Moncho Noceda afronta de novo o reto, coa experiencia de saber sortear situacións difíciles como as que estamos a vivir e coa firme convicción de acadar a alcaldía nunha etapa que se albisca de cambio tanto en Carnota como en Galiza.
O Concello de Carnota solidarízase co veciño Concello de Dumbría, logo de 3 anos de goberno socialista, a veciñanza carnotá, continua a pagar o saneamento do núcleo do Ézaro, cunhas últimas facturas só en avarías no bombeo de máis de 16.000 €. O grupo municipal do BNG fai unha pregunta nese senso no último Pleno, e a resposta do Alcalde é que o Concello de Dumbría ten vontade de pagar pero non atopa a fórmula. E mentres tanto suma e sigue.
Hoxe fai 4 anos que o vídeo turístico promocional de Carnota "O Legado" era galardonado nos The Golden City Awards , os premios audiovisuais de turismo máis prestixiosos a nivel mundial no marco da ITB (Feira Internacional de Berlín). Pois ben, recentemente publicouse nun portal especializado clubrural.com que Carnota resultara como pobo favorito da provincia da Coruña. Estamos encantados de que o traballo realizado de promoción polo goberno de BNG Carnota , poidese contribuir en certa medida a este recoñecemento popular
Jorge Fiuza Barreiro elexido por unanimidade novo Responsable Local do BNG Carnota, funcións que xa viña asumindo dende a demisión do anterior responsable. O resto dos integrantes do Consello Local son: Belen Campos Diaz , vicerresponsable Merche Díaz Mayán , secretaria Pilar Tubío, tesoreira Moncho O Roxo , vocal Ivan Franco Percherón , vocal Forza BNG Carnota!!!
En Carnota non esquecemos a impresionante mostra de solidariedade recibida hai 19 anos cando un vello petroleiro, chamado Prestige provocou a maior catástrofe ambiental da historia da Galiza, acentuada pola incompetencia do Goberno Central e autonómico. Grazas ós perto de 100.000 voluntarios que acudiron ó rescate do noso mar e da nosa xente NUNCA MÁIS