Tan só un día antes de que anunciara na prensa que renunciaba á dedicación exclusiva como alcalde, houbo un Pleno Ordinario no que José Oreiro non tivo sequera a deferencia de comunicarlle aos membros da Corporación a súa decisión; e iso que parece ser que xa levaba varios días incorporado ao seu posto de traballo na docencia; aínda así, elixiu un medio de comunicación para facelo público. Fainos pensar que o titular lle interesa bastante máis que facer as cousas ben , ou cando menos que facelas nas cauces que democraticamente marcou a veciñanza. Ademais, xa sabemos que as formas nunca foron o seu forte, non o ían ser tampouco agora. En primeiro lugar queremos resaltar a falta de previsión en cuestións fundamentais: No Pleno do 4 de abril o goberno municipal inclúe nos Orzamentos para o ano 2008 a dedicación exclusiva do alcalde. 3 semanas despois, renuncia á dedicación exclusiva, aducindo que «tivo que renunciar pola situación económica do concello». Temos que entender que o día 4 ...