Saltar ao contido principal

Publicacións

Nunca máis a dúas velas

Carnota vén de botar 2 días con cortes de luz continuos por mor do forte temporal, cos conseguintes prexuizos para a vida veciñal e económica. E hoxe entra na noso País un novo temporal , co que a ameaza volve a cernirse sobre os nosos tellados. Aproveitando o contexto, certos medios de comunicación tratan de arroxar as lóxicas críticas dos cidadáns contra o goberno galego, e particularmente contra o BNG, como se fose culpábel de todo o que se fixo mal durante 16 anos. O que poucos din é que a inmensa potencialidade enerxética que ten o noso País se adxudicou ata agora «a dedo», sen contar en ningún momento coas necesidades dos cidadáns que acolleron no seu entorno instalacións eólicas ou hidráulicas. No mellor dos casos, só lles tocou unha esmola ridícula aos propietarios dos terreos sobre os que eses muíños se asentaban físicamente, sen ningún outro rédito sobre a vida veciñal. Hoxe grazas ao BNG está no prelo un concurso eólico que por primeira vez trata de que os beneficios da prod...

Anxo Quintana e Teresa Táboas visitan o Centro de día de Pedramarrada e as casetas de Caldebarcos

O pasado venres Carnota recibiu a visita dunha comitiva de membros de áreas da Xunta xestionadas polo B NG , para interesarse polos diversos proxectos postos en marcha no noso concello. A comitiva estivo encabezada polo vicepresidente da Xunta, Anxo Quintana , que estivo acompañado en todo momento polos membros do Grupo Municipal do BNG. Estes aproveitaron a ocasión para transmitirlle ao vicepresidente e candidato do BNG a presidir a Xunta diversas iniciativas dos seus compañeiros nacionalistas de Carnota e dos veciños, asi coma impulsar os proxectos aprobados na anterior lexislatura ( Galescola , Residencia , Parque empresarial ...) que a actual conxuntura política local impediu que teñamos xa en funcionamento. A pé de portiño, revista e sorpresa Tampouco fallou á cita con Carnota a conselleira de Vivenda e Solo , Teresa Táboas , nin a directora xeral de Fomento e Calidade da Vivenda, Encarna Otero , asidua visitante e amante do noso concello, que quixeron ver de preto os traba...

O BNG négase a asistir ao circo plenario de hoxe

O alcalde de Carnota convocou un Pleno Extraordinario* para hoxe 23 de xaneiro ás 12:45 horas, coa seguinte orde do día: 1. Plan provincial especial de parques infantís (hai case un mes que se sabe disto) 2. Anulación do Pleno de 21-12-2007 (hai dous anos que se sabe disto). 3. Fondo Estatal de Investimento Local (hai mes e medio que saben disto) Consideramos que ningún dos puntos xustifica o carácter extraordinario do pleno. Pero isto non é o máis grave: · O alcalde estaba obrigado a convocar un Pleno Ordinario o día 2 de xaneiro e non o fixo, incumprindo o seu propio mandato no comezo da lexislatura. · O BNG de Carnota presentou unha moción o día 12 de decembro de 2008 relativa ao Fondo Estatal de Investimento Local, e o alcalde non o incorpora á orde do día. · Posibelmente o investimento máis importante de todo o período 2009 (e cecáis de toda a lexislatura), o Fondo Estatal de Investimento Local, xa foi aprobado en Xunta de Goberno Local, sen ter en conta para nada a oposición, lev...

Cachamos ao PP nunha nova mentira

A actitude do goberno do PP de Carnota vai recordando cada vez máis á tradicional canción infantil: " Vamos a contar mentiras, tralará ...". Non lles chega con botar case dous anos dicindo que está tan arruinado que non pode facer nada (excepto pagar favores ), agora sorpréndenos en varios medios cunha nova trola, desas de libro. Citamos literalmente un párrafo da nota de prensa enviada polo concello de Carnota: O xefe da Demarcación de Costas en Galicia, Rafael Eimil, mantivo o pasado venres 2 de xaneiro, en Carnota un encontro co rexedor, José Oreiro, para definir as actuacións previstas no municipio que contan co financiamento do Ministerio de Medio Ambiente. Durante esa reunión, definiron os pormenores dun proxecto de nova factura , a aplicar no entorno do faro de Lariño. Hai que ter morro; se o alcalde fose Pinocho, xa lle chegaría o naris á depuradora da conserveira -válla a redundancia-. Porque despois de máis de 3 anos sen preocuparse para nada do proxecto -case 2 d...

Revista A Moa nº 28 - Inverno do 2008

Edición nº 28 correspondente ao inverno do 2008 deste Voceiro local do BNG de Carnota, desta volta cunha sorpresa moi especial para alegrar eses tempos de invernía. Sumario: «Cámbiase traballador de Carnota por un de fóra, custe o que custe» O alcalde das disculpas e lamentos O PP acusa de crispar crispando As insólitas aventuras do Mariscal Nonarrasca Galescola «enterrada no monte» Centro Interxeneracional si, pero non Un por dous, dous; dous por dous, catro... Novas relacionadas A Moa nº 27 (verán do 2008) A Moa nº 26 (primavera do 2008) Ver todas as edicións dispoñíbeis

«Cámbiase traballador de Carnota por un de fóra, custe o que custe»

Se os seis primeiros meses desta lexislatura do PP de Carnota se caracterizaron pola perda de servizos fundamentais (Galescola, Escolas de Informática, Escola de Idiomas, redución do servizo de axuda a domicilio…), este último ano caracterizouse pola creación de novos impostos como os das taxas polos servizos administrativos (fotocopias, compulsas, certificacións…), o cobro do servizo de axuda a domicilio, etc. Isto debeuse a unha clarísima e absoluta falta de xestión do equipo de goberno do PP, motivada pola acción de goberno errática que está marcando a lexislatura. Pero ademais, outro factor que influiu extremadamente na crítica situación que vive o concello de Carnota foi a substitución de personal residente no noso municipio (e para cuxos salarios se dispoñian de axudas) por traballadores alleos contratados directamente, o que ademais aumentou moi significativamente os gastos municipais nese concepto. Para que vos fagades unha idea, estas son as cifras: CONTRATADOS PO...