Saltar ao contido principal

Publicacións

Un nadal inolvidábel para nenos... e para grandes

O Concello de Carnota presentou nestes comezos de decembro o seu excelente programa cultural para convertir este nadal nunha época rebosante de actividades, festa, diversión e cultura para todos e todas. PROGRAMACIÓN DAS XORNADAS CULTURAIS NADAL 2007 20 de decembro 19:30h. Salón de Actos da Casa do Concello CONCERTO DE NADAL protagonizado polas alumnas e os alumnos da Escola Municipal de Música. 21 de decembro 19:00h. Colexio do Pindo O PAZO DE PAPEL, fabulosa obra de teatro a cargo da compañía Teatro Buratini . 25 de decembro 20:00h. Colexio de Carnota NADAL MÁXICO 2006. 1º Circuito galego de maxia , contaremos coa incríbel actuación de cinco prestixiosos magos. 30 de decembro 19:00h. Salón de Actos da Casa do Concello MAMACABRA, gran espectáculo infantil de música e teatro. 31 de decembro 12:30h. Praza do Concello. ESPECTÁCULO PIROTÉCNICO para darlle a mellor benvida ao novo ano. 5 de xaneiro 19:30h. CABALGATA DE REIS Sairá á hora sinalada de Lamas de Castelo, e os Reis Magos i...

Máis proxectos, máis consenso... e máis Concello

O pasado día 30 de novembro tivo lugar o Pleno Ordinario da corporación municipal. A continuación resumimos os puntos máis destacábeis da sesión: -Aprobouse o prego de cláusulas administrativas para a contratación do futuro Centro de Interpretación Paisaxística que se situará nos montes de Cabana, enriba de Lira. -A corporación aprobou a adhesión ao Fondo galego de cooperación e solidariedade . -Ratificouse a aprobación de cláusulas administrativas para a contratación do proxecto de adecuación de espazos públicos no núcleo de Lira. -Solicitude de renovación da operación tesoureira ao BCL . -Elexiuse o xuiz de paz titular e suplente. -Aprobouse o proxecto técnico para a creación dunha escola infantil en Carnota que se encadrará dentro da rede galega de Galescolas . O proxecto suporá un investimento de 550.000�. -Aprobouse do proxecto de ampliación da rede de saneamento e o investimento de 117.000� para levalo a cabo. -Tamén se aprobou unha moción do goberno local con motivo do Día inte...

Pepe Taxes, reelixido xuíz de paz de Carnota

A corporación municipal do Concello de Carnota vén de nomear unha vez máis como xuíz de paz a Xosé Taxes, máis coñecido por todos os veciños como Pepe de Xan. A escolla tivo lugar durante o Pleno Ordinario desenvolvido o pasado día 30 de novembro e contou co apoio unánime dos grupos que conforman o goberno municipal, asi como da oposición constituída polo PP. Aproveitamos este momento para felicitar ao noso compañeiro por este sen dúbida merecido recoñecemento á súa intachábel traxectoria neste cargo asi como á súa constante implicación na vida política e social do noso concello.

Un compromiso definitivo co desenvolvemento local

Xa está en poder do goberno municipal de Carnota e de todos os cidadáns interesados o paquete de conclusións do profundo estudo da Consultoría Europea Devalar. Neste importante documento encadrado dentro da Axenda 21 Local estúdanse unha ampla serie de medidores da actividade do Concello e dos seus habitantes, poñéndoos en relación cunha profunda análise de situación e tamén achegando un amplo paquete de medidas para o desenvolvemento integral das potencialidades do noso concello sempre desde un profundo respeto polo seu medio ambiente e desde o desenvolvemento substentábel. O completo estudo xira en torno a catro eixos fundamentais, divididos cada un en varios puntos nos que se estudan a situación, se marcan uns obxectivos concretos e finalmente se achega unha extensa serie de medidas para mellorar ese aspecto do noso desenvolvemento no futuro. Eixo 1: Desenvolvemento Económico e emprego 1: Promoción da produción agraria sostible e dos produtos artesáns de calidade 2: Aproveitamen...

A brigada Carnotavento, un modelo de colaboración empresa-concello

Un acordo de colaboración entre o Concello de Carnota e a empresa eólica Carnotavento posibilitou a creación dunha brigada medioambiental formada por cinco traballadores que desenvolviu as súas actividades entre os meses de febreiro e setembro deste ano. O seu traballo consistiu na realización de traballos de carácter e dificultade variábeis a prol da conservación e recuperación do medio e do patrimonio de Carnota. Limpeza e conservación de espazos públicos, adecentamento de camiños tradicionais, recuperación do entorno de conxuntos monumentais e etnográficos, limpeza de ríos e elaboración de faixas de protección dos núcleos de poboación contra o lume foron só algúns dos importantes réditos que o convenio trouxo para os veciños de Carnota e visitantes. A superficie sobre a que se actuou supera as 19 hectáreas (190.000 metros cadrados), e os traballos figuran expostos abaixo, e máis ampliados no documento dispoñíbel para a súa descarga. As axeitadas condicións laborais e tamén a produt...

O Concello organiza grupos de vixiantes dos montes

O Concello de Carnota leva días recibindo continuas mostras de solidariedade de xente de dentro e de fóra indignada coa inusitada virulencia desta nova lacra incendiaria. Ante o apoio popular a Concellaría de Medio Ambiente vai constituír gardas de vixiancia dos nosos montes. As autoridades non permiten que xente sen capacitación técnica nin seguro participen na extinción directa dos lumes, polo que o Concello desexa aproveitar as mostras de apoio recibidas mediante a creación de turnos constituídos por veciños e voluntarios e cordenados pola dita concellaría. A súa laboura consistiría en turnos sucesivos de gardas, de xeito que sempre houbese ao menos un grupo vixiando calquera incidencia anómala que se puidera producir nos montes de Carnota, xa non só posíbeis conatos de incendio senón o acceso de vehículos ou persoas ás pistas forestais. Nestes momentos xa non existe ningún lume activo no Concello de Carnota, polo que é o momento idóneo para centrar todos os esforzos en efectuar unh...

Nacho Porto gañou a VI edición do certame Antonio Fraguas

Xosé Ignacio Porto Mato, artesán plástico e veciño do noso Concello, ven de ser o premiado por dito certame pola súa peza cerámica �Touro de dúas cabezas�, que podedes ver na imaxe ao carón desta nova, escollida xunto cun chal de liño de Carme Riveiro (Baio) como as dúas mellores das 239 obras presentadas por 74 artistas. A dictame foi feita pública polo responsábel de Cultura da Deputación Celestino Pozo, que destacou que ambos os gañadores son �nomes moi destacados da artesanía galega�. Da obra de Nacho Porto (que xa gañara o mesmo premio na súa terceira edición), o xurado salientou a innovación e orixinalidade da peza, �un motivo iconográfico e mitolóxico moi antigo� e o uso de varias técnicas como a arxila refractaria, os esmaltes e a serigrafía. Pola nosa parte, felicitar fortemente ao noso veciño por este importante recoñecemento á súa obra, a agradecer tamén que o seu constante traballo de anos está a converter o noso Concello nun interesante punto de proxección da nosa artesaní...