A comunidade escolar denunciou que unha parte do patio infantil tivo que ser precintada por falta de actuacións de mantemento, a pesar de que xa se tiñan comunicado previamente necesidades e desperfectos. Non é razoábel que as crianzas comecen o curso sen poder utilizar con normalidade espazos básicos do centro.
Desde o BNG de Carnota consideramos que os centros educativos deben ser unha prioridade absoluta para o goberno municipal. O mantemento dos colexios non pode depender da improvisación nin de intervencións de última hora cando o problema xa é evidente para toda a comunidade educativa.
A situación resulta aínda máis preocupante porque vén precedida doutras deficiencias padecidas en cursos anteriores, como problemas coa calefacción ou falta de resposta áxil diante das necesidades trasladadas polas familias.

Comentarios
Publicar un comentario