As débedas de varios concellos, destacando os 725 mil euros do executivo carnotán, sitúan ao borde do abismo a planta de tratamento de residuos máis eficiente do estado español Representantes do BNG dos nove concellos que integran a mancomunidade Serra do Barbanza (Ames, Brión, Carnota, Lousame, Muros, Noia, Pontecesures, Porto do Son e Rois) reuníronse en Noia para reivindicar a viabilidade económica e ambiental do planta de Lousame, así como a súa aposta decidida polos sistemas de compostaxe para a xestión dos lixos, cuxo excelente funcionamento no caso de Servia o levou a obter diversos recoñecementos. De feito, todas as comparativas deixan en moi mal lugar a SOGAMA, o buque-insignia do modelo de xestión de residuos do PP: Servia é un 30% máis barato, contamina menos, recicla máis e mellor e tamén xera máis postos de traballo. Tal vez isto explique o empeño do PP en tratar de dificultar a súa supervivencia, sexa a nivel Xunta ou concellos: Servia é a demostración de que ...