A plataforma Queremos Galego , que engloba unhas 700 asociacións, conseguiu hoxe que a súa convocatoria coincidente co Día das Letras Galegas abarrotara a praza do Obradoiro de Compostela, grazas a decenas de miles de persoas chegadas desde todos os puntos da nosa xeografía desafiando o sol abrasador e a xornada non laboral nin lectiva. O inmenso continxente humano partía ás 12 da Alameda compostelá detrás dunha faixa co lema "O galego, a forza do noso amor", frase de Uxío Novoneyra, o escritor homenaxeado con motivo desta xornada de reivindicación das nosas letras. A xornada transcorreu nun ambiente cordial e festivo durante a que non houbo que lamentar ningún incidente, e no medio dun forte descontento pola substitución das políticas lingüisticas consensuadas por todos os axentes sociais e políticos por un novo decreto que, no caso de ir adiante, sería co único apoio do PP e de colectivos marxinais abertamente contrarios á utilización normal do galego na nosa sociedade. Mái...