Saltar ao contido principal

Publicacións

20 anos do Prestige: Nin esquecemos nin perdoamos

  Hoxe cúmprense 20 anos dunha data fatídica, o Prestige chegaba a Costa galega ferido de morte no medio dun forte temporal, provocando a mais grande catástrofe ambiental que nunca se dera en Galiza, propiciada principalmente pola incompetencia dos gobernos estatais e da Xunta, que ignoraron as recomendacións dos técnicos. Diante da nefasta xestión gubernativa xurdeu a sociedade civil que foi quen de autoorganizarse e poñerse a traballar a reo para salvar unha costa totalmente petroleada. Para eles e soio para eles vai a nosa lembranza nunha data de infausto recordo para tódolos galegos e galegas e o noso rexeitamento aos responsables políticos dos gobernos do PP, que sairon indemnes, e mesmo premiados por semellante desfeita. NUNCA MAIS!!!!      

A militancia do BNG elixe a Moncho Noceda coma candidato á Alcaldía de Carnota

Moncho Noceda afronta de novo o reto, coa experiencia de saber sortear situacións difíciles como as que estamos a vivir e coa firme convicción de acadar a alcaldía nunha etapa que se albisca de cambio tanto en Carnota como en Galiza.  

Retomamos o contacto coa veciñanza

Logo dun parón obrigado por motivos sanitarios, retomamos o contacto coa veciñanza, comezando pola Montaña.

Logo de 3 anos seguimos a pagar o saneamento do Ézaro

  O Concello de Carnota solidarízase co veciño Concello de Dumbría, logo de 3 anos de goberno socialista, a veciñanza carnotá, continua a pagar o saneamento do núcleo do Ézaro, cunhas últimas facturas só en avarías no bombeo de máis de 16.000 €. O grupo municipal do BNG fai unha pregunta nese senso no último Pleno, e a resposta do Alcalde é que o Concello de Dumbría ten vontade de pagar pero non atopa a fórmula. E mentres tanto suma e sigue.    

4 anos do premio a Carnota en Berlín

Hoxe fai 4 anos que o vídeo turístico promocional de Carnota "O Legado" era galardonado nos The Golden City Awards , os premios audiovisuais de turismo máis prestixiosos a nivel mundial no marco da ITB (Feira Internacional de Berlín). Pois ben, recentemente publicouse nun portal especializado clubrural.com que Carnota resultara como pobo favorito da provincia da Coruña.  Estamos encantados de que o traballo realizado de promoción polo goberno de BNG Carnota , poidese contribuir en certa medida a este recoñecemento popular

A Moa nº 37 edición de Entroido 2022

A Moa nº 37 edición de Entroido 2022

Jorge Fiuza Barreiro elexido Responsable Local do BNG Carnota

Jorge Fiuza Barreiro elexido por unanimidade novo Responsable Local do BNG Carnota, funcións que xa viña asumindo dende a demisión do anterior responsable.   O resto dos integrantes do Consello Local son:   Belen Campos Diaz , vicerresponsable Merche Díaz Mayán , secretaria Pilar Tubío, tesoreira Moncho O Roxo , vocal Ivan Franco Percherón , vocal   Forza BNG Carnota!!!