Mañán martes, con motivo da visita do Presidente da Xunta de Galicia ao acto de inauguración do Faro de Lariño como hotel, si temos oportunidade, mediante xs nosxs concelleirxs e se o protocolo o permite, trasladarémoslle a necesidade de que en Lariño se acometa unha obra básica de primeirísima necesidade como é o saneamento. Xa que é a única parroquia do Concello que non dispón dun só metro do mesmo, nin nos consta que Augas de Galicia dotase a esta obra de orzamento, polo que nos agradaría moito que aproveitase a ocasión para anunciarnosa boa nova de que axiña se licitarán ditas obras previa dotación orzamentaria.
O novo alcalde de Carnota cobrará a metade que o anterior; en conxunto, os soldos políticos descenden un 82%
Evolución dos salarios de carácter político en Carnota entre os anos 2007 e 2011 Só unha semana despois de acceder ao goberno municipal de Carnota o BNG puido cumprir cunha das propostas clave do seu programa e tamén dar cumprimento a unha das súas principais reivindicacións durante catro anos liderando a oposición carnotá: a redución drástica dos gastos de carácter político, que co PP só no 2010 ascenderon a case 190.000 euros incluíndo retribucións, dietas e seguridade social de dous concelleiros con dedicación exclusiva e unha liberada política. Xa na presentación da candidatura asi como no seu programa electoral o BNG de Carnota anunciou que, no caso de obter o suficiente respaldo veciñal o 22 de maio, outorgaría unha única dedicación exclusiva, a do alcalde, nunca superior aos 2.000 euros brutos . Dito e feito: No pleno desta fin de semana, no que se trataron as dedicacións e o reparto das áreas de traballo, a corporación municipal aprobou (coa abstención do PP)...

Comentarios
Publicar un comentario