A presión do BNG no Parlamento evitou que o PP eliminara o complemento ás pensións non contributivas
O complemento de máis de 200 euros instaurado polo anterior goberno da Xunta, cando o BNG ostentaba a responsabilidade dos Servizos Sociais e o Benestar, fora calificado polo señor Feijóo, na súa etapa de xefe da oposición, de “cicateiro”, e o seu partido mesmo introducira unha emenda para elevar a súa contía a 570 euros. Pois ben, unha vez no goberno, non só non cumpriron coa esixencia que lle formularan ao anterior goberno da Xunta, senón que tentaron suprimir o complemento na súa totalidade. Esta medida xustificábase por dirixirse -segundo o PP- a " optimizar a atención aos pensionistas ". Non casualmente, foi o nacionalismo galego coa súa xestión quen introduciu este complemento na pasada lexislatura logo de dar -e gañar- unha dura batalla ideolóxica contra aqueles que xa daquela quixeran dinamitar a proposta alegando a súa suposta inconstitucionalidade . Pois ben, xa con Feijóo no poder, de novo tivo que ser grazas á presión exercida polo BNG que o PP se viu obrigado a r...