Saltar ao contido principal

Publicacións

Oreiro renuncia á súa dedicación exclusiva

Tan só un día antes de que anunciara na prensa que renunciaba á dedicación exclusiva como alcalde, houbo un Pleno Ordinario no que José Oreiro non tivo sequera a deferencia de comunicarlle aos membros da Corporación a súa decisión; e iso que parece ser que xa levaba varios días incorporado ao seu posto de traballo na docencia; aínda así, elixiu un medio de comunicación para facelo público. Fainos pensar que o titular lle interesa bastante máis que facer as cousas ben , ou cando menos que facelas nas cauces que democraticamente marcou a veciñanza. Ademais, xa sabemos que as formas nunca foron o seu forte, non o ían ser tampouco agora. En primeiro lugar queremos resaltar a falta de previsión en cuestións fundamentais: No Pleno do 4 de abril o goberno municipal inclúe nos Orzamentos para o ano 2008 a dedicación exclusiva do alcalde. 3 semanas despois, renuncia á dedicación exclusiva, aducindo que «tivo que renunciar pola situación económica do concello». Temos que entender que o día 4 ...

Axuda a domicilio: Menos servizo, máis custe para o veciño

No Pleno Ordinario do 25 de abril o PP presenta unha Ordenanza para a regulación da Axuda a Domicilio, consistente na implantación dunha nova taxa que as persoas atendidas deberán aboar en función da súa renda, e na necesidade de presentar todo un rosario de formularios e certificados que xustifiquen a intervención dos Servizos Sociais do Municipio. O argumento para promover esta Ordenanza é que «se pretende convertelo nun servizo mais xusto», pois segundo eles algúns usuarios do servizo teñen recursos máis que sobrados, e outros veciños non teñen acceso ao mesmo servizo aínda tendo rendas inferiores. E o argumento parece lóxico, de non ser que para que os veciños foran beneficiarios deste servizo requerían dun informe dos servizos sociais municipais que o aconsellase. Esta atención domiciliaria non se outorgaba «ao chou», como o goberno municipal quixo dar a entender, senón que para iso se valoraban os informes da Asistencia Social, ordeando atender sempre os casos de desatención má...

O goberno de Carnota pide outro crédito

O concello de Carnota acaba de aprobar no Pleno Ordinario do 25 de abril un crédito a menos dun ano por 168.000 euros. Xa a principio de lexislatura solicitara outro de 130.000 euros. Nos presupostos figurou outro crédito de 100.000 euros. Ademais, cando entraron a gobernar atoparon na caixa 170.000 euros... evidentemente son falsas as afirmacións que o sr. alcalde facía dicindo que o concello de Carnota estaba arruinado. Nin moito menos. Os feitos así o din e o Consello de Contas así o fixo constar no seu informe do ano 2006. Esta operación crediticia de 168.000 euros non sería tan grave se ao vencemento do mesmo se fora a resarcir, e así llo fixo saber o BNG. O realmente grave é que debido á alegría con que están a realizar determinadas contratacións, e á inconsciencia que se veu culminada cos soldos dos alcaldes, teñen un gasto excesivo, e os ingresos (subvencións) víronse reducidos pola propia renuncia expresa ou simplemente porque non se solicitaron. En calquera caso desde o Gru...

Convocatoria de pleno ordinario

Hoxe, día 25 de abril, terá lugar un pleno ordinario da corporación municipal de Carnota, no Salón de Plenos da Casa do Concello ás 20:30 horas. A Orde do día é a seguinte: Aprobación da acta da sesión ordinaria do 4 de abril de 2008. Dar conta das Resolucións de Alcaldía. Aprobación inicial da Ordenanza municipal reguladora do Servizo de axuda no fogar. Aprobación de “Plan de igualdade de oportunidades municipal”. Ratificación da Resolución de Alcaldía do 21 de abril de 2008, sobre solicitude de prórroga á prestación de servizos sociais á Vicepresidencia de Igualdade e do Benestar. Adhesión ao Pacto territorial de emprego da Costa da Morte. Adxudicación dunha operación de tesourería. Rogos e preguntas. Coma sempre, desde o BNG de Carnota chamamos a toda a veciñanza a participar na vida política do seu municipio mediante a asistencia a estes plenos, que son a máxima expresión da democracia participativa e da representatividade política que os veciños de Carnota decidiron nas pasadas e...

Carta aberta de Carmen Mendoza á veciñanza de Carnota

Carmen Mª Mendoza Canosa ten 33 anos e é veciña do Pindo. Casada e con dous fillos, esta mestra titulada en educación infantil levaba arredor de cinco anos impartindo para o Concello de Carnota cursos de obtención do graduado ESO e de alfabetización de maiores. Neste ano 2008 foi relevada das súas funcións polo novo goberno sen mediar explicacións nin térena informado sequera. Publicamos a seguinte carta aberta por expreso desexo desta veciña: Como se me da a posibilidade de expresarme, así o vou facer, dun xeito libre e sen tapuxos, porque se por algo me caracterizo é por ir de fronte. Si, iso que todo o mundo di pero que ninguén fai. Desde aquí quero, antes de nada e xa en calidade de «ex-mestra», saudar a todos os meus alumnos e alumnas que durante estes anos estiveron comigo, felicitalos a todos e todas polos seus méritos, a todos os rapaces que sacaron o Graduado ESO (de todas as idades), ás señoras do Pindo e Lira que estiveron aí, ao pé do cañón, disfrutando cun curso que lles g...

Orzamentos municipais: O doble de soldos políticos, a metade de xestión

Con respecto ao Pleno Ordinario do 4 de abril, e en concreto ao punto da aprobación dos Orzamentos Municipais, poucas cousas poden resultar máis aclaratorias da postura do BNG que comparar os datos derivados da proposta orzamentaria do PP para o ano 2008 cos datos derivados do ano anterior con goberno do BNG: Notas da táboa: * Administrativo de apoio á alcaldía é unha contratación laboral que só podemos considerar salario político posto que foi efectuada inmediatamente despois das eleccións, sen subvención algunha, sen proceso de selección, e porque parte das súas funcións inclúen, por exemplo, a organización de actos políticos do PP desde a Casa do Concello e en horario laboral. Se ben o alcalde José Oreiro nega o carácter político desta contratación aducindo que a súa función é a de Asesora urbanística; isto non se substenta demasiado tendo en conta que o Concello de Carnota xa conta cunha empresa de asesoramento urbanístico contratada especificamente para ocuparse destas cues...