Saltar ao contido principal

O goberno de Carnota responde á crise dilapidando personal e recursos

Non podemos deixar de abraiarnos coa irracional política de personal que vén desenvolvendo o actual goberno de Carnota nun dos contextos económicos máis delicados da etapa democrática.

Os traballadores, sexan do sector público ou da empresa privada, desempregan un determinado traballo polo que reciben unha retribución. Ao noso entender, o traballo dignifica ás persoas que o exercen posto que ademais de supoñer progreso e realización individual é a base do progreso e do benestar colectivo. Xa referíndonos estrictamente aos entes públicos (e xa non digamos os concellos, institución pública máis próxima á cidadanía) deben levar unha política de contratación e de xestión do persoal axeitada para garantir a execución da función pública que lles é encomendada.

Nos 2 anos que leva o PP no timón de Carnota o único que fixo é aplicar o rodillo nas contratacións, dilapidando sen ningún criterio obxectivo os recursos humanos e os fondos públicos dos que ata agora dispoñía o concello.

Para que vos fagades unha idea do alcance do acoso e derribo do personal laboral que levaba anos facendo traballos absolutamente necesarios somentes sinalar que foron despedidos, entre outros, 8 traballadores e técnicos cualificados que ao concello apenas lle supoñían 10.000 euros, e que foron substituídos por traballadores de fóra do concello cun custo de 150.000 euros, como xa denunciamos no seu momento, entre os que se atopan un profesor de baile e un xornalista.

Ademais hai poucas semanas os máximos responsábeis políticos do Concello de Carnota despediron improcedentemente á limpadora do centro de saúde do Pindo (que xa fora despedida improcedentemente polo mesmo alcalde na anterior etapa) e á responsábel de actividades culturais e da OMIC (Oficina Municipal de Información ao Consumidor), ás que terán que indemnizar por sentencia xudicial (recurrida) con 30.000 euros, ou ben readmitilas nos seus postos. E non contentos con estas falcatruadas, agora despediron a tres traballadores da brigada de obras, cuxa improcedencia, de ser de novo recoñecida polo xulgado, suporanlle a todos os veciños segundo as nosas estimacións arredor duns 90.000 euros en novas indemnizacións.

Capítulo aparte merece o paquete de bonificacións salariais que o PP estabeleciu en canto viu a ocasión: xa faláramos no seu momento do dramático incremento en soldos políticos desta corporación a conta de reducir os investimentos, mais agora leva o pago de favores ao extremo premiando con descarados sobresoldos a fidelidade política de varios traballadores do seu entorno: o encargado do pavillón deportivo con 300 euros mensuais, un administrativo -que xa tiña que estar xubilado- con entre 400 e 500 euros, etc. Isto supón unha clara discriminación con outros empregados que historicamente si desenvolveron máis funcións que as que tiñan estrictamente definidas no seu contrato. Outra vez máis demóstrase que con este goberno non importa ser eficiente senón "amigo de...", que os compromisos que o PP adquiriu en campaña teñen que ser agora pagados por todos os veciños, e que a débeda económica non era do Concello senón do PP de Carnota.

E todo isto en tempos de crise, despois de 2 anos laricando que non teñen cartos nin para pipas... o que teñen é moi pouca vergonza. O peor non é a súa demostrada ineficiencia nin a repercusión sobre o erario público que está tendo a pésima xestión do goberno municipal nestas cuestións; o realmente grave é o seu despotismo e este mercadeo político sen precedentes en Carnota, asi coma o feito de estar tratando coma gando a veciños do noso concello con formación, experiencia e unha traxectoria profesional intachábel ao servizo dos veciños.

Mais no BNG este sentimento de vergonza allea só nos da máis enerxías para loitar na defensa do noso pobo e os nosos veciños, para conseguir coa vosa axuda desaloxar dentro de dous anos a este clan político desnortado e incompetente que o único que sabe facer é reducir a cinzas todo o que toca: os proxectos de futuro, os cartos e a dignidade dos nosos veciños.



