Un acordo de colaboración entre o Concello de Carnota e a empresa eólica Carnotavento posibilitou a creación dunha brigada medioambiental formada por cinco traballadores que desenvolviu as súas actividades entre os meses de febreiro e setembro deste ano. O seu traballo consistiu na realización de traballos de carácter e dificultade variábeis a prol da conservación e recuperación do medio e do patrimonio de Carnota. Limpeza e conservación de espazos públicos, adecentamento de camiños tradicionais, recuperación do entorno de conxuntos monumentais e etnográficos, limpeza de ríos e elaboración de faixas de protección dos núcleos de poboación contra o lume foron só algúns dos importantes réditos que o convenio trouxo para os veciños de Carnota e visitantes. A superficie sobre a que se actuou supera as 19 hectáreas (190.000 metros cadrados), e os traballos figuran expostos abaixo, e máis ampliados no documento dispoñíbel para a súa descarga. As axeitadas condicións laborais e tamén a produt...