Saltar ao contido principal

Publicacións

Revista A Moa nº 28 - Inverno do 2008

Edición nº 28 correspondente ao inverno do 2008 deste Voceiro local do BNG de Carnota, desta volta cunha sorpresa moi especial para alegrar eses tempos de invernía. Sumario: «Cámbiase traballador de Carnota por un de fóra, custe o que custe» O alcalde das disculpas e lamentos O PP acusa de crispar crispando As insólitas aventuras do Mariscal Nonarrasca Galescola «enterrada no monte» Centro Interxeneracional si, pero non Un por dous, dous; dous por dous, catro... Novas relacionadas A Moa nº 27 (verán do 2008) A Moa nº 26 (primavera do 2008) Ver todas as edicións dispoñíbeis

«Cámbiase traballador de Carnota por un de fóra, custe o que custe»

Se os seis primeiros meses desta lexislatura do PP de Carnota se caracterizaron pola perda de servizos fundamentais (Galescola, Escolas de Informática, Escola de Idiomas, redución do servizo de axuda a domicilio…), este último ano caracterizouse pola creación de novos impostos como os das taxas polos servizos administrativos (fotocopias, compulsas, certificacións…), o cobro do servizo de axuda a domicilio, etc. Isto debeuse a unha clarísima e absoluta falta de xestión do equipo de goberno do PP, motivada pola acción de goberno errática que está marcando a lexislatura. Pero ademais, outro factor que influiu extremadamente na crítica situación que vive o concello de Carnota foi a substitución de personal residente no noso municipio (e para cuxos salarios se dispoñian de axudas) por traballadores alleos contratados directamente, o que ademais aumentou moi significativamente os gastos municipais nese concepto. Para que vos fagades unha idea, estas son as cifras: CONTRATADOS PO...

Galescola «enterrada no monte»

A concelleira popular Marisol Piñeiro saíu recentemente á palestra para asegurar a Galescola que o PP atopou contratada ao chegar ao goberno de Carnota «estaba enterrada no monte, non vale», para xustificar así o rexeitamento do novo goberno municipal ao proxecto. Disque unha imaxe vale máis ca mil palabras, analisade logo a seguinte captura da zona prevista para a Galescola (en amarelo ): (En vermello, Centro de Saúde. En azul celeste, CEIP San Gregorio de Carnota. En violeta, Casa do Concello. En verde, pavillón polideportivo de Carnota). Ademais, recoñeceu que «temos o compromiso do vicepresidente (Quintana) de que en canto poñamos un sitio, farán o necesario para traer a Galescola». O que o PP non parece ter tan claro é a excusa para non ter ofrecido aínda ningunha ubicación alternativa (o que é fácil de explicar, pois o propio arquitecto municipal mantivo sempre que a aprobada é única alternativa viábel). Porén o PP segue fantaseando, en palabras da propia concelleira, co seu «es...

O alcalde acusa de crispar crispando

O alcalde acusou recentemente en varios medios ao BNG de crispar á poboación á raíz das numerosas queixas remitidas por veciños ao Valedor do Pobo por mor dos recibos do saneamento que levan recibindo desde fai meses sen contar en ningún caso con ese servizo. O BNG de Carnota quere desmarcarse das acusacións sen fundamento que se emitiron desde a alcaldía, pois como formación política non participou en ningún aspecto do procesamento das ditas queixas ao Valedor, se ben varias persoas vencelladas ao BNG si apoiaron a protesta, ao igual que outras moitas afíns ao PSOE ou ao PP. Tampouco o BNG deu difusión á iniciativa na súa web , no seu voceiro nin en ningún outro medio. Por iso non son comprensíbeis os ataques directos ao BNG como única resposta a unha protesta veciñal absolutamente lexítima. Capítulo aparte merece o feito de que algunhas das persoas que transmitiron esa queixa foran mentadas na prensa con nome e apelidos para tratar de demonizar e politizar esta protesta veciñal, po...

A crise económica acentúase en Carnota por mor da ineficacia do seu goberno

Non hai dúbida algunha de que nestes momentos estamos a atravesar unha crise económica a nivel internacional, nacional e por suposto que ten que ter os seus efectos a nivel local. Os efectos da crise son múltiples, pero onde principalmente se deixa sentir é a nivel de emprego. En Carnota ten unha incidencia especial o efecto que a caída da construcción ten tanto a nivel local como nacional, e polo tanto é un factor que fai que Carnota fora especialmente afectada e vulnerable pola presente crise económica, ao igual que todos os concellos da Galiza costeira. Sen embargo, hai un factor fundamental que tamén está a afectar a nivel local no afondamento da crise en Carnota: A ineficacia da administración pública local, e é neste apartado onde nos imos centrar para clarificar as responsabilidades que neste senso ten o actual goberno municipal do PP en Carnota. En primeiro lugar o goberno do PP de Carnota impediu que se executara a Galescola de Carnota , que xa estaba contratada. Por un lado i...

9 de cada 10 pais están satisfeitos coas Galescolas

Un estudo realizado por Vicepresidencia e baseado en enquisas telefónicas a máis de 700 pais de nenas e nenos usuarios das Galescolas desvelou que o 90% se amosa satisfeito con esta iniciativa desenvolvida polo BNG e que xa conta con 210 centros en toda Galiza (92 deles construídos só nesta lexislatura), prestando cobertura actualmente a arredor dun millón de cidadáns da nosa nación, como concluíu outro estudo publicado recentemente. Os aspectos máis valorados polos familiares son os equipamentos, atencións e servizos prestados por estes centros, e a súa calidade en xeral. De feito, instalacións, confort e material son os factores que xeran un maior grao de satisfacción, e moi especialmente o lugar onde se ubican estes centros , que o 95,1% dos entrevistados cualifica de bo ou moi bo . Unha porcentaxe que supera o 90% avaliou tamén o bo funcionamento referido a información e matrícula, período de adaptación, funcionamento diario, resolución de problemas, atención personalizada e c...

Quin.TV, o primeiro videoblog dun candidato galego

Anxo Quintana vén de estrear o seu videoblog , un espazo no que comparte audiovisualmente momentos tanto da súa actividade institucional e política como da súa vida personal. Esta iniciativa é a primeira a nivel nacional e das primeiras no estado español (xunto co de Artur Mas de CIU). Máis que tratarse dunha web política ao uso, a iniciativa dá verdadeira relevancia ás opinións e críticas dos usuarios, seguindo os criterios de participación social que están a transformar a rede de redes a nivel mundial. De feito os visitantes xa poden comentar, compartir e descargar en alta calidade cada un dos clips e axiña enviar as súas propias reflexións en video.