Carnota vén de botar 2 días con cortes de luz continuos por mor do forte temporal, cos conseguintes prexuizos para a vida veciñal e económica. E hoxe entra na noso País un novo temporal , co que a ameaza volve a cernirse sobre os nosos tellados. Aproveitando o contexto, certos medios de comunicación tratan de arroxar as lóxicas críticas dos cidadáns contra o goberno galego, e particularmente contra o BNG, como se fose culpábel de todo o que se fixo mal durante 16 anos. O que poucos din é que a inmensa potencialidade enerxética que ten o noso País se adxudicou ata agora «a dedo», sen contar en ningún momento coas necesidades dos cidadáns que acolleron no seu entorno instalacións eólicas ou hidráulicas. No mellor dos casos, só lles tocou unha esmola ridícula aos propietarios dos terreos sobre os que eses muíños se asentaban físicamente, sen ningún outro rédito sobre a vida veciñal. Hoxe grazas ao BNG está no prelo un concurso eólico que por primeira vez trata de que os beneficios da prod...