Saltar ao contido principal

Publicacións

4 anos do premio a Carnota en Berlín

Hoxe fai 4 anos que o vídeo turístico promocional de Carnota "O Legado" era galardonado nos The Golden City Awards , os premios audiovisuais de turismo máis prestixiosos a nivel mundial no marco da ITB (Feira Internacional de Berlín). Pois ben, recentemente publicouse nun portal especializado clubrural.com que Carnota resultara como pobo favorito da provincia da Coruña.  Estamos encantados de que o traballo realizado de promoción polo goberno de BNG Carnota , poidese contribuir en certa medida a este recoñecemento popular

A Moa nº 37 edición de Entroido 2022

A Moa nº 37 edición de Entroido 2022

Jorge Fiuza Barreiro elexido Responsable Local do BNG Carnota

Jorge Fiuza Barreiro elexido por unanimidade novo Responsable Local do BNG Carnota, funcións que xa viña asumindo dende a demisión do anterior responsable.   O resto dos integrantes do Consello Local son:   Belen Campos Diaz , vicerresponsable Merche Díaz Mayán , secretaria Pilar Tubío, tesoreira Moncho O Roxo , vocal Ivan Franco Percherón , vocal   Forza BNG Carnota!!!      

19 anos do Prestige: NUNCA MÁIS

  En Carnota non esquecemos a impresionante mostra de solidariedade recibida hai 19 anos cando un vello petroleiro, chamado Prestige provocou a maior catástrofe ambiental da historia da Galiza, acentuada pola incompetencia do Goberno Central e autonómico. Grazas ós perto de 100.000 voluntarios que acudiron ó rescate do noso mar e da nosa xente  NUNCA MÁIS      

"Vogar", documental 100% carnotán, estreouse en Outes

                                                        A curta documental "Vogar", o novo traballo audiovisual de Andrea de la Iglesia e que ten coma protagonista ao mariñeiro Primitivo Pedrosa estreouse esta pasada fin de semán na Competición oficial de Mares da Fin do Mundo na súa cuarta edición que se celebra dende o ano pasado en Outes, con moi boa acollida á vista da reacción do público asistente que abarrotaba ao salón de actos da Casa da Cultura. Temos que lamentar con amargura que unha Mostra tan interesante e única, que naceu co anterior goberno deo BNG, non tivera continuidade pola falta de compromiso do actual goberno do PSOE, e que finalmente o seu director optara por celebrala noutro concello. Moitos parabéns polo exc...

Banco do Bico do Santo

Diante da polémica suscitada en relación á instalación e posterior retirada do banco do Bico do Santo, o BNG quere aclarar o seguinte: 1.- O BNG non colocou o banco 2.- O BNG non retirou o banco 3.-O BNG non presentou ningunha denuncia nen NUNCA tivo intención de facelo 4.- O BNG simplemente se limitou a preguntar retóricamente nunha publicación por esta vía sen sinalar a ninguén.  

De todo menos crebas

Se os peixes come-crebas puido resultar nun principio unha boa idea, aparte de que resultasen estéticos nas súas localizacións ou non, o uso que se lles está dando demostra que non é así. Non pode ser que se utilicen como colectores de lixo, consideramos que en cada un dos peixes, debería estar perfectamente explicado o que é unha creba, e o que debe ou non debe meterse pola boca deses peixes. O impacto visual dos peixes ateigados de lixo non é a mellor imaxe que podemos trasladar á xente que nos visita e xs veciñxs aparte dos cheiros que desprenden. Ademais a periodicidade do baleirado e a forma no que se fai non son nin moito menos o axeitado. Os operarixs municipais para proceder ao baleirado dos peixes teñen que meterse dentro dos mesmos, có conseguinte perigo que leva aparellado pola presenza de todo tipo de materiais, como cristais, xiringas, etc. Preguntado ao Sr. Alcalde no último pleno polo asunto o argumento que nos esgrime é que os empregadxs municipais xa “utilizan guantes...