Saltar ao contido principal

Publicacións

Antón, compañeiro, descansa en paz

Na madrugada de hoxe finou Antón Caamaño (Antón do Corenteno), a consecuencia dunha enfermidade dexenerativa. Antón militou no BNG desde sempre, chegando a ostentar o cargo de concelleiro nacionalista no Concello de Carnota durante varios anos, ademais dunha intensa actividade social e política (especialmente na Asemblea local do BNG de Carnota) durante toda a súa vida, da que adicou gran parte aos seus compañeiros e viciños, ata os seus derradeiros alentos. Antón, excelente compañeiro e amigo, nunca te esqueceremos!

Asemblea local

A Asemblea Local do BNG de Carnota queda definitivamente convocada para o vindeiro sábado 21 de Outubro. A convocatoria foi efectuada por vía postal, a recibiredes en breve. Un saúdo.

Grave accidente laboral na Ferroatlántica

Unha vez máis a lacra dos accidentes laborais golpea no corazón da nosa comarca. Os feitos producíronse na factoría Ferroatlántica de Cee, tras rexistrarse unha explosión nun dos seus fornos ás 21 horas do xoves, que se saldou con tres traballadores feridos por queimaduras, e que presuntamente se atopaban reparando unha avería no mesmo. Segundo as últimas informacións, o prognóstico dos tres traballadores é o de "moi grave". Desde o BNG de Carnota queremos manifestar toda a nosa solidariedade cos traballadores lesionados e as súas familias, e os nosos desexos que este tipo de accidentes non volvan a repetirse, instando ás autoridades competentes a facer cumprir dunha vez por todas coa lexislación en materia de seguranza laboral, despois da omisión/ocultación do gravísimo problema da precariedade en Galiza que o anterior governo da Xunta levou a cabo.

Terrorismo forestal

Na tardiña do pasado domingo 21 iniciouse un lume enriba de O Pindo. Pouco tempo despois alertouse dun foco preto do lugar de San Cibrán. A medianoite, un novo foco iniciouse nos montes de Lira. Tres días despois, O noso Concello está en boca de toda España, e novamente por outra desgraza que tingue de negro a nosa natureza, con lugares desaloxados, casas e cubertos calcinados e máis da metade da superficie forestal municipal absolutamente arrasada. De feito, de norte a sur, comezando pola mesma desembocadura do Xallas que da a benvida ao noso Concello ata o Ancoradoiro que da comezo ao colindate Concello de Muros, todo foi pasto das lapas excepto o tramo de monte entre Lira e San Mamede. Os focos sempre comezan xunto a pistas forestais, en lugares estratéxicos e de relativo difícil acceso, a entrada da noitiña -xusto cando os medios aéreos deixan de ser úteis-, cordinados e incluso valéndose dos ventos para cumprir cos seus davastadores obxectivos; o que ademais de facernos ver a inte...

E desta foi!

Tralo sonoro retroceso do PP entre o seu "feudo ausente", as negociacións entre as dúas maiores forzas de progreso de Galiza parece que comezan a fructificar, de feito case con total seguridade podemos afirmar que imos ter cambio de goberno configurado por unha coalición socialista-nacionalista, e o que é máis importante, cambio de formas e de fondo. Mentres tanto, outros seguen ao seu, como se nada pasara: (...) En lugar de prepararse para una entrega fluida del aparato de gobierno (...) el Ejecutivo de Manuel Fraga parece empeñado en apurar hasta el final los privilegios del poder. (...) no ha habido apenas un día en que el Diario Oficial de Galicia haya dejado de anunciar apresuradas convocatorias de concursos públicos, adjudicaciones de contratos o nombramientos de funcionarios para puestos de responsabilidad (...) desde cuestiones tan perentorias como "el análisis económico de los usos del agua" hasta la concesión de licencias para nuevas cadenas de radio y tel...

Organizando a carretaxe

Unha vez máis, e pese á ameaza da presencia de máis de cincocentas cámaras vixiando o entorno de colexios electorais da Galiza rural onde o PP adoita a facer gala das máis rastreiras artimañas para "roubar os votos". Na ligazón de abaixo atoparedes unha serie de comentarios publicados polos que aínda non deben comprender as reglas do xogo democrático que son unhas Eleccións. O primeiro mensaxe incluso fai as recomendacións oportunas para levar a cabo a "carretaxe" dunha forma "disimulada", sacándose da manga incluso que "vamos a intentar dejar a las personas que llevaremos a votar a más de doscientos metros del colegio electoral (en ese caso no es delito)", cousa que por certo é falsa. Hola me he enterado que el 19-J habrá doscientas cámaras gravando colegios electorales, sobre todo en el interior de las provincias de Lugo y de Ourense. A nosotros ya nos dieron órdenes de que tengamos mucho cuidado y creo que vamos a intentar dejar a las persona...