Saltar ao contido principal

Publicacións

«Temos un Concello único, o máis parecido ao paraíso»

Entrevista a Emilio Louro, novo candidato do BNG de Carnota Quen é Milucho? Son un veciño de Lariño de 52 anos que desenvolvin a maior parte da miña vida profesional, nada menos que 26 anos, na Confraría de Pescadores de Lira; participo activamente no movemento asociativo veciñal, sendo presidente da AA.VV. de Lariño durante 9 anos, e tamén son patrono da Fundación Lonxanet para a pesca sostible desde o 2001. Que sentistes cando a militancia do BNG che elixiu de candidato? Gran satisfacción e agradecemento polo nivel de respaldo e consenso da militancia, e ao mesmo tempo a enorme responsabilidade de ter que continuar un traballo encomiábel. Como asumes o testemuño de 8 anos de goberno do BNG? O equipo de goberno fixo fronte ao saneamento das contas municipais, malia o que foi quen de cumprir en gran medida o seu programa e de facer participe a veciñanza da vida municipal, un gran traballo de transparencia. No caso de chegares a alcalde, cal será a túa estratexia? Seguir na mesma sen...

Emilio Louro, novo candidato do BNG á alcaldía de Carnota

Moncho Noceda pon fin á súa traxectoria na alcaldía cunha aposta pola continuación do proxecto do BNG e pola renovación das ideas Emilio Louro, Milucho, candidato do BNG Carnota A Asemblea Local do BNG de Carnota proclamou esta tarde por unanimidade a Emilio Louro Lamela , máis coñecido entre a nosa veciñanza coma Milucho, como novo candidato do BNG á alcaldía de Carnota. A decisión chegou despois dun proceso de reflexión interna iniciado logo de que Moncho Noceda, actual portavoz e rexedor do noso municipio, comunicara recentemente á Asemblea a súa intención de poñer fin á súa etapa na alcaldía de Carnota, ao atoparse xa preto da súa idade de xubilación. Foi precisamente Moncho o encargado de transmitirlle a Milucho que fora proposto pola asemblea. Finalmente aceptou, segundo explicou, pola necesidade de continuar co proxecto nacionalista que levou a Carnota en só oito anos de ser un concello intervido e ao borde da insolvencia a ser viábel e estar saneado, mantendo e mesmo mello...

Sumar por Galiza: acompáñanos este 25 de xullo, Día da Patria, en Compostela

O BNG traslada ao Parlamento o retraso nas obras de saneamento en Carnota

Luís Bará: “Leva dez anos de demora e estamos ante un problema de saúde, de contaminación e de imaxe nunha zona de gran afluencia turística” O BNG trasladou ao Parlamento o longo retraso acumulado nas obras de saneamento na localidade do Pindo no Concello de Carnota, o que deriva nun problema de saúde pública, ambiental e mesmo de imaxe nun municipio que ten unha gran actividade turística pois conta con dous dos reclamos do patrimonio natural máis importantes e valiosos de Galiza como é a fervenza do Ézaro e o Monte Pindo. “Parécenos bochornoso, escandaloso, vergonzoso, que a obra estea aínda sen rematar, entendo as dificultades, pero tras o tempo transcorrido é incomprensible que estean sen finalizar, e de aí a mobilización veciñal ante unhas verteduras que son moi preocupantes”, salientou o deputado Luís Bará, portavoz do BNG na Comisión de Política Territorial, mentres mostraba imaxes deses vertidos ao director de Augas de Galiza, Roberto Martínez a quen pediu explicacións polas o...

A Moa, o voceiro local do BNG de Carnota, a piques de cumprir 35 edicións e 22 anos de historia

O BNG de Carnota logrou reunir e publicar, grazas á colaboración veciñal, todos os exemplares antigos Portada do nº 8 , lanzado en 1997 Se hai algo tradicional na política local de Carnota son os tránsfugas, e a revista A Moa , voceiro local do BNG e Galiza Nova de Carnota. Non casualmente chámase coma a atalaia do Olimpo Celta, desde a que se vixían desde millóns de anos os devires das terras bañadas pola fouce de Carnota, e desde a que levamos case un cuarto de século informando a toda a veciñanza de Carnota diseminada polo mundo adiante da actualidade do seu Concello desde a óptica do nacionalismo local, e tamén denunciando, sempre cun punto de vista retranqueiro e incisivo, as numerosas trapalladas que por desgraza se teñen cometido nestes confíns. Os cadriños da Moa, sempre cheos de humor e reivindicación A piques de cumprir os seus 22 anos e 35 edicións, A Moa fixo sitio nos nosos fogares para todo tipo de contidos: novas de actualidade, resultados electorais, sisudas aná...

Contra os cheiros no Pindo temos que movernos!

Panorámica da praia de San Pedro. Fonte: turismo.gal O BNG de Carnota comparte absolutamente o cansanzo manifestado pola veciñanza do Pindo por mor dos cheiros que endemicamente afectan á praia de San Pedro, e súmase sen paliativos ao maioritario rexeitamento desta situación lamentábel nunha das praias e localidades máis fermosas do noso concello. A falta dunha, o Pindo conta con dúas redes de saneamento máis ou menos operativas; porén a Xunta segue a dilatar o ansiado momento da conexión, e tras oito anos de obras que nunca parecen acabar, seguimos sufrindo este mal con maior incidencia aínda no verán, empeorando a calidade de vida da veciñanza e ofrecendo unha imaxe deplorábel do noso municipio a visitantes que acoden a Carnota coma un referente turístico saudábel, de calidade e con respecto ao medio ambiente, mais que se levan deste lugar unha sensación ben distinta. O goberno municipal convocará en próximas datas a unha xuntanza a todos os axentes sociais para procurar unha ...

Carnota, encrucillada de caravanas

Ata 46 caravanas contaron onte na cabeceira da praia de Maceiras. Fonte: FB Carnota A Coruña . O BNG valora que Carnota é un municipio extremadamente atractivo para as caravanas e de feito xa leva varios anos sendo un dos destinos preferidos na nosa nación para as persoas apaixoadas deste tipo de turismo; mais desgrazadamente o noso Concello aínda non conta cunhas instalacións apropiadas para esta actividade, polo cal cada ano veñen repetíndose problemas de convivencia entre estas e outras formas de disfrutar do verán na nosa terra, e coa propia veciñanza. Porén este ano a situación desbordouse completamente coa chegada masiva de caravanas e ante o efecto chamada de varias redes sociais que promocionaron este destino desde un enfoque pouco respectuoso co entorno e irresponsábel. Isto obrigou ás autoridades locais a adoptar medidas urxentes coma o peche ao tráfico rodado de determinadas vías e o desaloxo de zonas costeiras absolutamente ateigadas de caravanas que converteran o eco...