Saltar ao contido principal

O ex-alcalde de Carnota José Oreiro, imputado por prevaricación nas súas contratacións laborais

Fonte: La Voz de Galicia
A dramática situación económica de Carnota tamén ten moito que ver co sistema de contratación que José Oreiro levou a cabo no seu mandato. O BNG xa denunciara publicamente que nos seus primeiros meses de mandato Oreiro despedira 9 traballadores que por teren subvencións o seu custe supoñía só 10 mil € ao concello, e que logo contratara para as mesmas funcións 8 traballadores por un custo de 150 mil €.

Precisamente unha desas contratacións foi a que levou a Ramón Noceda, en representación do Concello de Carnota, a denunciar o pasado mes de febreiro ao seu antecesor José Oreiro por prevaricación nunha contratación ilegal sen publicidade nin concurso publico ao que puidera acceder en igualdade de condicións calquera interesado ou interesada, ata o punto de dármoslle trato de salario político a cargo do erario municipal, é dicir, do peto de todos os veciños e veciñas.

O certo é que esta contratación producírase ás escasas semanas da posesión de José Oreiro como alcalde de Carnota, dándose a circunstancia de ser a filla dun empresario local que durante a campaña presumiu publicamente de ter doado importantes cantidades económicas á campaña do PP de Carnota. Tamén ten denunciado publicamente o BNG que no exercicio das súas funcións esta traballadora organizara e recadara cartos desde as dependencias municipais para actos do PP cos simpatizantes.

Este contrato, cuxa ilegalidade está sendo dirimida polo Xulgado de Instrución de Muros, ademais sufriu múltiples transformacións, pénsase que co obxecto de perpetualo o máximo posíbel evadindo as trabas legais. Así, foi Administrativa de apoio á alcaldía, Asesora ou Técnica urbanística. dependendo do tempo. Só durante o mandato do seu mentor esta contratación supúxolle aos carnotáns un gasto de case 90 mil euros.

O caso podería rematar coa imputación da daquela tenente de alcalde e actual deputada aforada Marisol Piñeiro, que malia declarar primeiramente en calidade de testigo, durante a instrución foi inculpada polo propio José Oreiro por ser ela quen firmou o presunto contrato ilegal.

Comentarios

  1. lavadevos os pes que os tendes manchados de cenizas,, ai vos queda,, para que o pilledes si queredes05/10/13, 19:13

    sodes peor que os que os nacionalistas catalans,, solo vos falta ter una tele local donde vos dedicaras a dicir toda a manada de mentiras entorno o axuntamento , ou partidos politicos con ideas diferentes as vosas . sodes un partido de panderetas e gaitas desafinadas,,, partido sin rumbo nin oficio nin beneficio. un alcalde e concejales incompetentes que intentan distorsionar a realidade do noso concello.. solo vos importa cobrar a fin de mes,, os veciños vos importan una merda,, asi as gastan os gobernantes de carnota,, tanto uns coma outros, son todos iguales..

    ResponderEliminar
  2. O comentario anterior fai verdadeiro o dito de "Non o hai máis ignorante que o que non quere saber". Dí que "alcalde e concejales [...] solo vos importa cobrar a fin de mes" e si leera un pouco nesta web ou en noticias de outros sitios vería que os concejales non cobran, que o unico que cobra é o alcalde (e menos da mitad do anterior). Pero nada, eh! Ti sigue emporcando aos demais sin dar a cara, valiente!

    Pero claro este mentireiro despois di que "alcalde e concejales [...] intentan distorsionar a realidade do noso concello", claaaaro! Son os demais os que minten, ti non... O teu Oreiro imputado por prevaricación, pero claro, eso ten que ser mentira... E ti a defender a camada de saqueadores que habia antes, manda carallo!

    Quedate na tua cova, peperito! Que se te ve mucho el plumerooooo!!!

