Silencio escandaloso do goberno municipal do PP ao respecto O pasado sábado o BNG de Carnota e varios portavoces veciñais reuníronse no Pindo co deputado nacionalista na Deputación de Pontevedra e experto na materia César Mosquera, para analisar os prexuízos extremos que implicará o novo Plan de Ordenación Litoral (POL) para os e as residentes no noso concello e as súas propiedades. A análise da reunión serviunos tamén para descubrir o oscurantismo co que o PP está a tramitar a norma, alcanzando no noso concello dimensións de silencio escandaloso , xa que nin alcalde nin outro membro do goberno fixeron unha soa alusión pública ao proxecto, malia ser Carnota o concello galego máis afectado pola nova norma . Máis de mil vivendas das veciñas e veciños de Carnota, arredor da metade das existentes , van quedar gravemente afectadas, asi como o 90% do chan urbanizábel , se chega a aprobarse este Plan nos termos previstos na actualidade. Sobre as consecuencias desta normativa sobre esas vivend...