Saltar ao contido principal

Publicacións

O Concello de Carnota esixe en Caldebarcos máis de 3.800 euros por "deixar arranxar" uns muiños e logo organiza percorridos turisticos polos mesmos

Unha asociación de veciños de Caldebarcos que vén de restaurar un conxunto de muíños na localidade informou ao BNG de Carnota que o Concello, que non colaborou de ningún xeito coa iniciativa, si lles esixiu máis de medio millón das antigas pesetas co pretexto dunha suposta licenza de obras necesaria para esa intervención que a propia asociación de veciños emprendera altruistamente e co apoio da administración autonómica . Tan irracional medida subscitou o notábel enfado non só das persoas integradas na asociación, senón tamén o de moitos outros veciños de Caldebarcos que non se explican que un equipo de goberno elixido para defender e mellorar o seu pobo non só n on moveu un dedo para contribuír coa rehabilitación do precioso conxunto de muíños, senón que ademais multou deste xeito unha labor veciñal tan altruísta como positiva para o noso medio ambiente e mesmo para sectores produtivos coma o turismo. Por se isto fora pouco, inmediatamente despois de que a asociación se resignara a...

A Lei de Vivenda: o colofón dunha política transformadora

A futura Lei de Vivenda pecha a actividade normativa desenvolvida nestes tres anos pola Consellaría que dirixe a nacionalista Teresa Táboas. Trátase dunha rigorosa planificación lexislativa para acadar o obxectivo de garantir aos galegos e galegas o acceso a unha vivenda e que se traduciu en: A Lei de Medidas Urxentes en materia de vivenda e solo coa ampliación até o 40% da reserva de solo para vivenda protexida nos concellos de máis de 20.000 habitantes. A creación do Rexistro de demandantes de vivenda protexida para transparentar os procesos de adxudicación e garantir a igualdade de oportunidades. As Normas do Hábitat Galego, como aposta pola calidade das vivendas. O Plan Sectorial Galego de Solo Residencial para mobilizar 8,7 millóns de metros cadrados para 45.000 vivendas protexidas até 2017. Coa Lei de Vivenda o BNG pretende dar resposta aos problemas que sofren os galegos e galegas no acceso a unha vivenda: o acusado incremento do seu prezo, o limitado papel do mercado do alugue...

Carnota perde a única bandeira azul "que tiña"

Só un ano despois de que o BNG de Carnota dera conseguido unha bandeira azul da que as praias do noso concello levaban tempo privadas, o novo goberno municipal xa perdeu este coñecido recoñecemento europeo á calidade dos areeiros. Galiza cedeu este ano o distintivo en 18 das súas praias, pese ao cal segue a ser un líder europeo en número de bandeiras azuis ondeando cada verán. Porén a situación en Carnota tórnase, unha vez máis, en dantesca grazas á actitude do equipo de goberno municipal e o seu non-alcalde José Oreiro. Na praia de Mar de Lira, durante o ano enteiro de vixencia da súa bandeira azul, a insignia non chegou sequera a pendurarse no mastro habilitado durante a anterior lexislatura a tal efecto. A causa desta situación inaudita foi que para facerse efectivo o distintivo a praia debía estar vixiada por un socorrista cualificado. Sobra dicir que non foi esa a aptitude "máis valorada" por este goberno, pois rexeitaron a principios do verán de 2007 a única candidata...

