Logo duns días de necesario descanso polo duro traballo realizado durante a campaña, o BNG de Carnota xa está a traballar para organizármonos na oposición tras a perda da alcaldía que tivo lugar tras a xornada eleitoral do pasado 27 de maio, quedando o goberno do noso concello en mans do popular José Oreiro, como sen dúbida xa sabedes. Foi esta unha campaña durante a que o BNG de Carnota fixo un esforzo humano e material sen precedentes, pero sempre centrados nunha actitude construtiva, didáctica, dialogante e tentando fuxir da acritude que desde certos sectores da vida política local se tratou de impoñer mesmo agresivamente. De feito, se algo percibiron os veciños que acudiron aos nosos mitins ou leron o noso material editado, foi a nosa idea de seguir avanzando no desenvolvemento dun municipio próximo á cidadanía e atento ás súas problemáticas, próspero economicamente, xerador de emprego e substentábel medioambiental e urbanisticamente. Presentamos un programa de proxectos consi...