Saltar ao contido principal

Publicacións

Quin, en entrevista a Vieiros. "A primeira medida como presidente será a democratización dos medios públicos"

Publicamos integramente no blog do BNG de Carnota a entrevista feita onte 27 de abril polo medio de información dixital Vieiros ao candidato do BNG á presidencia da Xunta Anxo Quintana. É a primeira vez que se presenta como candidato á presidencia da Xunta e parte cunha boa valoración nas enquisas. Logo de pasar por unha das treboadas políticas que periodicamente azoutan o BNG, Anxo Quintana enfronta a cita electoral "co mellor ánimo", disposto a converterse no primeiro presidente nacionalista da historia de Galiza. Dous anticipos do que sería a súa acción política: o compromiso de presentar e consensuar un novo texto de Estatuto durante o primeiro ano de goberno e a urxente democratización dos medios públicos de comunicación. En que situación colleu ao BNG o adianto electoral? Co mellor ánimo. Hai tempo que tiñamos moitas ganas de ter a oportunidade de traballar para que haxa un presidente nacionalista en Galiza; sabemos que estas eleccións son unha oportunidade par...

Lobeira alerta dos peligros dun parque eólico marino

O deputado do BNG Bieito Lobeira alertou o pasado día 14 dos perigos que suporía para a pesca o parque eólico marítimo que pretenden instalar nas augas de Carnota. Nas súas palabras: «A entrada en funcionamento deste complexo suporía un gran impacto medioambiental e provocaría a merma da riqueza pesqueira e marisqueira dun caladoiro moi sensible e rico». Ao respeito, ven de presentar unha iniciativa relativa á instalación de este tipo de recintos nas costas de Carnota. Para Lobeira, a Xunta debe posicionarse a favor dos sectores pesqueiros, polo que inquireu do governo autonómico únha postura clara a respeito da destructiva iniciativa planos construcción de parques eólicos marinos, si se ha elaborado algún informe sobre la incidencia de los mismos, y si se opondrá a su instalación. O alcalde Xosé Manuel García acompañou ao deputado durante a súa visita a Carnota, durante a que aproveitaría para advertir que a pretendida ubicación do complexo en Meixide é innegociábel: «Aderímonos e inv...

A TVG entrevista a Quintana

O xornalista da TVG Tino Santiago entrevistará este xoves 28 de abril (arredor das 9.45 horas) ao candidato do BNG á presidencia da Xunta, Anxo Quintana. A entrevista xirará arredor da actualidade política, marcada polo adiantamento eleitoral e pola inminencia do cambio galego que personifica Anxo Quintana. Malia isto seguimos reivindicando da Xunta un debate sério entre os principais candidatos ás vindeiras Eleicións Autonómicas, posibilidade que segue a ser boicoteada sistemáticamente por Fraga, instalado como sempre na descalificación permanente e no desprezo ao diálogo democrático e ás posturas discordantes. Señor Fraga, por que ten medo a debatir?

Hai motivo... para botalos

Desde o BNG de Carnota queremos facer eco das palabras do alcalde de Negreira nas que explica aos galegos os "sustanciosos" motivos polos que Fraga debe seguir governando a nosa Terra 4 anos máis. Sen desperdizo. José Blanco Pazos Alcalde de Negreira e teólogo BNG de Carnota

Actualidade do BNG Nacional

Xa está á vosa disposición a alternativa que o BNG ten elaborado a respeito do Plano Estratéxico de Infraestruturas e Transportes. Ver documento (PDF) Trátase do documento que a Xunta de Galiza debería ter feito e que, por distintas razóns (desde a incompetencia até o feito de ter ao conselleiro ocupado máis na guerra sucesoria que en xestionar os asuntos do seu departamento), non foi quen de facer. É un documento ben fundamentado do ponto de vista técnico e que pensamos fornece as chaves que debería guiar a política de infraestruturas que precisa este país. Tamén debedes saber que na web nacional se vai actualizar acotío a axenda do portavoz nacional e candidato á presidencia da Xunta de Galiza, Anxo Quintana, informando puntualmente de tódolos actos nos que vai participar.

Entrevista a Anxo Quintana na SER

O traballo político do noso portavoz nacional, Anxo Quintana, a favor da transparencia democrática e do direito dos cidadáns a seren verazmente informados comeza a dar os seus froitos. Así, o mércores 27 de Abril o programa informativo "Hora 25" da Cadea Ser, dirixido por Carlos Llamas, acollerá apartir das 22.00 horas un debate coas tres forzas políticas galegas, e ao que acodirá o noso candidato á presidencia da Xunta de Galiza, Anxo Quintana. Tivo que ser unha emisora privada e de ámbito estatal quen dera aos galegos a oportunidade de debatir

Quintana, na Ser: "A candidatura mellor valorada pola cidadanía é a do BNG"

Quin mostrouse onte convencido de que "a candidatura mellor valorada pola cidadanía é a do BNG", no curso dunha breve entrevista con Iñaki Gabilondo, que podes escoitar na web da Ser . O líder do BNG afirmou que o que queren os galegos é ter un presidente "que fale de ti a ti ao presidente do Goberno español" e que "non faga como Fraga, que se agacha detrás do telón"."Fraga o que debería facer é permitir o debate e o intercambio de ideas, debería aceptar a proposta de debate que veño facendo. Non o fai, non a acepta, porque non está en condicións de gobernar", argumentou Quintana.