Comentarios

  1. e todo esto non é denunciable? Non sei muito de leis pero pareceme un caso claro de discriminacion dos traballadores pola súa "afiliacion politica", se non eres do PP despidenche e se eres do PP levas un bonus pagado por todos, so fai falta conoser a trayectoria deses elementos "premiados", un deles por certo condenado por violencia de xenero contra unha traballadora do concello.

    ResponderEliminar
  2. Sres. del BNG de Carnota:

    Me causa sorpresa que un Ayuntamiento como el suyo, este aprovechando estos duros momentos para, según sus palabras, hacer pase de rodillo, cuando una administración debería dar ejemplo de transparencia y amparo de estabilidad en el empleo.
    Sin embargo, tenemos que hacer unas someras observaciones de lo leído: Primeramente veo que se han producido contrataciones en estos dos últimos años, personal incluso niveles A1, por lo que entiendo que esta administración ha debido respectar la legislación vigente al respecto, muy clarificadora y restrictiva por cierto y efectuar las citadas contrataciones por convocatoria pública, respectando en todo momento los principios constitucionales.
    En segundo lugar, ustedes hacen una relación de hasta 12 despedidos, de diferentes niveles incluidos licenciados. Se entiende que estaban trabajando por obra y servicio de duración determinada, en la época que ustedes estaban gobernando.
    Por fortuna estoy subscripto a varios RSS, y en mi labor de documentación concluyo:
    1.- En los 2 últimos años he encontrado una única convocatoria pública de empleo por contrato de duración determinada de un año.
    2.- Recientemente se han publicado dos sentencias judiciales por despido improcedente en fraude de ley y vulneración del objeto de contrato según CC
    3.- Que según presupuesto 2008 publicado en BOP, el personal laboral es de 49 personas.
    4.- Consultada la hemeroteca de los dos diarios de mayor difusión en Galicia, en la sección de comarcas, no existe ninguna noticia de carácter laboral en los 2 últimos años, ni positiva ni denuncia. En la Red no existen referencias al respecto.
    5.- Según estadística, van de puto culo. Tienen más población activa fuera que dentro.

    Por tanto amigos míos, las conclusiones son tajantes ya que ustedes han contratado en el pasado, en fraude de ley, con contratos consecutivos contrarios al Real Decreto de mejora y crecimiento del empleo del 2006 y, el equipo actual está haciendo una regulación en plena regla (25% a la calle) sin que ustedes hagan absolutamente nada para evitarlo. Con ello terminan PAGANDO LOS TRABAJADORES las rabietas de los políticos, ya que ustedes contrataron en fraude de ley y ahora lo máximo que han hecho es este artículo, en una página Web de visitas limitadas entiendo. Me encantaría ver los diarios de sesiones, para ver los “pacíficos” plenos que ustedes estarán haciendo. Tienen ustedes secretario por curiosidad?
    POR TANTO, MIREN POR LA PROSPERIDAD DE LOS TRABAJADORES DE SU AYUNTAMIENTO. REUNANSE LOS GRUPOS POLÍTICOS Y ZANJEN DE UNA VEZ POR TODAS LA INCONGRUENCIA DE QUE POR SER MALOS PADRES PAGUEN LOS HIJOS, YA QUE EN ESTE CASO TAN MALO ES LA MADRE QUE LOS PARIO, COMO EL PADRE QUE LOS REPUDIO.
    Y SI NO ES POSIBLE, para eso está Trabajo, Seguridad, Inspección, el Tribunal de Cuentas, la Consejería pertinente, Relaciones Laborales, Sindicatos y los medios de comunicación, que con un artículo poco se va arreglar, ya que el que está en casa después de la patada en el culo, poco o nada lo consola, quizá esperar a que ustedes vuelvan dentro de dos años y los vuelvan a contratar. Mientras tanto ¡A coger caracoles¡ Hagan algo positivo, gánense el respecto de sus conciudadanos con una labor en pro de los derechos laborales y desterrando prácticas insostenibles en los tiempos que corren.
    Suerte en su labor.

