Saltar ao contido principal

Publicacións

Mallou acollerá a vindeira charla explicativa sobre a Lei de Augas

Logo do éxito das celebradas en San Mamede e Caldebarcos , o BNG de Carnota continúa agora en Mallou a súa campaña informativa porta a porta sobre a Lei de Augas pola cal a Xunta pretende estabelecer gravames por toda utilización da auga por parte dos veciños, incluso os pozos particulares e as traídas veciñais. A charla informativa terá lugar no local veciñal de Mallou o xoves 23 de decembro, ás 8 da tarde. Convidamos a toda a veciñanza a asistir para conseguir que estas charlas sigan sendo tan participativas e resolutivas como o foron ata agora, e que a ninguén lle queden dúbidas sobre o alcance real desta Lei, que o Partido Popular na Xunta de Galicia pretende aplicar estratéxicamente só unha vez pasadas as eleccións municipais. Novas relacionadas O BNG explicaralle este domingo a Lei de Augas aos veciños de Caldebarcos O BNG vai explicar a Lei de Augas en todas as parroquias, comezando este domingo no Viso Consulta o texto oficial da Lei de Augas (PDF)

O BNG explicaralle este domingo a Lei de Augas aos veciños de Caldebarcos

Ducias de veciños achegáronse o pasado domingo ao Viso Tras o éxito da charla desenvolvida a semana pasada en San Mamede , o BNG de Carnota prosegue coa súa labor informativa explicando porta por porta as consecuencias da Lei de Augas , da que canto máis vamos sabendo máis prexuízos detectamos para as economías familiares da nosa veciñanza, nuns tempos particularmente difíciles. Ramón Noceda e Antón Beiro Asi, a nova cita será este domingo 19 de decembro para os veciños e as veciñas de Caldebarcos e Panchés, comezando puntualmente ás 12:00 da mañá nas Escolas de Caldebarcos . Se queredes coñecer como vos afecta a Lei de Augas na vosa situación (como persoa usuaria ou asociada ás diferentes comisións veciñais de augas) non dubidedes en achegarvos a Caldebarcos pois poderedes preguntar todas as dúbidas e expresar a vosa opinión. Tamén podedes consultar os contidos da Lei de Augas na seguinte ligazón . Novas relacionadas O BNG vai explicar a Lei de Augas en todas as parroq...

O BNG vai explicar a Lei de Augas en todas as parroquias, comezando este domingo no Viso

O BNG de Carnota vai comezar desde este mesmo domingo 12 de decembro, ás 17:00 horas no Campo do Viso (San Mamede), a explicar por todas as parroquias do municipio as consecuencias da Lei de Augas impulsada polo Partido Popular na Xunta de Galicia, que suporá cambios como que se pasarán a tarificar a auga de traídas e pozos particulares ao mesmo custo que o do servizo municipal. O BNG denuncia que esta medida ten unha clara motivación recadatoria e vai ser enormemente regresiva para as economías familiares, pois ademais de cobrarlles o seu propio abastecemento de auga obrigará a que a veciñanza asuma os custos dun contador homologado, baixo ameaza de multas de ata 30.000 euros de non facelo. Asi mesmo desaparecen as exencións existentes para os núcleos por debaixo de 2.000 habitantes, que son sen ir máis lonxe todos os de Carnota. Ademais entende o BNG que desde as institucións, especialmente naquelas gobernadas polo PP, estase a ocultar a verdadeira dimensión desta medida. A esta ...

Moncho Noceda será o candidato do BNG á alcaldía de Carnota

A militancia do BNG decidiu o pasado sábado que Ramón Noceda Caamaño (Lariño, 1954) sexa o novo candidato do BNG á alcaldía de Carnota. A decisión adoptouse durante a última Asemblea Local que rexistrou a participación do 85% da militancia, e que tamén serviu para nomear as persoas que completarán os postos de saída da candidatura nacionalista nas vindeiras Eleccións Municipais, e que estará caracterizada pola profunda renovación, pola importantísima presenza de mulleres e por verse nela representadas todas as parroquias do municipio. “Traballamos”, adianta Ramón Noceda, “para presentarlle á veciñanza un equipo ilusionante, formado por persoas moi válidas e tamén moi coñecidas e queridas polos seus veciños, que deben ser quen de sacar o concello de Carnota adiante”. A respecto da actual situación en Carnota, afirma que “A crise fainos dano, pero non máis que a calquera concello da redonda; en cambio nós temos máis débeda, máis emigración e máis destrución de emprego e servizos. F...

O xesto do concello de Ames fai desconvocar a folga do lixo en Carnota

A pesar de que o Concello de Carnota deu as espaldas ás demandas dos traballadores de recollida do lixo , o que levou á folga indefinida neste servizo, finalmente puido producirse un achegamento entre as partes despois de que a corporación do Concello de Ames aprobara a moción dos traballadores de Servia, coa unanimidade dos votos de PP, BNG, e PSOE, adquirindo o compromiso de facerlle fronte aos pagos, cousa á que Carnota se negara días antes. Asi a folga foi inmediatamente desconvocada e sen traer consigo males maiores: os servizos mínimos e a propia responsabilidade dos traballadores posibilitou que no caso de Carnota apenas se notase un empeoramento do servizo e que case non se produciran os temidos episodios de amoreamentos de bolsas de lixo nas rúas do noso municipio. Afortunadamente a folga da recollida do lixo xa é historia, mais a actitude do goberno municipal segue a preocuparlle e moito aos veciños: En lugar de buscar solucións a un problema de tal transcendencia, o exec...

Folga indefinida na recollida do lixo de Carnota

A insensibilidade e os continuos impagos do goberno municipal levaron aos 150 traballadores da planta de tratamento de residuos de Servia (Lousame) a votar onte a favor da folga indefinida da recollida do lixo no concello de Carnota, pois a súa débeda, que se estima que ascenderá a un millón de euros a finais da lexislatura, ameaza seriamente a continuidade desta planta, considerada das máis limpas e eficientes do estado español. E todo a pesar dos intentos por evitalo do actual presidente da mancomunidade e alcalde de Muros, o nacionalista Domingos Dosil. Xa a finais de outubro Euloxio Franco, concelleiro do BNG de Carnota, advertira seriamente de que ou o goberno municipal se poñía as pilas ou "só será cousa de tempo ver por primeira vez en Carnota imaxes de bolsas de basura amoreadas na rúa durante meses". En vez de facerlle caso ás advertencias do BNG e atender as demandas destes traballadores (varios deles veciños de Carnota), o goberno preferiu ignorar o problema e...

Crean unha asociación para promover o Parque Natural do Monte Pindo

A asociación Monte Pindo Parque Natural botou a andar para reclamar desde a veciñanza o que a clase política non tivo a habilidade de liderar, que é nin máis nin menos que a causa en favor da declaración de parque natural para o Monte Pindo, símbolo deste municipio e tamén de toda a Costa da Morte. Xilberto Caamaño, recén elixido presidente, xa afirmaba na web da asociación que « ningún galego entendería que a Catedral de Santiago estivese abandonada, ou queimara cada dez anos; pois o Monte Pindo é a nosa catedral ». Boa mostra do que di é que nos seus primeiros pasos a causa xa suma arredor de 1.500 apoios por Internet, onde está presente en varias plataformas sociais, e avanza cara o medio centenar de socias e socios de todas as procedencias, segundo afirman desde a asociación, que inclúe na súa directiva a unha persoa de cada localidade, en total 11 vogalías territoriais, co que buscan garantir a pluralidade e a proximidade á veciñanza. O BNG de Carnota saúda esta idea á que exp...