Desde que puxemos este espazo a andar arredor do ano 2005, as cifras de visitantes a esta web non deixan de sorprendernos. O que foi en principio unha páxina concebida para dar a coñecer dun xeito áxil os posicionamentos políticos do BNG aos veciños, e tamén a recoller as súas inquedanzas, agora sérvelle a miles de persoas de todo o mundo para poder manter -aínda que sexa de xeito virtual- un pe no noso concello e saber o que pasa nel. Só no primeiro semestre deste ano, algo máis de 2.300 persoas accederon a esta páxina. Esa é, probabelmente, unha cifra moi superior a todos os habitantes de Carnota con acceso á "rede de redes". Pero é que ademais, estas visitas prodúcense ao longo e ancho do globo terráqueo. Asi, se ben as visitas proceden amplamente de Carnota e das sete grandes cidades galegas, moitas visitas veñen de lugares tan dispares como España, Catalunya, Euskadi, Canarias, Reino Unido (cunha sorprendente profusión de visitas irlandesas) e outros destinos europeos tr...