Saltar ao contido principal

Publicacións

Acto de precampaña do BNG en Carnota

O Bloque Nacionalista Galego ten o pracer de te convidar ao acto de precampaña que terá lugar no Salón de Actos do Concello de Carnota este xoves 21 de febreiro ás 20:30 horas. No acto, que será presentado polo noso portavoz municipal Tomás Freire , participarán a portavoz municipal en Fisterra e candidata do BNG pola provincia da Coruña Mónica Góñez , e a conselleira de cultura da Xunta de Galiza Ánxela Bugallo . Agardamos poder contar coa túa participación e ver difundida a convocatoria entre os teus achegados. contigo, Galiza decide !

Concelleira popular pídelle o voto aos nenos durante saída a Riazor

O domingo 27 de xaneiro organizouse unha saída en autobús con nenos de educación primaria e secundaria de Carnota para asistir ao partido que disputaban no Estadio de Riazor o Deportivo da Coruña e o Real Valladolid. A persoa adulta asignada para acompañalos foi Mª Jesús (Chus) González Senande, concelleira do PP no municipio e veciña de Lira. Segundo coinciden diversas persoas que se puxeron en contacto co BNG de Carnota, nun momento da viaxe de ida produciuse un insólito altercado entre a edil e os cativos. A sra. Chus González, facend o uso do micrófono do autobús e tras identificarse como concelleira, dirixiuse aos rapaces para pedirlles directamente o voto para a súa formación ou ben para que lles dixeran aos seus pais "que vot aran a Rajoy". Logo dun intre de estupefacción dos asistentes, parte dos nenos comezaron a increpala por "ir darlles un mitin" e berraron proclamas contra o PP. Nese momento, a edil popular mesmo enleouse nunha vergonzosa rifa verbal cos...

Ponse en marcha o Centro de Día de Pedramarrada

A Vicepresidencia da Igualdade e o Benestar ven de poñer en marcha o Centro de Día de Pedramarrada, que pasa a formar parte do Sistema Galego de Benestar xunto con outros trece en toda Galiza. Este centro, cuxa inscrición de prazas xa está aberta, acollerá a arredor de 40 persoas maiores do noso municipio que disporán dunha atención centrada en todas as súas necesidades grazas aos servizos de xerocultura, enfermaría, intervención social, intervención sociocultural e fisioterapia dos que dispón o centro. En palabras do vicepresidente Anxo Quintana, esta infraestrutura é “o resultado dun compromiso, dunha idea de país e dun esforzo de xestión na implantación do Sistema Galego do Benestar” ademais dun "compromiso coas persoas maiores e coas súas familias, xa que “son centros pensados para ofrecer unha atención terapéutica integral, que fomenten a autonomía dos maiores e garanta a súa permanencia no seu contorno de referencia, un recurso de proximidade e de calidade que busca retrasar...

A perda da Galescola de Carnota xa é oficial

Ao longo do mes de decembro a Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar da Xunta de Galiza comunicou ao Concello de Carnota a imposibilidade de aceptar a súa solicitude de prórroga para a reformulación do proxecto de Galescola de Carnota que aprobara o goberno anterior. Dita prórroga era claramente inviábel, tal e como xa advertimos nesta mesma páxina e no Pleno correspondente, posto que a partida orzamentaria específica que financiaba a práctica totalidade da Galescola de Carnota caducaba en decembro deste ano, data en que a obra tiña que estar non só comezada senón rematada e entregada . Calquera cun mínimo coñecemento da xestión pública tiña que sabelo, entendemos que o goberno municipal tamén tiña que sabelo. Non obstante optaron por insistir obcecadamente por derribar o proxecto xa contratado polo goberno anterior, facendo ouvidos xordos ás reiteradas advertencias do BNG e argumentando o "avanzado estado" dunhas supostas negociacións para ofrecer unha ubicación altern...

O pleno do 5 de novembro confirma que a Galescola está en serio risco

O venres 5 de novembro celebrouse un Pleno Ordinario, onde un dos puntos da orde do día era a Solicitude de Prórroga do Convenio para a creación e mantemento dunha Galescola en Carnota. A obra da Galescola xa foi licitada e contratada á empresa EXOGA polo goberno anterior no mes de marzo , por un importe de 550.000 euros. Xa debería estar rematada e xustificada antes do 31 de decembro do presente ano . A ubicación da Galescola seleccionada polo concello e valorada positivamente pola Xunta foi a carón da pista polideportiva de Carnota, onde pasaría a formar parte do conxunto de institucións públicas xa existentes, formada polo Colexio Primario, o Centro de Saúde, a Casa do Concello e as propias instalacións deportivas municipais. A razón de que se solicite a prorrogación é por non térense iniciado sequera as obras da mesma, ou mellor dito, porque novo goberno local do PP non quixo subir o último escalón que faltaba para a creación da Galescola de Carnota, que era simplemente "d...

Galescola: mareando a perdiz

O portavoz do BNG de Carnota Tomás Freire vén de entrevistarse coa Delegada Provincial de Vicepresidencia, Tareixa Novo, a fin de coñecer a situación actual da Galescola de Carnota. Na conversa mantida soubemos que a escola infantil aprobada para o noso concello no mandato municipal anterior foi a oitava que se aprobou en toda a provincia da Coruña, non habendo ningunha outra nun entorno de 50 quilómetros. Tan importante logro para Carnota (e por suposto para a nosa comarca) debeuse á áxil e eficaz xestión do anterior alcalde Xosé Manuel García, ao poñer de inmediato a disposición da Vicepresidencia terreos que cumprían os requisitos. En consecuencia, a obra foi xestionada, licitada e contratada hai xa 5 meses pola empresa EXOGA por un importe de 550.000 euros, estando previsto o inicio das obras no presente ano. Distintos impedimentos por parte do Partido Popular de Carnota provocaron que aínda non se iniciasen as obras, e particularmente, o seu desacordo coa ubicación e tamén co feit...

Falamos con Encarna Otero

Encarna Otero Cepeda naceu en Compostela hai 57 anos, e leva militando no nacionalismo desde os 20, cinco anos antes de licenciarse en Historia na Universidade de Tolouse-Le Mirail. Logo dunha vida adicada ao ensino, á nosa cultura (deixando tras de si un gran legado de obras publicadas) e ao noso País mediante a súa activa e fructífera participación no BNG, no ano 2005 entra no goberno galego para exercer como Directora Xeral de Fomento e Calidade da Vivenda, dependente da Consellería de Vivenda e Solo. En tan pouco tempo, o froito da súa actividade no goberno é moi salientábel, mesmo para un concello como Carnota: grazas ao seu esforzo personal, por fin poderemos ver cumprida a desexada recuperación do conxunto mariñeiro tradicional de Caldebarcos . Ademais, un dato que non moitos veciños coñecen: Encarna Otero pasou este ano o seu descanso estival no noso concello, concretamente no lugar de Portocubelo en Lira. No BNG de Carnota vimos mantendo unha comunicación fluída con Encarna de...