Saltar ao contido principal

Publicacións

Os nosos resultados

Publicamos o desglose de resultados por mesa das Eleccións Municipais do Concello de Carnota 2015. Resultados totais Caldebarcos  Carnota  Lariño  Lira  O Pindo  San Mamede

O povo é quem mais ordena!

O BNG obtén a maioría absoluta en Carnota tras obter 1.271 votos e 6 edís Por unha vez fíxose o imposíbel e o equipo liderado por Moncho Noceda deu a sorpresa despois de medrar 228 votos con respecto a hai catro anos e de vencer en 5 das 6 mesas electorais do Concello de Carnota. En total a candidatura do BNG - Asembleas Abertas obtivo 1271 votos , o 49,42% dos sufraxios a partidos que se emitiron, mentras que hai catro anos obtivera 1043 votos, o 34,05% dos emitidos. O PP, que hai catro anos fora o partido máis votado con 1383 votos, o 45,15% dos emitidos, sufriu un retroceso de 560 votos, situándose nas 823 papeletas, un 32% do total. O PSOE pola súa banda tamén descende en votos, e se hai catro anos obtivera 637 votos, o 20,8% do total, nesta ocasión perde 159 e quédase con 478, o 18,58% do total. Asi, en base á lei d'Hondt, os resultados finais son de 6 edís do BNG, 3 do PP e 2 do PSOE , quedando a Corporación Municipal 2015-2019 configurada do seguinte xeito: Moncho N...

Oreiro e Marisol deberán devolver os cartos que lle custou á veciñanza o seu «enchufe»

O BNG xa prepara a súa acción popular no proceso contra os candidatos nº 1 e 3 do PP de Carnota por enchufar cando gobernaban Logo de que o Tribunal Superior de Xustiza (TSXG) admitira o exercicio da acción popular por parte do BNG, a nosa organización anuncia que ademais das responsabilidades políticas vai esixirlle a José Oreiro e Marisol Piñeiro a restitución íntegra do prexuízo económico que o seu «enchufe» lle provocou ás arcas municipais do Concello de Carnota. Dito doutro xeito, se o Xulgado finalmente condena aos procesados polos delitos de prevaricación que investiga , José Oreiro e Marisol Piñeiro deberán responder solidariamente, do seu peto, por cada céntimo saído das arcas municipais destinado a financiar ese contrato e as súas sucesivas prórrogas. O BNG considera que non abonda con que sexan inhabilitados senón que a única forma de facer verdadeira xustiza será o resarcimento económico íntegro dos danos económicos que o seu proceder presuntamente ilegal lle causou ao Co...

A mocidade terá un centro xuvenil en Pedramarrada e un festival de rock

A aposta do Concello de Carnota pola cultura e a mocidade reforzarase na vindeira lexislatura cunha serie de actuacións que xa está a concretar coa mocidade activa do Concello. O edificio de Pedramarrada albergará un Centro Xuvenil se a Xunta non nos devolve o Centro de Día A proposta máis notábel será a creación dun Centro xuvenil en Pedramarrada , no edificio hoxe en desuso do Centro de Día. No caso de que a Xustiza non revirta o discutido traslado deste servizo ao veciño concello de Muros imos destinar este edificio a Centro Xuvenil en acordo con varios colectivos, un lugar onde a mocidade do Concello poida reunirse e organizarse, e dispoña dunhas instalacións con conexión a Internet, ludoteca, biblioteca xuvenil e local de ensaio, entre outros servizos. A intención é que esta nova instalación non sexa un contedor pechado senón que teña unha dinámica propia e que a mocidade non só sexa usuaria senón peza clave do seu funcionamento, para que o centro se adapte ás necesidades da xe...

Axenda de mitins

Mitin do BNG en Quilmas Venres 15 de maio ás 20:00h na praza do lugar Mitin do BNG en Lariño Sábado 16 de maio ás 20:00h no Centro Social José de Torea Mitin do BNG no Pindo Domingo 17 de maio ás 18:00h no Colexio Público do Pindo Mitin do BNG en Mallou Luns 18 de maio ás 20:00h no Centro Social Mitin do BNG en Cornido Martes 19 de maio ás 20:00h diante do taller de Nacho Porto Mitin do BNG en Canedo Mércores 20 de maio ás 19:00h diante do Parque Infantil Mitin do BNG en Louredo Mércores 20 de maio ás 20:00h no Cruceiro Mitin do BNG en Pedrafigueira Xoves 21 de maio en horario por confirmar no medio do lugar Mitin de peche de campaña BNG en Lira Venres 22 de maio ás 20:00h na Casa do Mar

Suso Campos: de autoproclamado azote da corrupción a encubridor de delitos en menos de catro anos

Avanza a campaña e cada día a veciñanza está máis perplexa ante o radical cambio de discurso do candidato do PSOE de Carnota, Suso Campos. Toda Carnota ten moi fresco na memoria cando hai catro anos no debate televisado a tres bandas entre BNG, PSOE e PP de Carnota na televisión do Barbanza , Campos coincidía co BNG en afearlle ao daquela alcalde de Carnota polo PP José Oreiro as súas sucias políticas de enchufismo, e o custe que o pago de favores do PP lle estaban supoñendo á veciñanza. Naquel debate o candidato do PSOE mesmo atreveuse a sinalar con nome e apelidos casos concretos de "enchufes" do PP no Concello, acusacións que por certo tiveron un gran impacto para o Concello en xuízos posteriores ao seren utilizadas recorrentemente por ex-empregados para alegar que sufriron unha persecución política. Sen embargo a xornada electoral de 2011 mudou radicalmente o panorama, sobre todo para o aspirante socialista. Lonxe de asumir o correctivo sufrido nas urnas polo PSOE, coa ...

Carnota acolle mañá un acto nacional do BNG

O BNG quixo que a Costa da Morte estivera no seu calendario de actos nacionais, polo que se achegará ao Concello de Carnota mañá martes 12 de maio ás 19:30h no Salón de Actos da Casa do Concello . O acto estará presentado pola nº 3 da candidatura do BNG de Carnota Belén Campos , e contará coas intervencións de Begoña Pérez  (que cos seus 19 aniños é a candidata máis moza da historia de Carnota), Cecilia Caamaño (nº 9 da candidatura), Iván Franco (nº 2 da candidatura), Xabier Vence (portavoz nacional do BNG) e finalmente Moncho Noceda , o noso candidato á alcaldía de Carnota. O acto estaba convocado xusto cando a campaña acaba de dar un tombo ao coñecerse a imposición de cadansúa fianza de 10 mil euros aos dous candidatos do PP en Carnota José Oreiro e Marisol Piñeiro (concelleiros os dous e deputada autonómica do PP esta última), no proceso que o TSXG ten aberto contra eles por supostos delitos de prevaricación cando gobernaban Carnota, e sen que polo momento teñamos const...