A representación galega presentou ante as institucións europeas as demandas do noso sector pesqueiro Unha nutrida comitiva organizada a instancias do BNG e da europarlamentaria Ana Miranda , visitou Bruxelas esta semana. No grupo participou tamén o noso flamante candidato Milucho Louro , asi como o noso veciño Primitivo Pedrosa , entre outros axentes sociais e tamén medios de comunicación de Galiza e da comarca. A visita, por duración de dous días, incluíu, a parte das visitas de orde á sede do Europarlamento e á Comisión de Pesca, unha axenda de encontros e reunións nos que os axentes sociais puideron expor as súas inquedanzas e tamén efectuar as súas demandas. Representantes da Costa da Morte. Fonte: QPC O luns a axenda pasou por unha entrevista con Gabriel Mato , poñente do informe aos Fondos Europeos de Marisqueo e Pesca 2021-2027, ao que lle trasladaron as inquedanzas do sector pesqueiro galego, que o BNG presentará en forma de enmendas. O responsábel do informe amosou ...