Entrevista a Emilio Louro, novo candidato do BNG de Carnota Quen é Milucho? Son un veciño de Lariño de 52 anos que desenvolvin a maior parte da miña vida profesional, nada menos que 26 anos, na Confraría de Pescadores de Lira; participo activamente no movemento asociativo veciñal, sendo presidente da AA.VV. de Lariño durante 9 anos, e tamén son patrono da Fundación Lonxanet para a pesca sostible desde o 2001. Que sentistes cando a militancia do BNG che elixiu de candidato? Gran satisfacción e agradecemento polo nivel de respaldo e consenso da militancia, e ao mesmo tempo a enorme responsabilidade de ter que continuar un traballo encomiábel. Como asumes o testemuño de 8 anos de goberno do BNG? O equipo de goberno fixo fronte ao saneamento das contas municipais, malia o que foi quen de cumprir en gran medida o seu programa e de facer participe a veciñanza da vida municipal, un gran traballo de transparencia. No caso de chegares a alcalde, cal será a túa estratexia? Seguir na mesma sen...