    ResponderEliminar
  3. Anda, outra sentencia nula radical de vulneración de dereitos fundamentais, si os que non pensan coma vos, agora que demandaredes a Brea?
    Non van chejar os cuartos para tantos avogados e bufetes, asesores e compinches,,,e iso que estamos intervenidos, cando veña Facenda, ides vender Lariño?
    Xuntadevos no Bar e vendedes unhas rifiñas e montades feiriñas e estades comendo o polbo e as rosquiñas. E aqueles proxectos salvadores de Carnota, ulos?? ay non que non nos queren na Xunta, na Deputación...se vos puxeras a traballar cans do carallo

    ResponderEliminar
  4. Preocupache que non haxa cartos para pagar xuizos, pero non che preocupa que haxa cartos para pagar todas as desfeitas que deixou Oreiro??? Acaso é mellor (ou mais barato) seguir pagando contratos feitos mediante prevaricación???? Non se vai poder denunciar a corrupcion porque "Non van chejar os cuartos para tantos avogados e bufetes, asesores e compinches"?????
    Eu alucino co "democratas" que son alguns....

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Publicacións populares deste blog

Toma a palabra!

Esta páxina está pechada por cuestións técnicas e alleas á vontade do BNG, e consérvase para a súa consulta. O BNG de Carnota habilita este espazo para que poidas expresarnos libremente as túas queixas, dúbidas, suxerencias... Para facilitar a resolución da cuestión que nos plantexes será de moita utilidade que a redacción sexa clara e concisa. Se a túa mensaxe se dirixe a algún membro do noso grupo municipal síntete libre de plantexalo dese xeito no teu texto e faráselle chegar coa maior brevidade posíbel. Tamén dispós da opción de escribirnos un correo electrónico a carnota(arroba)bng-galiza.org. Agradeceríamos o ton constructivo das mensaxes, e que os debates, de estabelecérense, se desenvolvan co debido respecto mutuo a todas as posicións. Por outra parte lembrar que, como vén sendo habitual no espazo para comentar os artigos desta páxina, eliminaremos os comentarios inxuriosos dedicados a atacar a vida personal das persoas que participan na vida política de Carnota. Desex...

Acordo da Asemblea local do BNG de Carnota de 28/05/11

Dando cumprimento ao acordado polo conxunto da Asemblea Local do BNG de Carnota o pasado sábado 28 de maio, difundimos para o coñecemento de toda a veciñanza o documento que recolle a postura do BNG de Carnota a respecto do actual panorama político post-electoral no noso concello, despois de telo posto en coñecemento dos responsábeis do PSOE no día de onte. ACORDO DA ASEMBLEA LOCAL DO BNG DE CARNOTA Reunido o conxunto da militancia do BNG de Carnota en Asemblea Local, organismo convocado en tempo e forma e plenamente lexitimado para adoptar o seguinte acordo, pola unanimidade dos asistentes acordamos: Nas Eleccións Municipais do 22 de maio de 2011 o pobo de Carnota decantouse clara e maioritariamente por un cambio de goberno no Concello de Carnota. Os candidatos á alcaldía do BNG e do PSOE manifestaron en público e en privado o compromiso de, no caso de non se producir unha maioría absoluta, outorgar o seu voto na sesión de investidura aos candidatos da lista que, entre elas, obti...

O novo alcalde de Carnota cobrará a metade que o anterior; en conxunto, os soldos políticos descenden un 82%

Evolución dos salarios de carácter político en Carnota entre os anos 2007 e 2011 Só unha semana despois de acceder ao goberno municipal de Carnota o BNG puido cumprir cunha das propostas clave  do seu programa e tamén dar cumprimento a unha das súas principais reivindicacións durante catro anos liderando a oposición carnotá: a redución drástica dos gastos de carácter político, que co PP só no 2010 ascenderon a case 190.000 euros  incluíndo retribucións, dietas e seguridade social de dous concelleiros con dedicación exclusiva e unha liberada política. Xa na presentación da candidatura asi como no seu programa electoral o BNG de Carnota anunciou que, no caso de obter o suficiente respaldo veciñal o 22 de maio, outorgaría unha única dedicación exclusiva, a do alcalde, nunca superior aos 2.000 euros brutos . Dito e feito: No pleno desta fin de semana, no que se trataron as dedicacións e o reparto das áreas de traballo, a corporación municipal aprobou (coa abstención do PP)...