode considerarse un auténtico dumping , tan grave e repentino que literalmente as socias da cooperativa tiveron que tomar a decisión de pechar a porta por non...

Unha comitiva da pesca artesanal galega visitou Bruxelas convidada polo BNG

A representación galega presentou ante as institucións europeas as demandas do noso sector pesqueiro Unha nutrida comitiva organizada a instancias do BNG e da europarlamentaria Ana Miranda , visitou Bruxelas esta semana. No grupo participou tamén o noso flamante candidato Milucho Louro , asi como o noso veciño Primitivo Pedrosa , entre outros axentes sociais e tamén medios de comunicación de Galiza e da comarca. A visita, por duración de dous días, incluíu, a parte das visitas de orde á sede do Europarlamento e á Comisión de Pesca, unha axenda de encontros e reunións nos que os axentes sociais puideron expor as súas inquedanzas e tamén efectuar as súas demandas. Representantes da Costa da Morte. Fonte: QPC O luns a axenda pasou por unha entrevista con Gabriel Mato , poñente do informe aos Fondos Europeos de Marisqueo e Pesca 2021-2027, ao que lle trasladaron as inquedanzas do sector pesqueiro galego, que o BNG presentará en forma de enmendas. O responsábel do informe amosou ...

Renóvase Galiza Nova na Costa da Morte

O ceense Pablo Álvarez e a camariñá Noela Rial liderarán a organización xuvenil na nosa comarca Pablo Álvarez e Noela Rial, novos dirixentes de Galiza Nova A mocidade do BNG, organizada en Galiza Nova , conta desde esta semana con novos referentes na nosa comarca. Ocupará a responsabilidade comarcal Pablo Álvarez , veciño de Cee de 21 anos, estudante de Ciencias Políticas e grande artífice e referente na loita pola recuperación ao patrimonio público do Castelo do Príncipe da Ameixenda. Acompañaranos coma vicerresponsábel a moza camariñá Noela Rial e Tomás Facal , veciño de Zas, nas tarefas de organización. “Afrontamos esta nova etapa con moitísima ilusión e co obxetivo de facer chegar as nosas ideas e inquedanzas a mocidade de toda a Costa da Morte, e por suposto tentando atraer a todas as mozas e mozos que pensan como nós e que aínda non se atreveron a dar o paso de achegarse, mais sen dúbida tamén a todo aquel que estea desposto a pelexar por un futuro na nosa te...