O centro médico de Lira pecha as súas portas un ano máis

A situación que tanto advertimos e tanto nos temíamos desde hai un ano faise vergonzosa realidade de novo: o centro médico de Lira botou o peche un ano máis polas vacacións do seu facultativo, por segunda vez na súa historia. Nun ano enteiro, o goberno municipal non fixo absolutamente nada por tratar de buscarlle unha solución, e esta vez non poderán dicir que os colleron despistados. Ou tal vez si, pode que o esqueceran axiña porque a súa única reacción coñecida hai un ano foi tan só durante a vixencia do problema, ao día seguinte de reincorporarse os médicos das súas vacacións o problema xa non existía para o goberno municipal, o que da unha boa idea do seu xeito de actuar en xeral. Temos que lembrar que nos anos anteriores a ameaza desta situación foi permanente, pero grazas ao bo facer do daquela alcalde nacionalista Xosé Manuel García, que removiu ceo e terra para que os centros nunca pecharan, os veciños nin se enteraron do problema na maior parte dos casos. Neste caso, o centr...

O BNG de Carnota entrevístase co xefe da Demarcación de Costas

O pasado mércores 18 de xuño de 2008 unha comisión do BNG de Carnota entrevistouse con Rafael Eimil, Xefe da Demarcación de Costas de Galicia, co obxecto de interesarse polos proxectos en materia medioambiental que abranguen o noso concello, e en especial sobre o estado do Paseo Marítimo do Pindo. Así confirmounos a contratación, xa en breve, do Paseo Marítimo de Portocubelo a Mar de Lira. A recuperación medioambiental do entorno do faro de Lariño e a recuperación medioambiental do sendeiro marítimo de Mallou-Maceiras están pendentes da resolución do Estudo de impacto ambiental, pero que confía en que antes dun ano serán resoltos. Todos estes proxectos, ao igual que o Paseo Marítimo do Pindo, foron xestionados polo anterior goberno local liderado polo BNG. A respecto do asunto central da entrevista, Eimil asegurou que o Paseo marítimo do Pindo estaba sendo executado de acordo co proxecto orixinal, se ben por "cuestións estéticas e adaptativas" se fixeran “pequenas modific...

Só o BNG loita por garantir a limpeza do voto emigrante

As forzas políticas estatais continúan sen facer nada positivo para que se avance no estabelecimento de normas que impidan que o escándalo antidemocrático do voto dos residentes ausentes poda salpicar o normal desenvolvimento das próximas eleccións galegas. É o BNG quen está a promover en solitario o proceso de reforma. Non hai nengunha razón obxectiva para que a reforma non poda entrar en vigor antes da celebración dos comicios autonómicos. Hai unha proposta de modificación da lexislación electoral española apresentada en tempo e forma no Congreso dos Deputados polo Bloque Nacionalista Galego. PP e PSOE téñeno ben doado: abonda con que apoien esta proposta do BNG –ou poden alternativamente apresentar unha similar- para que dese xeito poidamos ir ao próximo proceso eleitoral con todas as garantías democráticas. Recentemente, concluíron os traballos da comisión de investigación aberta no seo do Parlamento Galego sobre o caso da axente eleitoral. A comisión saldouse cun balanzo positivo ...

A nova visita de Encarna Otero a Caldebarcos marca o inicio da restauración das casetas mariñeiras

O pasado luns 9 de xuño Encarna Otero Cepeda (directora xeral de Fomento e Calidade da Vivenda da Xunta) visitou Caldebarcos para entrevistarse coa empresa que vai comezar de inmediato coas obras do proxecto para a rehabilitación das casetas mariñeiras tradicionais de Caldebarcos, iniciativa promovida pola propia Consellaría de Vivenda e Solo xunto coa Confraría de Pescadores do Pindo e na que xa levan traballando varios meses . Encarna Otero manifestou que é obxetivo do seu departamento a recuperación e valorización do noso patrimonio mariñeiro, e que xa están traballando para a posta en marcha dun plano de rehabilitación integral da totalidade das casetas tradicionais de Carnota, en colaboración ca Consellaría de Pesca e mais coa Demarcación Xeral de Costas de Galiza. Á entrevista con Encarna Otero asistiron a secretaria da Confraría de Pescadores do Pindo e concelleira do BNG, Merche Diaz, os membros do goberno municipal Marisol Piñeiro e Santiago Brea, o presidente da Comunidade de...