A seguir reproducimos a Carta Aberta que o equipo de goberno municipal acaba de remitirlle á veciñanza de Carnota en cumprimento do seu compromiso programático de transparencia na xestión municipal. Estimados veciños e veciñas, Primeiramente, dende o Equipo de Goberno pedímosvos perdón polo tempo transcorrido dende a primeira carta á veciñanza e esta segunda. As difíciles circunstancias vividas no Concello, que todos e todas coñecedes, e a falla de datos económicos concretos fixeron que a presente información se fose atrasando. Cúmprense xa 3 anos e 6 meses do noso Goberno e todo este tempo serviunos para descubrir ata que punto Carnota enfrontaba unha situación tan crítica que, por veces, mesmo parecía insalvable. Con esta carta, escrita desde a humildade e tras un profundo exercicio de autocrítica, pretendemos informar a toda a veciñanza dos pasos e das medidas que adoptou este Equipo de Goberno para conseguir que o noso Concello sexa viable. Primeiro, debemos recoñecer que n...