    ResponderEliminar
  3. Espero con maior impaciencia unha nova entreja do intrépido Nonarrasca. Ajora que nos feudos da compostela joberna o repartidor da austeridade e que na Carnotum repartese xoias, cartos e fanegas.
    Tamén entran en liza, as grandes dotes de suculentos ducados e vellóns para a filla do facedor de torres e casas solariejas “Vendochechaletsenajualusenonmedenuniesquemeesporpiaronomersedeseestoucamosadejanchete” e o bárbaro vido das terras medias “Comomenterequensodespejovosunhamoreadostias”.
    Eche a leite, pobre filla do vendedor de carruaxes, cinco anos na universitum e ven a manceba dos ollos tristes e entreperna frugal e con catro carantoñas o Dr. Maligno e o “jordocabrondosmadriles”, eche a que mais rica e profusa facenda consigue.

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Publicacións populares deste blog

Toma a palabra!

Esta páxina está pechada por cuestións técnicas e alleas á vontade do BNG, e consérvase para a súa consulta. O BNG de Carnota habilita este espazo para que poidas expresarnos libremente as túas queixas, dúbidas, suxerencias... Para facilitar a resolución da cuestión que nos plantexes será de moita utilidade que a redacción sexa clara e concisa. Se a túa mensaxe se dirixe a algún membro do noso grupo municipal síntete libre de plantexalo dese xeito no teu texto e faráselle chegar coa maior brevidade posíbel. Tamén dispós da opción de escribirnos un correo electrónico a carnota(arroba)bng-galiza.org. Agradeceríamos o ton constructivo das mensaxes, e que os debates, de estabelecérense, se desenvolvan co debido respecto mutuo a todas as posicións. Por outra parte lembrar que, como vén sendo habitual no espazo para comentar os artigos desta páxina, eliminaremos os comentarios inxuriosos dedicados a atacar a vida personal das persoas que participan na vida política de Carnota. Desex...

Acordo da Asemblea local do BNG de Carnota de 28/05/11

Dando cumprimento ao acordado polo conxunto da Asemblea Local do BNG de Carnota o pasado sábado 28 de maio, difundimos para o coñecemento de toda a veciñanza o documento que recolle a postura do BNG de Carnota a respecto do actual panorama político post-electoral no noso concello, despois de telo posto en coñecemento dos responsábeis do PSOE no día de onte. ACORDO DA ASEMBLEA LOCAL DO BNG DE CARNOTA Reunido o conxunto da militancia do BNG de Carnota en Asemblea Local, organismo convocado en tempo e forma e plenamente lexitimado para adoptar o seguinte acordo, pola unanimidade dos asistentes acordamos: Nas Eleccións Municipais do 22 de maio de 2011 o pobo de Carnota decantouse clara e maioritariamente por un cambio de goberno no Concello de Carnota. Os candidatos á alcaldía do BNG e do PSOE manifestaron en público e en privado o compromiso de, no caso de non se producir unha maioría absoluta, outorgar o seu voto na sesión de investidura aos candidatos da lista que, entre elas, obti...

O novo alcalde de Carnota cobrará a metade que o anterior; en conxunto, os soldos políticos descenden un 82%

Evolución dos salarios de carácter político en Carnota entre os anos 2007 e 2011 Só unha semana despois de acceder ao goberno municipal de Carnota o BNG puido cumprir cunha das propostas clave  do seu programa e tamén dar cumprimento a unha das súas principais reivindicacións durante catro anos liderando a oposición carnotá: a redución drástica dos gastos de carácter político, que co PP só no 2010 ascenderon a case 190.000 euros  incluíndo retribucións, dietas e seguridade social de dous concelleiros con dedicación exclusiva e unha liberada política. Xa na presentación da candidatura asi como no seu programa electoral o BNG de Carnota anunciou que, no caso de obter o suficiente respaldo veciñal o 22 de maio, outorgaría unha única dedicación exclusiva, a do alcalde, nunca superior aos 2.000 euros brutos . Dito e feito: No pleno desta fin de semana, no que se trataron as dedicacións e o reparto das áreas de traballo, a corporación municipal aprobou (coa abstención do PP)...